31/01/ 2008

ADEGA denuncia ante o SEPRONA a queima de residuos urbanos na cementeira de Oural

Filed under: Residuos

O TSXG xa anulara a licenza para queimar pneumáticos na cementeira

ADEGA ven de comprobar como nas instalacións da cementeira que a empresa "COSMOS S.A." ten na localidade luguesa de Oural, atópase depositado en espera de ser incinerado un material de natureza descoñecida. O aspeito externo e a textura é moi similar á que presentaría un compost de ínfima calidade, fabricado a partir de RSUs ou misturado con lamas de depuradora, cunha grande porcentaxe de impropios (fragmentos de diversos tipos de plásticos) que mesmo son observábeis a simples vista.

                                                                          

30/01/ 2008

A cara oculta das piscifatorías (IV): peixes ‘’ecolóxicos'’ con antibióticos de porcos

Filed under: Augas e Ríos

 Nunha recente visita á piscifatoría de troitas do grupo Isidro de la Cal en Carballo, a Conselleira de Pesca puña esta instalación como un "exemplo" polas súas condicións de "cultivo ecolóxico".

Membros das plataformas que acudiron a expresar o seu rexeitamento contra o Plano Acuícola puideron constatar a presenza nos terreos da piscifatoría de numerosos restos de envases de PARACILLIN, un antibiótico cuxo principio activo (trihidrato de amoxiciclina) se usa tamén en humanos, alén de polos e porcos. Vaites coas troitas ecolóxicas!
 
 

Galicia axuda a recuperar a tartaruga boba para evitar a praga de medusas

Filed under: Flora e Fauna, Litoral

O Ceida ven de anunciar que colaborará na recuperación da tartaruga boba para evitar as pragas de medusas.

A tartaruga boba é unha especie que está no catalogado coma especie vulnerable, no catálogo galego de especies ameazadas. Pero que se saiba, non foi unhaa especie residente. As poucas que se ven por Galiza son xuvenís ou subadultos.

A cuestión é: por que as Administracións que rixen o CEIDA (Concello de Oleiros, Universidade de a Coruña e a Consellería de Medio Ambiente), poñen a funcionar unha actuación coma esta, cando non están a facer nada polas que habitan habitualmente as nosas cstas ou os nosos montes. Coma é posible protexer especies noutros paises cando non somos capaces as que temos no noso territorio.

Por outro lado é curioso que fagan relación da presencia de medusas e augamares en Galiza coa sobre poboación que esá habendo no mediterraneo nos últimos anos. En Galiza sen houbo anos con presenza maior da normal destas traslucidas especies, pero é esporádico.

Pero o que máis utópico e que se chegue a pensar en poder criar tartarugas en Galiza (por si mesmas se entende). Non sei que pensarán os da CEMMA, que levan 15 anos recperando e estudando os mamíferos mariños e tartarugas que pasan polas nosas costas, e non se mencionan en ningún momento na nova

A Nova di (A Voz o 29/1/2008)
(more…)

28/01/ 2008

A voltas co lobo: coidado que ven Benito García!

Filed under: Flora e Fauna

Nun artigo publicado o sábado 12 de xaneiro de 2008 na sección “Galicia Ambiental” de “El Correo Gallego” o Sr. Benito García opina con lixeireza sobre o Plano de Xestión do Lobo, relacionando a falta de Plan co veleño no monte, e vertendo, iso sí, veleño contra os ecoloxistas, verdadeiro obxectivo do artigo. O autor responsabilízanos de non querer solucionar a "problemática" que orixina a pervivencia do lobo e cúlpanos de que o Plano de Xestión non estea aínda en vigor.
Texto de ADEGA en resposta a un artigo do Sr. Benito García publicado en “El Correo Gallego” o sábado 12 de xaneiro dentro da sección “Galicia ambiental” e titulado “¡Cuidado que viene el Lobo!”

 

 

17/01/ 2008

O forte temporal no mar arrastra ´chapapote´ ao litoral arousán

Filed under: Litoral, Contaminación

Este é o titular que sacou hoxe pola maña o Faro de Vigo. Pero a alrma saltou onte cando os ornitólogos, auténticos vixias das costas, mandan ao seu foro o aviso: máis de trinta aves de varias especies totalmente manchadas de fuel na enseada de Dena (Sanxenxo se non lembro mal), e menor nº no morrazo, e algunha na ría de Muros – Noia.

