Verdegaia chama a participar no apagón contra o cambio climático
O apagón “Fronte ao cambio climático: actúa xa” é unha iniciativa cidadá convocada por 152 organizacións e entidades de todo o Estado español, entre elas a asociación ecoloxista galega Verdegaia. Celebrarase mañán 15 de novembro, de 20:00 a 20:05 h, e o seu obxectivo é sensibilizar sobre a necesidade de adoptar medidas urxentes perante a ameaza do cambio climático. Verdegaia demanda accións á Xunta e aos Concellos para reducir as emisións de Gases de Efecto Invernadoiro (GEI) desde Galicia, que aumentaron un 30% entre 1990 e 2004, o último ano para o que a Xunta divulgou datos. Máis premendo aquí
