A Asemblea do Suído denuncia varias agrasións ao Patrimonio nunha obra do Concello de Covelo
| |
|
ADEGA denuncia novas agresións ao LIC Brañas do Xestoso que, xunto coas recentes obras dun parque eólico, significan a prática desaparición dos valores naturais deste espazo. Desecación da Lagoa Sacra de Olives, recheos das brañas, lumes provocados… É así como se xestiona un espazo que até o de agora acollía hábitats prioritarios para a UE, raras aves coma a avetarda (a meirande de Galiza) ou o sisón, en perigo de extinción?. A protección do noso patrimonio natural é cada vez máis virtual mentres se consuman todo tipo de agresións. De seguirmos así, só poderemos contemplar cómo era nosa natureza na web da consellería de Medio Ambiente.
|
![]() |
![]() |
Roteirríos é un programa de itinerarios organizado polo Proxecto Ríos que pretende unir ríos e persoas. Continuamos coa andaina iniciada o ano pasado tentando achegar os cursos fluviais á cidadanía nun ambiente lúdico, así como dar a coñecer o patrimonio natural, cultural e social asociado. Ríos + Rede Natura: na edición de 2008 ímonos achegar a ríos que estean incluidos na Rede Natura, para coñecer os seus valores e as súas ameazas: LIC río Tambre (8 de marzo); LIC Parga-Ladra-Támoga (26 de abril); LIC Macizo Central (24 de maio).
|
![]() |
| |
![]() |
De persistir a contaminación producida polos vertidos industrias e urbanos que a través dos colectores municipais van parar ao río Deva, especies protexida, incluídas no libro vermello de especies ameazadas, poderían desaparecer do seu hábitat. A degradación da calidade da auga, que se agrava nos meses de verán e principios do outono, cando a carga contaminante que emiten os colectores municipais sofre unha menor dilución ó baixar o río con menos caudal, pon en risco a supervivencia na zoa de especies de gran valor pola súa rareza. |

Mentres a Consellería de Medio Ambiente segue cunha mesa de negociación, que todo apunta a unha ZEPA cunha superficie ridícula, o pouco que hai protexido (A Veiga de Ponteliñares) está sendo destruída polos veciños baixo a promesa dunha inminente Concentración parcelaria da que non hai nin proxecto nin estudio de impacto ambiental. O son dos paxaros, está substituído polo son das motoserras, e tras a falla da típica néboa da Veiga, substitúese polo fume dos lumes que arrasan a beira norte do río Limia
Esta nova recen publicada pola edición dixital do xornal, La Región ven a demostrar que por parte dos labegos das terras da Limia, non teñen en negociar unha zona protexida interesante para o Patrimonio Natural Galego, e do Continente Europeo, e o que queren e que non se cumplan as sentencias que lle obriga á Xunta declarar ZEPA parte da Limia, e dicir, que non se lle faga caso á xustiza.
(more…)
Malo cando os políticos non saben defenderse doutro xeito que descalificando. Mítico (e dificilmente superabel) foi cando un Delegado do Goberno e despois conselleiro (Diz Guedes) chamou aqueles que se mobilizaban en contra de SOGAMA como cachorros de Jarrai. A máis graciosa é cando nos tildan de facer política, coma algo que nos descalificara; se facer política e malo, eles son peores que viven diso.
Neste blog, xa se comentou o de o Conselleiro de Medio Ambiente e de Paco Rodríguez a raiz da manifestación de Galiza non se Vende (Ver Os políticos están Enfadados, perdidos e sen rumbo), pero agora as descalificacións veñen por outro motivo.
(more…)
![]() |
Manuel Vázquez, Conselleiro de Medio Ambiente da Xunta, en declaracións recollidas polos medios respecto á manifestación de GALIZA NON SE VENDE que tivo lugar o domingo en Compostela afirma que os manifestantes "non representaban á sociedade galega senón que defendían intereses particulares: Só ían polo que hai do meu".
|
ADEGA e a FEG denunciaron en novembro pasado que as obras da concentración parcelaria en Vilatuxe (Lalín) carecían dos permisos preceptivos, nomeadamente do estudo de impacto ambiental necesario por afectar ao LIC Serra do Candán, pertencente á Rede Natura. Agora Medio Rural, a instancias da D. X. de Calidade e Avaliación Ambiental ven de paralisar as obras até rematar co trámite ambiental. Qué tería pasado se ADEGA e a FEG non denunciaran os feitos?
