14/12/ 2007

ADEGA denuncia unha illa fluvial amurallada en Fornelos de Montes

Filed under: Augas e Ríos


As obras denominadas restuaración ecolóxica son un atentado medioambiental

ADEGA condena as obras no río Oitavén, en Fornelos de Montes, por consideralas un grave atentado contra o ecosistema fluvial e ripícola. Amurallouse unha illa no río á ribeira dereita, enchendoa con maretiais dragados do leito do río para nivelar o terreo co murallón, talándose grande parte da vexetación autóctona de ribeira, tanto arbórea como arbustiva.

13/12/ 2007

Verdegaia considera acertadas as demolicións de varias instalacións que se están levando a cabo no areal de Doniños.

Filed under: Litoral

Demanda que tamén se derruben as edificacións ilegais existentes nas parroquias ferrolás de San Xurxo e de Covas.


Pide que os entullos procedentes das demolicións de Doniños se xestionen debidamente.

Inauguración do novo local social de Amarante e Verdegaia en Ourense.

Filed under: Convocatoria

Sábado 15 as 13h na Avenida da Habana nº 64 de Ourense

Camelle NON se vende, e Merexo mobilízase contra o Plano Acuícola

A veciñanza de Camelle e Arou non está disposta a quedar arrodeada por 318.000 m2 de piscinas de cemento e lonas negras. ADEGA expuxo os seus argumentos contra o Plano Acuícola no decurso dun multitudinario acto este día 12 en Camelle, e a conclusión foi unánime: CAMELLE NON SE VENDE! Tamén, este domingo 16-D a xente de Merexo (Muxía) convócanos a participar nunha CADEA HUMANA para escenificar o rexeitamento á ampliación da piscifatoría de Stolt até os 270.000 m2. Mobilízate en defensa do noso litoral!

12/12/ 2007

ADEGA solicita que a Declaración de Impacto Ambiental sexa negativa

Graves impactos na flora endémica e especies protexidas dos parques eólicos Muxía I e I

IADEGA ven de coñecer a resposta da empresa promotora ás alegacións contra os proxectos de parques eólicos Muxía I e Muxía II, que pretenden instalar 76 aeroxeneradores nas inmediacións do Cabo Touriñán. Os dous proxectos van supoñer unha brutal agresión un entorno litoral de especias valores naturais, que merecen ser protexidos e conservados.

Aforro no alumeado público: no Nadal e todo o ano!

Filed under: Enerxía

Continuando coa campaña "POR UN NADAL MAIS ECOLÓXICO" ADEGA chama a atención sobre o desbaldimento de enerxía que supoñen moitos alumeados festivos, particularmente nestas datas. Recomendamos aos concellos non só coidar o tipo de luminarias (de baixo consumo ou tipo LED), senón tamén establecer datas e horarios máis restritivos. Neste senso van as iniciativas de concellos como o de Vigo, que deberían tamén extenderse ao resto do ano: un alumeado público ineficiente é unha das principais causas do afogo económico dos concellos, contribúe ao cambio climático e causa contaminación lumínica.
Mapa de contaminación lumínica da península.( 1997 www.pamplonetario.org)

11/12/ 2007

Loita contra o plano acuícola: actividades


TOD@S A MEREXO: MANIFESTACIÓN E CADEA HUMANA O DOMINGO 16, ÁS 12 HORAS

A Plataforma Veciñal de Merexo e ADEGA convoca para o domingo 16 de decembro, ás 12 horas en Merexo (Muxía) un multitudinario acto reivindicativo coa celebración dunha Cadea Humana. Pretendemos delimitar visualmente o perímetro da superficie que a Consellería de Pesca pretende expropiar (270.000 metros cadrados) para incluir no Plano Acuícola. Tamén se lerá por parte de destacadas figuras un manifesto contra o Plano Acuicola Galego.
http://www.merexononsevende.com/


CHARLA INFORMATIVA EN CAMELLE, O DÍA 12 ÁS 19:30

Este mércores 12 de decembro terá lugar na Casa da Cultura de Camelle ás 19:30 unha charla informativa para expor a problemática das piscifatorías. En Camelle, no Concello de Camariñas, está prevista a construcción da piscifatoría de Xandriña que non contempla depuración das augas residuais do proceso productivo ademais dun enorme impacto ambiental e social.

