06/11/ 2007

SAPOCONCHOS: Programa de Educación ambiental en Vigo

En novembro arrincamos cun novo proxecto dentro da área de Educación Ambiental en Verdegaia-Vigo. É o proxecto “SAPOCONCHOS”. Vai dirixido a todos/as aquelas/es nenas/os, de entre 5 e 14 anos, que queiran acompañarnos. Son actividades abertas e gratuitas. O que procuramos dende “sapoconchos” é promover o coñecemento e a comprensión das cuestións ambientais, así como impulsar a toma de conciencia crítica perante os problemas do noso entorno.


O noso percorrido de novembro a xuño será:

NOVEMBRO    “Ciclobibliotecas e contacontos
Gabriela Sanpedro de Ciclobibliotecas colaborará connosco nesta actividade que  tratará  sobre o fomento da lectura e procurará o acceso aos libros aos cativos dun xeito máis ameno e atractivo. Os temas son moi variopintos, dende contos, até educación solidaria ou temas ambientais.

DECEMBRO    “Xoguetes de refugallo
Deseñaremos os nosos propios xoguetes e agasallos de Nadal a partir de cousas ás que xa non lles damos uso.

XANEIRO    “O viveiro
Plantío de sementes e arboriñas,  arrincado de herbas, regas… son tarefas cotiás que o grupo de traballo que xestiona o viveiro  anda a desenvolver durante todo o ano. Nesta ocasión queremos contar  cos/as nosos/as sapoconchos para que nos axuden a facer parte deste traballo. Faremos estas labouras  todos/as xuntas/os e veremos como medraron as sementes e arboriñas plantadas o pasado ano.

FEBREIRO    "A enerxía no noso planeta"
Nesta actividade preténdese dar a coñecer as/os cativos/as as principais fontes de enerxía actualmente existentes, explicando cales son prexudiciais para o planeta e cales "inofensivas". Tamén se lles explicará o funcionamento básico dalgunhas enerxías renovábeis, así como a importancia das nosas actividades cotiás no aforro e eficiencia do consumo enerxético.

MARZO    “Roteiro parque de Castrelos
Dentro da iniciativa de coñecer un pouco máis os nosos parques urbanos que comezamos o pasado ano, neste roteiro percorreremos o parque de Castrelos, o que nos permitirá coñecer a fauna e flora que vive nel. Aprenderemos a distinguir as distintas especies de árbores que medran aquí e visitaremos o museo Quiñones de León, situado dentro no parque.

ABRIL    "Ecoloxía urbana
Na actividade de ecoloxía urbana achegarémonos dun xeito máis consciente aos ecosistemas vitais que hai ao noso arredor: fauna coa que convivimos no fogar, nos parques, vexetais que topamos pola rúa… é dicir, formas de vida que se teñen adaptado ao noso particular ecosistema urbano.

Trátase de que os/as máis peques se percaten de que as relacións ecolóxicas teñen lugar en todo momento e en todo lugar (na cidade, no campo, nos bosques, nos mares, nas casas, nos xardíns, etc) e sexan máis conscientes do seu papel fundamental como integrantes deste tipo de ecosistema.

MAIO    “As Gándaras de Budiño e ribeiras do Louro
Esta actividade forma parte dun conxunto de actividades de educación ambiental que pretende garantir que as xeracións futuras valoren na súa xusta medida a riqueza natural deste espazo e a importancia que ten conservalo axeitadamente.

XUÑO    “Actividade-festa  fin de curso
Esta actividade aínda está sen deseñar pero podemos asegurar que será unha auténtica festa fin de curso para nenos/as e maiores.

Comments »

The URI to TrackBack this entry is: http://federacionecoloxista.blogsome.com/2007/11/06/sapoconchos-programa-de-educacion-ambiental-en-vigo/trackback/

No comments yet.

RSS feed for comments on this post.

Leave a comment

Line and paragraph breaks automatic, e-mail address never displayed, HTML allowed: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <code> <em> <i> <strike> <strong>























Get free blog up and running in minutes with Blogsome | Theme designs available here