30/01/ 2008

Galicia axuda a recuperar a tartaruga boba para evitar a praga de medusas

Filed under: Flora e Fauna, Litoral

O Ceida ven de anunciar que colaborará na recuperación da tartaruga boba para evitar as pragas de medusas.

A tartaruga boba é unha especie que está no catalogado coma especie vulnerable, no catálogo galego de especies ameazadas. Pero que se saiba, non foi unhaa especie residente. As poucas que se ven por Galiza son xuvenís ou subadultos.

A cuestión é: por que as Administracións que rixen o CEIDA (Concello de Oleiros, Universidade de a Coruña e a Consellería de Medio Ambiente), poñen a funcionar unha actuación coma esta, cando non están a facer nada polas que habitan habitualmente as nosas cstas ou os nosos montes. Coma é posible protexer especies noutros paises cando non somos capaces as que temos no noso territorio.

Por outro lado é curioso que fagan relación da presencia de medusas e augamares en Galiza coa sobre poboación que esá habendo no mediterraneo nos últimos anos. En Galiza sen houbo anos con presenza maior da normal destas traslucidas especies, pero é esporádico.

Pero o que máis utópico e que se chegue a pensar en poder criar tartarugas en Galiza (por si mesmas se entende). Non sei que pensarán os da CEMMA, que levan 15 anos recperando e estudando os mamíferos mariños e tartarugas que pasan polas nosas costas, e non se mencionan en ningún momento na nova

A Nova di (A Voz o 29/1/2008)

O réptil é o principal depredador do exemplar que alagou no verán o Mediterráneo e chegou ata a costa galega

O Ceida coopera co Goberno de Cabo Verde na conservación das praias onde se cría esta especie

Galicia quere recuperar a tartaruga boba (Caretta caretta) para evitar que as medusas invadan as súas costas. Para iso coopera co Goberno de Cabo Verde a través dun proxecto levado a cabo polo Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia (Ceida), en colaboración coa Fundación Territorio e Paisaxe, a Universidade das Palmas e o Aula do Mar de Málaga. O obxectivo do seu traballo, segundo explicou o director do Ceida, Carlos Vales, é conservar as praias virxes dese país africano e concienciar á poboación da importancia que ten o animal.

A presenza desta tartaruga migratoria é fundamental para manter o equilibrio do ecosistema mariño en espazos como o Mediterráneo ou o Atlántico. A redución de poboación rexistrada nos últimos anos nesas augas é unha das razóns que explican a praga de medusas que afectou ás costas de Levante durante o verán pasado e que ata chegou a algúns areais do sur de Galicia.

Aínda que o proxecto de cooperación está aínda na súa primeira fase, a intención dos investigadores é reintroducir esa especie no Mediterráneo e en todos os arquipélagos do Atlántico, para chegar ata ao corredor galego.

Comments »

The URI to TrackBack this entry is: http://federacionecoloxista.blogsome.com/2008/01/30/galicia-axuda-a-recuperar-a-tartaruga-boba-para-evitar-a-praga-de-medusas/trackback/

No comments yet.

RSS feed for comments on this post.

Leave a comment

Line and paragraph breaks automatic, e-mail address never displayed, HTML allowed: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <code> <em> <i> <strike> <strong>























Get free blog up and running in minutes with Blogsome | Theme designs available here