08/02/ 2008

Verdegaia apresenta alegacións ó anteproxecto de sistema de colectores xerais e nova E.D.A.R. en O Grove.

Filed under: Augas e Ríos

Verdegaia vén de apresentar alegacións ó anteproxecto de sistema de colectores xerais e nova E.D.A.R. en O Grove que xeraría importantes impactos sobre o patrimonio natural, socioeconómico e paisaxístico.

Posicionamento de ADEGA diante da Orde de axudas para paliar os danos do lobo durante o 2008

Filed under: Flora e Fauna

Demandamos maior compromiso das institucións e a sociedade coa conservación do lobo en Galiza

   ADEGA valora positivamente o incremento das contías e o feito de que que as novas  indemnizacións para paliar os danos producidos polo lobo inclúan tamén ao gando extensivo, xa que este tipo de gandería é vital para a supervivencia do lobo no noso territorio. No entanto, ADEGA entende que o actual sistema de compensacións e axudas podería mellorarse procurando un consenso cos interesados, establecendo liñas de axuda ou novas baremacións para as zonas lobeiras e incrementando a eficiencia na atención aos damnificados e á poboación destas zonas.

ADEGA participa no I Encontro Estatal de Compostaxe

Filed under: Residuos, Convocatoria

  Do 6 ao 9 de febreiro ten lugar en Barcelona o I Encontro Estatal de Compostaxe. ADEGA leva aló a súa experiencia de anos na promoción da compostaxe como opción prioritaria para o tratamento da fracción orgánica dos RSUs. O traballo de ADEGA neste eido plasmouse no deseño dun proxecto de compostaxe caseira que comezou no 2002, baseado na separación en orixe e compostaxe da fracción orgánica. Até hoxe desenvolvéronse 16 programas de compostaxe caseira que abranguen mil vivendas en 10 concellos galegos, coa colaboración de asociacións veciñais, universidades (USC e UDC), SOGAMA e a Consellería de Medio Ambiente. Baixa o POSTER (691.98 KB)

A Xunta incumpre o seu compromiso de presentar un Plano de Redución das Emisións de Gases de Efecto Invernadoiro

Verdegaia propón un decálogo de medidas contra o cambio climático

A asociación ecoloxista Verdegaia denuncia que a Xunta continúa sen cumprir o seu compromiso de presentar un Plano de Redución das Emisións de Gases de Efecto Invernadoiro (GEI). O último prazo superado para a presentación deste Plano, anunciado en numerosas ocasións desde o comezo da lexislatura e sucesivamente adiado, foi o do 1 de xaneiro, fixado na Estratexia Española de Cambio Climático e Enerxía Limpa (EECC e EL). Verdegaia esixe que non se atrase máis a presentación do Plano e propón á Xunta 10 medidas relevantes para reducir as emisións de gases causantes do cambio climático.

Verdegaia organiza un roteiro pola Foz do Miñor e “Devesa da costa”

Verdegaia organiza un roteiro pola Foz do río Miñor e pola “Devesa da costa” (concellos de Nigrán e Baiona) o vindeiro domingo 10 de febreiro.






















Get free blog up and running in minutes with Blogsome | Theme designs available here