10/12/ 2007

Verdegaia apoia a reducción do gasto enerxético no alumado navideño de Vigo

Verdegaia comparte a medida do Concello de Vigo de reducir o gasto enerxético no alumado de nadal que se vai acender este ano na cidade de Vigo

A asociación ecoloxista Verdegaia apoia a filosofía de reducción do gasto enerxético no alumado navideño do Concello de Vigo que pasará dun consumo de 160.474 Quilovatios a 63.781 Quilovatios e que diminuirá o gasto económico dos 20.000 ós 7.949 euros. Deste xeito, o consumo enerxético reducirase nun 60.3% e o gasto económico en perto de 12.000 euros, todo grazas ao retraso no acendido previsto para o día 12 e no apagado previsto para o día 6 de xaneiro, e na restricción do acendido diario que rematará ás 23:00 h. en días entre semán e ás 24:00 h. na fin de semán, ó contrario que o ano pasado no que o alumado permanecía acendido ate as 3:00 h.

Caza! Fora da Lei?

Filed under: Caza e Pesca

Esta nova, non é un caso puntual que acontece polas terras de Ourense, ou a unhas persoas (Mata por matar non) por estar en contra desta actividade a caza. Lendo esta nova na súa bitácora, lembro o que lle aconteceu ao meu pai non hai moito en Compostela, perto do que era de aquela os desmontes da cidade da cultura ao pasar por baixo dunha das pontes da autoestrada.

Un domingo, coma case todos os domingos, foi pasear polo monte Viso. Ao cruzar a mencionada ponte, veuse no medio dun tiroteo duns cazadores, que posiblemente, ante o fracaso do día de caza, a tomaron cun miñato (especie non cazable). Estes grandes deportistas que xogaban fora do campo da súa actividade 8lembramos que a carón dun estrada está prohibido a caza, ata 100m.), marcharon sen pedir perdón.

Isto foi o acontecido  o que lles aconteceu aos de Matar por matar non.

(more…)

Cantos contaminantes inxerimos cos peixes? Calcúlao!

Filed under: Litoral, Caza e Pesca

A Universidade Rovira i Virgili ven de presentar un programa informático, o RIBEPEIX (zip 1.74 MB), que permite calcular a inxesta de contaminantes segundo o tipo e cantidade de peixe que inxerimos. Tamén permite avaliar os beneficios derivados da inxesta de ácidos grasos Omega-3, através destes alimentos. O programa está deseñado como un instrumento para optimizar de forma individual o consumo de peixe e marisco: selección das especies con maior contido en omega-3 e menores níveis de contaminantes, óptima frecuencia de consumo e cantidade idónea consumida.  

09/12/ 2007

Apoia as mobilizacións do 15 de decembro convocadas por “Matar por Matar Non”

ADEGA apoiará e participará nas mobilizacións contra “Liga Popular da Caza do Raposo” de Escairón (O Saviñao-Lugo) este vindeiro sábado 15 de decembro. A cita é ás 10h fronte á casa do Concello de O Saviñao en Escairón, para logo partir ao monte e voltar ás 13h cunha concentración diante do concello.

A Plataforma Matar por matar non, ven de denunciar a ilegalidade destas “matanzas” está fundada, principalmente, no exceso de individuos que, segundo os tecores, existen desta especie. Tamén se fundamenta en que, o número de raposos a ser abatidos neses “campionatos”, está sempre dentro dos cupos, autorizados por Medio Ambiente, que teñen outorgados os tecores para ese ano.

05/12/ 2007

ADEGA esixe a Medio Ambiente que non autorice batidas de lobos

O mesmo día en que ADEGA presenta o folleto informativo da CAMPAÑA EN DEFENSA DO LOBO GALEGO, a consellería de Medio Ambiente pretende autorizar batidas no concello lugués de Muras. O Plano de Xestión do Lobo aínda sen aprobar, pretende manter a este cánido como especie cinexética, pregándose ao "lobby" da escopeta. ADEGA e destacados membros da comunidade científica reclaman que o lobo sexa especie protexida, ao igual que en Asturias, Portugal e sur do Douro. En todo caso, calquera actuación debería agardar á aprobación do Plano de Xestión da especie.

