16/11/ 2007

Cidadáns de primeira e de segunda: cuestión de cartos

O Faro de Vigo ven de publicar unhas declaracións do Director do Cluster (termo inglés, pois é moi vulgar o termo castelán/galego de grupo, federación, coordinadora…; ¡¡pedantería!!) da Acuícultura de Galicia, nas que pide un trato de favor para súas empresas. ¿Por que? ¿Logo non son ciudadás como os outros?

Pide seguridade xurídica, e creo que en iso estamos de acordo, pero en todo Dereito tamén se deben  de haber unhas obrigas, que a día de hoxe, ninguén en Galicia se atreveu a por.

Teñen o dereito de aproveitar as augas máis limpas e de mellor calidade do noso litoral, pero non teñen a obriga a devolver esas augas no mesmo estado. Soo están obrigados a pagar un canon para ter dereito a contaminar. canón moi barato polo ¿para que perdelo o tempo en facer unha depuradora?, ¡o poder dos cartos!.

 Fala de que Galicia non e Murcia. É a primeira vez que escoito, neste caso leo, a un empresario falar de independencia, pero non é así. En Galicia se exercen lexislación autonómica Estatal e Comunitaria, e laianse de que Madrid queira aplicar a Lei de costas, masacrada na época de Aznar a base de Leis de acompañamento, que está vixente en Galicia. A ocupación do dominio público marítimo – costeiro é ilegal. ¿Por que eles poden e calquera outro ciudadán non?. Din que é cuestión de cartos (veremos que non).

Fala de pelotazo. ¿Cal é o concepto de pelotazo para el? para nos e tratar de infrirxir as normas ou evitalas, ou pasalas por alto.

Actividade tradicional? Onde? dende cando? Cal é o concepto de tradicional? (tradicional="Relativo á tradición dun pobo ou propio del", Tradición="Conxunto de usos e costumes antigos propios dun pobo, transmitidos de xeración en xeración e o feito mesmo de seren transmitidos"). A acuícultura e tradicional?

Fala de postos de traballo. Típico escudo humano, para caer ben á sociedade e por do seu lado aos sindicatos, pero non é verdade. Por un lado, nos proxectos establécense uns números de postos de traballo que nunca se cumplen. A FEG ten estimado que dos postos de traballo estimados nos proxectos, creanse soo o 33%. Exemplo podemos por a piscifactoría de Cabo Vilán (atentado ambiental a un lugar singular e de alto valor natural, paisaxístico e turistico, hoxe en día destruido), que nos proxectos indicaban 100 postos de traballo, na práctica non chegan aos trinta. Pero, cantos postos de traballo vai eliminar o Plan de acuícultura (perdón!! de parques tecnoloxía alimentaria,  pois Lei de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia, Lei 9/2002, prohíbe as piscifactorías pois tiñan mala imaxen), cantos empregos perderá a pesca TRADICIONAL, pois non cabe dúbida que a acuícultura sí que atacará a liña de flotación desta actividade (a baixada de precios e a entrada dunha boa cantidade de peixe, porá en dificultade á pesca tradicional), ou os pescadores non son empregos. Algúns quedarán, coma pesca de calidade ou pesca lixo para as fariñas dos pensos para os peixes producidos entre formigón (aínda que isto pode vir dos descartes da pesca industrial).

Ao grupo (Cluster) da acuícultura teme o retranqueo da costa pois aumentaría os custes de producción e non sería rendible. Moi rendible non debe ser cando teñen que establecerse a base de subvencións de todos os lados, para así, ter solo beneficios. Si fose tan rendible, en vez de traballar con axudas e subvencións, traballarían con préstamos coma o resto da sociedade.

Xa, e por último, a negociación  para establecer  un plan sostible da acuicultura, non pode ser que se negocie de forma bilateral entre Acuicultura e Administración, senón que ten que ser un acordo entre todos os sectores implicados, pois doutra forma será unha imposición.

O Faro publicou:

´Que Madrid se entere de que Galicia e diferente´

"A industria alimentaria galega non pode estar sempre pendinte de trámites administrativos senón que necesita seguridade xurídica para seguir desenvolvendo a súa actividade, crecendo e investindo; non podemos seguir así". É a opinión de Santiago Cabaleiro, director do Clúster de Acuicultura de Galicia.

"Dunha vez por todas Madrid tense que decatar de que España é diversa, de que Galicia non é Murcia e de que a nosa costa non é o Mediterráneo; isto non é a cultura do *pelotazo senón a dunha industria tradicional, que leva máis de trinta anos asentada, que xera moitos postos de traballo e que está perfectamente integrada na nosa paisaxe e na nosa cultura", sinala Cabaleiro.

O director do clúster acuícola mantén a confianza nas negociacións que a *Xunta realiza ante Medio Ambiente aínda que sinala que "aínda que todos os afectados temos que falar e ver que podemos facer porque isto é un golpe moi serio na liña de *flotación dun sector vital na economía galega e dun forma ou outra teremos que fai chegar a Madrid estas razóns".

Para Cabaleiro, "Galicia ten que ter un tratamento diferente na aplicación da lei e Madrid debe saber que non pode acabar con toda esta industria; é moi serio".

Comments »

The URI to TrackBack this entry is: http://federacionecoloxista.blogsome.com/2007/11/16/cidadans-de-primeira-e-de-segunda-cuestion-de-cartos/trackback/

No comments yet.

RSS feed for comments on this post.

Leave a comment

Line and paragraph breaks automatic, e-mail address never displayed, HTML allowed: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <code> <em> <i> <strike> <strong>























Get free blog up and running in minutes with Blogsome | Theme designs available here