19/11/ 2007

A industria galega ecolóxica?

Filed under: Prensa

Europa press, acaba de colgar da súa web, despois noutros medios dixitais, na que segundo datos do INE, en Galiza é a cuarta autonomía Española onde a industria máis invirten en Medio Ambiente. Por desgracia a nova quédase en iso, polo que queda totalmente a medias.

En que esta a invertir?, Están en arranxar algo dos problemas que máis provocan?, ou son dos típicos investimentos de imaxe para quedar ben. Polo que eu saiba as industrias contaminantes dos nosos ríos non están a montar ningunha depuradora (polo xeral a estamos a pagar todos ou van ao río), poucas están a montar filtros para ser menos contaminantes atmosféricos, ou inversións para protexer especies ameazadas (máis ben non é o primeiro niño tirado dun poste da luz.

Seguiremos informando.

A nova di:

Galicia foi a cuarta comunidade na que a industria máis investiu en protección de medio ambiente no ano 2005

Os gastos en protección ambiental da industria española subiron un 6,2% en 2005 e o sector eléctrico foi o maior investidor

Galicia foi en 2005 a cuarta comunidade autónoma española na que as industrias destinaron un maior investimento á protección do medio ambiente, cun total de 97,2 millóns de euros, un 9,4 por cento do total estatal, onde os gastos en protección ambiental foron de 2.360 millóns de euros.

Por diante de Galicia situáronse Cataluña, a que maior investimento rexistrou cun total de 218,7 millóns de euros (21,2% do total); Andalucía, con 120,7 millóns (11,7%); e a Comunidade Valenciana, con 97,4 millóns (9,4%). A industria española atópase cada vez máis concienciada coa protección do medio ambiente. De feito no ano 2005 os gastos destinados a este concepto eleváronse un 6,2% respecto ao ano anterior ata alcanzar os 2.360 millóns de euros. O sector eléctrico foi o maior preocupado na redución de contaminación.

Os gastos correntes destinados á protección do medio ambiente ascenderon a 1.327 millóns de euros (un 4% máis que en 2004), mentres que os investimentos en equipos integrados e en equipos independentes alcanzaron os 1.033,5 millóns de euros (con un incremento do 9,1% sobre o ano anterior).

Os investimentos máis importantes realizadas polas industrias nacionais destináronse principalmente a reducir as emisións atmosféricas (cun aumento do 23,1%) e á xestión das augas residuais (cun incremento do 12,9%).

As ELECTRICAS INVISTEN.
O sector eléctrico foi o maior investidor en protección do medio ambiente no ano 2005, con 151,3 millóns de euros (un 65,1% máis que en 2004). Destaca tamén o papel das industrias doutros minerais non metálicos (cun investimento de 142,1 millóns de euros e un incremento do 1,4%), a industria química (con 132,5 millóns de euros e unha diminución do 7,1%), a industria da alimentación, bebidas e tabaco (con 126,3 millóns de euros e un aumento do 2,9%) e a metalurxia e fabricación doutros produtos metálicos (con 119,5 millóns de euros, un 4,4% máis que no ano anterior).

Respecto dos gastos correntes en protección ambiental, destacaron os realizados pola industria química (por importe de 262,7 millóns de euros, o que supón un aumento do 4,9%), a industria da alimentación, bebidas e tabaco (257,5 millóns e un incremento do 4,4%) e a metalurxia e fabricación doutros produtos metálicos (213,6 millóns de euros, cun crecemento do 3,2% respecto ao ano 2004).

No que se refire aos gastos correntes, Cataluña foi tamén a que efectuou o maior gasto, con 382,7 millóns de euros, o 28,8% do total nacional. Seguíronlle as comunidades de Andalucía (con 152,2 millóns de euros, o 11,5% do total), a Comunidade Valenciana (con 126,6 millóns de euros, o 9,5%) e o País Vasco (con 125,3 millóns de euros, o 9,4%).

Comments »

The URI to TrackBack this entry is: http://federacionecoloxista.blogsome.com/2007/11/19/a-industria-galega-ecoloxica/trackback/

No comments yet.

RSS feed for comments on this post.

Leave a comment

Line and paragraph breaks automatic, e-mail address never displayed, HTML allowed: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <code> <em> <i> <strike> <strong>























Get free blog up and running in minutes with Blogsome | Theme designs available here