08/11/ 2007

As cancelas do Monte

A Consellería de Medio Ambiente anunciaba o derribo do cercado en maio deste ano. Logo das xestións acordadas entre esta administración e a empresa explotadora do coto de caza, Tecsagés, quedaba conveniado o levantamento do citado cercado por considerar que se estaban causando prexuízos a unha zona de alto valor ecolóxico nomeada Lugar de Importancia Comunitaria.
Isto é unha denuncia feita por amigos da terra onte, e que non podemos facer outra cousa que unirnos a dita demanda.
Últimamente,  estase a facer con moita facilidade o de por cancelas ao monte…

…Montederramo foi un detonante pero son moitos máis. Montederramo foi un peche gandeiro, financiado pola UE que antes de rematar as obras solicitaron o coto de caza comercial, o cal a simple vista, pensamos que é unha malversación de cartos da institución Europea e avalado pola anterior Administración autonómica.

Agora, A Consellería de Medio Ambiente, pretende regular estes peches, contemplados na Lei de Caza de Galicia, pero o borrador teñen poucas garantías ambientais. Incluso admite estes peches espazos de REDE Natura. Dende cando a caza intensiva e unha actividade tradicional no territorio Galego?

Os peches non paran: Por cancelas ao monte.
Comezouse no barbanza. A Consellería da agricultura, antes, e agora a de medio rural está aplicar un plan de peches  para o control de reses salvaxes. Ven como fórmula  para calmar os ánimos entre comuneiros (donos dos terreos) e gandeiros donos deste gando (co-usuarios), pois  non é a primeira vez que chocan ambos interese, finalizando en auténticos conflitos.

Aparentemente resultaría unha boa solución, limitación dos movementos impidindo estragos en áreas de cultivo ou incluso accidentes de tráfico. Pero ambientalmente é un detrimento con consecuencias pouco estudados.

* Estanse a utilizar maias cinexéticas, en vez da utilización de aramios estase a utilizar redes metálicas que impiden o tránsito de especies salvaxes.

* Elimínase do monte un regulador natural do mato, segundo os políticos o responsable dos incendios forestais, por pisoteo e pasto, polo que aumentará os custes do seu control.  

* Non se estableceu a responsabilidade do seu mantemento. Sera Medio Rural, os comuneiros ou os gandeiros.

* Desprazamento dos conflitos cara outros sectores (como cos cazadores) ou cara o lobo (gando pechado con máis risco de danos.

A Feg no Consello Galego de Medio Ambiente e desenvolvemento Sostible, preguntouse sobre a garantías ambientais  da construción destes cercados, si se están a facer estudos de efectos ambientais, ou si se van asumir os danos do lobo; A día de hoxe non hai resposta.

Ao limitar as zonas de alimentación, téñense que crear no medio das nosas serras pastos artificiais. Estes peches se ubican nos cumios das serras, menos aptos para a produción forestal, e onde estas prados artificiais débense facer en terreos que albergan hábitats prioritarios: As turbeiras, destrúindo así hábitats que a Unión Europea esixe a Galiza a protexer e incluír na Rede Natura. Así, como é o caso da Serra do Barbanza, serra que está a formar parte desta rede europea. ¿chegarase a tempo? o dubidamos.

Convertiranse estes peches en fincas cinexéticas, como no caso de Montederramo? 

Acto celebrado en defensa deste espazo 

Comments »

The URI to TrackBack this entry is: http://federacionecoloxista.blogsome.com/2007/11/08/581/trackback/

No comments yet.

RSS feed for comments on this post.

Leave a comment

Line and paragraph breaks automatic, e-mail address never displayed, HTML allowed: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <code> <em> <i> <strike> <strong>























Get free blog up and running in minutes with Blogsome | Theme designs available here