ADEGA denuncia ante o SEPRONA unha concentración parcelaria en Vilatuxe (Lalín)
A Consellería de Medio Rural detrás dunha importante agresión á Rede Natura 2000
| |
Parecer ser que a manifestación do pasado domingo, fixo dano aos políticos galegos, pero a verdade é que non se montou para felicitalos. Cal é o concepto de Democracia que teñen os nosos políticos? ¿Pensan que democracia é soamente que se lles vote cada catro anos.
(more…)
![]() |
| |
![]() |
A “Asociación Pola Defensa da Ría” de Pontevedra ven de iniciar a recollida pública de alegacións contra a concesión da Autorización Ambiental Integrada á fábrica de ENCE en Lourizán por entender que a presencia do complexo industrial ENCE-ELNOSA na nosa Ría impide o desenvolvemento sustentábel da nosa bisbarra (un desenvolvemento que ten que vir da man da explotación racional dos recursos marisqueiros, pesqueiros, forestais e turísticos) e afecta negativamente ao medio ambiente, aos recursos naturais e á saúde e calidade de vida das persoas. Entende tamén a APDR que a concesión da AAI a ENCE suporía a consolidación do complexo na súa actual ubicación, algo que é rexeitado na actualidade pola inmensa maioría da poboación da bisbarra pontevedresa. ![]() |
Plano Acuícola, primeira vitoria:
|
As actividades realizaranse nos concellos de Carnota, Santiago de Compostela e Brión.
|
Rematada a tempada de caza, e na que a maioría das especies están en plan época celo e cría, a Federación Galega de Caza está a organizar campionatos de caza de raposo sen os pertinentes permisos nin os pertinentes anuncios. Isto pon en perigo tanto ás especies, non so as especies (e non so as cinexéticas), se non tamén a poboación en xeral que quere exercer o seu dereito de uso e disfrute do monte os fin de semana. |
![]() |
ADEGA valora positivamente o incremento das contías e o feito de que que as novas indemnizacións para paliar os danos producidos polo lobo inclúan tamén ao gando extensivo, xa que este tipo de gandería é vital para a supervivencia do lobo no noso territorio. No entanto, ADEGA entende que o actual sistema de compensacións e axudas podería mellorarse procurando un consenso cos interesados, establecendo liñas de axuda ou novas baremacións para as zonas lobeiras e incrementando a eficiencia na atención aos damnificados e á poboación destas zonas. |
![]() |
|
Do 6 ao 9 de febreiro ten lugar en Barcelona o I Encontro Estatal de Compostaxe. ADEGA leva aló a súa experiencia de anos na promoción da compostaxe como opción prioritaria para o tratamento da fracción orgánica dos RSUs. O traballo de ADEGA neste eido plasmouse no deseño dun proxecto de compostaxe caseira que comezou no 2002, baseado na separación en orixe e compostaxe da fracción orgánica. Até hoxe desenvolvéronse 16 programas de compostaxe caseira que abranguen mil vivendas en 10 concellos galegos, coa colaboración de asociacións veciñais, universidades (USC e UDC), SOGAMA e a Consellería de Medio Ambiente. Baixa o POSTER (691.98 KB) |
![]() |
![]() |
![]() |
Sobre a distribución masiva de insectos e arácnidos no coleccionábel “Bichos”. Esta colección ofrece semanalmente exemplares reais de insectos e arácnidos de todo o mundo, xunto a outros de materiais didácticos. Ao parecer, os exemplares proceden de criadeiros, en ningún caso especies protexidas ou en perigo de extinción. Sen cuestionar o valor informativo desta colección, ADEGA cuestiona este modelo de Educación Ambiental baseada no coleccionismo de fauna e flora, que debería estar reservada a museos e determinadas institucións científicas. En Galiza, entidades como o Museo de Historia Natural Luis Iglesias, da USC, cumpren perfectamente esta función. |
![]() |
![]() |
ADEGA ven de saber que o Ministerio de Medio Ambiente, através da Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental pretende autorizar un ENSAIO MASIVO con cultivos do millo transxénico en varias zonas do estado, incluindo Galiza. Trátase de avaliar o risco da liberación no ambiente dun híbrido derivado do cruce de dúas liñas de millo modificadas xeneticamente (NK603 x MON 810), pertencentes á empresa Monsanto Agricultura España, S.L. ADEGA demanda das consellerías de Medio Rural e Medio Ambiente que non autoricen ensaios con plantas transxénicas no ambiente e solicita do Parlamento que declare a Galiza, tal como aconteceu cos refugallos nucleares, territorio libre de cultivos transxénicos.
|
Get free blog up and running in minutes with Blogsome | Theme designs available here