Loita contra o plano acuícola: actividades
A Plataforma Veciñal de Merexo e ADEGA convoca para o domingo 16 de decembro, ás 12 horas en Merexo (Muxía) un multitudinario acto reivindicativo coa celebración dunha Cadea Humana. Pretendemos delimitar visualmente o perímetro da superficie que a Consellería de Pesca pretende expropiar (270.000 metros cadrados) para incluir no Plano Acuícola. Tamén se lerá por parte de destacadas figuras un manifesto contra o Plano Acuicola Galego.
TOD@S A MEREXO: MANIFESTACIÓN E CADEA HUMANA O DOMINGO 16, ÁS 12 HORAS
http://www.merexononsevende.com/
CHARLA INFORMATIVA EN CAMELLE, O DÍA 12 ÁS 19:30
Este mércores 12 de decembro terá lugar na Casa da Cultura de Camelle ás 19:30 unha charla informativa para expor a problemática das piscifatorías. En Camelle, no Concello de Camariñas, está prevista a construcción da piscifatoría de Xandriña que non contempla depuración das augas residuais do proceso productivo ademais dun enorme impacto ambiental e social.