 

Ecoloxistas e colectivos sociais promoverán unha ILP en defensa do litoral

Filed under: Augas e Ríos

Logo da contundente mostra de dignidade popular en Corrubedo o pasado 4-N, coa Marcha Nacional pola Defensa do Litoral, as organizacións e colectivos contrarios ao Plano Acuícola manifestamos a nosa firme vontade de seguir defendendo a dignidade da nosa terra fronte ás ameazas da especulación e os proxectos insustentábeis. Para conquerir estes obxectivos, alén de seguir exercendo novas accións lexítimas e non violentas de presión anunciamos que imos presentar unha Iniciativa Lexislativa Popular en Defensa do Litoral –ILP– no Parlamento de Galiza. Mais

04/12/ 2007

Nova delegación comarcal de ADEGA en Valdeorras

Filed under: Augas e Ríos

Comeza a funcionar un grupo organizado na comarca para atender aos principais problemas ambientais

A Asociación pola Defensa Ecolóxica de Galiza (ADEGA) comezará a funcionar cunha delegación propia na comarca de Valdeorras e Viana coa idea de atender aos principais problemas ambientais da zona, que son moitos, e realizar actividades de educación ambiental e divulgación. Con esta son xa 13 as delegacións comarcais de ADEGA no territorio de Galiza. Para esta fin ADEGA contará con duas correspondentes que serán as responsábeis de levar adiante as actividades e representar á ADEGA na comarca. As correspondentes de ADEGA en Valdeorras son: María Folla Sotelo da Rúa e máis Dores Caperán García, do Barco.
 

Galicia, santuario ibérico de toniñas


 Achegamos unha reportaxe publicada en varios medios de prensa escrita (El correo gallego), onde os compañeiros da CEMMA contan detalles dunha das nosas xoias  do litoral; A Toniña. Esto nos pode levar a un problema aínda non resolto en Galiza ¿Quen ten competencia en conseración da Natureza nas nosas costas? ¿Quen vai conservar ou realizar plans de xestión para protexer estas especies ameazadas?.

De todos é sabido que o litoral, a parte da terra que linda co mar, son dúas Administracións e tres Departamentos; Costas, Consellería de Medio Ambiente e Consellería de Pesca, pero no mar redúcese a Costas, Pesca (Ministerio) e Pesca (Consellería). Pero ¿Algunha destas se responsabiliza da conservación dos seus ecosistemas e especies? Ningunha.


O xornal escribeu:
(more…)

03/12/ 2007

ADEGA denuncia graves impactos ambientais no LIC de Corrubedo

Labores de “rexeneración” pouco respectuosos comprometen a viabilidade de hábitats prioritarios

Despois dos incendios do ano 2006, o Ministerio de Medio Ambiente e a Consellería de Medio Ambiente da Xunta de Galicia, acoutaron nos espazos da Rede Natura 2000 as áreas queimadas, para posteriormente desenvolver un conxunto de medidas de “rexeneración”, grazas a un cuantioso orzamento conformado por fondos propios e europeos. A execución das labores de rexeneración foi efectuada pola empresa "TRAGSA", entidade que acumula un amplo historial de accións pouco afortunadas e desfeitas ambientais.
 
 

Avante coa ZEPA da Limia!

 Grupos ecoloxistas, sindicatos agrarios e administración chegan a un principio de acordo para desenvolver a ZEPA (Zona de Especial Protección de Aves) da Limia. Para ADEGA a ZEPA da Limia era irrenunciábel, polo que só cumpría desvencellar a cuestión da loita política e desactivar as reticencias dalgúns sectores que vían esta figura de protección intrinsecamente negativa para os seus intereses. ADEGA sempre mantivo que non só é posíbel senon que tamén é necesario conxugar a protección das aves co aproveitamento sustentábel dos recursos da chaira limiá.






















Get free blog up and running in minutes with Blogsome | Theme designs available here