A cuestión é:
O lugar mais afectado, en chegada de chapapote foi a illa de Arousa e en menor medida zonas de mar aberto (A Lanzada ou Corrubedo non hai novas). Estamos diante dun fuel intelixente, que sabe dirixirse e entrar sen problema na ría de Arousa, esquivando o litoral do O Grove, a illa de Sálvora e os illotes asociados, foi casualidade, ou o vertido foi dentro da ría.

Por outro lado, fai dous meses, celebramos con todos os honores, o cabo de ano do Prestige, mellorouse algo desde entón?. ¿onde van os barcos polivalentes(menos un que si se sabe onde está), os radares para controlar os vertidos.

Supoño que será outro bo motivo para pedir competencias en salvamento e seguridade mariña. Pero, si foi dentro da ría, coma así penso, xa temos as competencias, e seguimos sin saber que facer.

O faro publicou:
(more…)

16/01/ 2008

Próximo roteiro de ADEGA: bicicletada por Lugo

Filed under: Convocatoria, Transporte

 Este mes, dentro do noso programa de roteiros 2007-2008, adicados ó cambio climático, ADEGA proponvos unha bicicletada pola cidade de Lugo.
 
 

15/01/ 2008

A irregular Certificación Forestal baixo estándares FSC de NORFOR, un fraude que crece

Filed under: Montes e incendios

A Asociación pola defensa da Ría ven de remitir á dirección executiva do sistema de certificación forestal do FSC (Forest Stewardship Council) o seu rexeitamento ao resumo público do informe da auditoría realizada pola súa propia entidade de certificación, ASI (Acreditation Service International) para comprobar as malas prácticas, opostas aos estándares do sistema, que realiza a empresa forestal filial de ENCE, NORFOR, que se atopa en posesión do certificado de xestión forestal sostible do FSC. Estas malas prácticas veñen sendo denunciadas por organizacións ecoloxistas dende que se concedeu o selo e supoñen unha xestión forestal claramente insostible a nivel ambiental, económico e social.

 

Outra desfeita ambiental na Rede Natura: de novo a Frouxeira (Valdoviño)

 

 Nas inmediacións do faro d´A Frouxeira, concello de Valdoviño, pódense ollar unhas gabias abertas en plena zona dunar – hábitat prioritario código Rede Natura 2130* (dunas grises) -, conformando un rectángulo de aprox. 1 Ha. Nas esquinas cimentáronse uns marcos cilíndricos de 1 m de altura. Estas actuacións provocaron unha importante alteración na morfoloxía do hábitat e na vexetación dunar, ambos protexidos. Alén disto, as obras leváronse a cabo nun Lugar de Importancia Comunitaria (LIC ES1110002 Costa Ártabra) da Rede Natura 2000. Á desfeita provocada pola urbanización da Frouxeira, xa denunciada por ADEGA, únese agora este novo atentado contra unha Rede Natura de "pim-pam-pum".

 
 

Novo intento de Iberdrola por furar o canón do Sil

 Logo dun primeiro intento o ano pasado denunciado por ADEGA e rexeitado polo Ministerio de Medio Ambiente, Iberdrola "contraataca" con un proxecto similar (Santo Estevo II) para construir unha central hidráulica soterrada no Sil. Iberdrola teima en furar o macizo granítico da marxe esquerda do río, facer unha caverna e quilómetros de túneis para turbinar a auga nunha central baixo o macizo. Contra o que poidera parecer, unha central soterrada non evitará o enorme impacto que provocarán 5 anos de obras na morfoloxía e a diversidade natural do canón do Sil. Hai quen segue crendo ter "dereito de pernada" sobre o noso patrimonio natural.
 
 

Ecoloxistas en Acción e Verdegaia avalían a capacidade destrutiva dos 4x4

 Diante da crecente presenza destes vehículos nas cidades, Ecoloxistas en Acción elaborou un exhaustivo estudo baixo o epígrafe “4×4 = – Planeta”, traducido e presentado en Galicia por Verdegaia, que vén a demostrar a alta capacidade de destrución ambiental que posúen estes vehículos. Do informe despréndese que se ben os impactos que ocasionan estes vehículos son comúns a todos os automóbiles, o grao de incidencia dos mesmos é moito máis acusado nos 4×4.


 
 






















Get free blog up and running in minutes with Blogsome | Theme designs available here