Outra desfeita ambiental na Rede Natura: de novo a Frouxeira (Valdoviño)
|
Nas inmediacións do faro d´A Frouxeira, concello de Valdoviño, pódense ollar unhas gabias abertas en plena zona dunar – hábitat prioritario código Rede Natura 2130* (dunas grises) -, conformando un rectángulo de aprox. 1 Ha. Nas esquinas cimentáronse uns marcos cilíndricos de 1 m de altura. Estas actuacións provocaron unha importante alteración na morfoloxía do hábitat e na vexetación dunar, ambos protexidos. Alén disto, as obras leváronse a cabo nun Lugar de Importancia Comunitaria (LIC ES1110002 Costa Ártabra) da Rede Natura 2000. Á desfeita provocada pola urbanización da Frouxeira, xa denunciada por ADEGA, únese agora este novo atentado contra unha Rede Natura de "pim-pam-pum". |
![]() |

