12/02/ 2008

A “APDR” inicia a recollida pública de alegacións contra a concesión da “Autorización Ambiental Integrada” a ENCE.

A “Asociación Pola Defensa da Ría” de Pontevedra ven de iniciar a recollida pública de alegacións contra a concesión da Autorización Ambiental Integrada á fábrica de ENCE en Lourizán por entender que a presencia do complexo industrial ENCE-ELNOSA na nosa Ría impide o desenvolvemento sustentábel da nosa bisbarra (un desenvolvemento que ten que vir da man da explotación racional dos recursos marisqueiros, pesqueiros, forestais e turísticos) e afecta negativamente ao medio ambiente, aos recursos naturais e á saúde e calidade de vida das persoas. Entende tamén a APDR que a concesión da AAI a ENCE suporía a consolidación do complexo na súa actual ubicación, algo que é rexeitado na actualidade pola inmensa maioría da poboación da bisbarra pontevedresa.
 

O CES nega ningún tipo de pacto ou intercambio sobre a EDAR

Filed under: Augas e Ríos, Litoral

O Colectivo Ecoloxista do Salnés quere manifestar, entorno a recentes declaracións aparecidas nos xornais sobre o proxecto de EDAR de O Grove, o seguinte:

 

Pesca rexeita a ampliación da piscifatoría de Seráns

 Plano Acuícola, primeira vitoria:

A Xunta está a respostar ás alegacións ao Plano Acuícola presentadas polas plataformas. Na maioría dos casos (Quilmas, Arou) Pesca mantense enrocada na defensa da acuicultura industrial, caia quen caia. Mais en Seráns, e malia a rexeitar os principais argumentos dos afectados, a consellería resolveu sorpresivamente reducir a superficie dos 115.000 até os 24.885 m2. Terían algo que ver as declaracións da empresa de rexeitar máis terreo? Como é posíbel que se escoiten as demandas da patronal e non as da cidadanía?. Sabemos que este "agasallo" non é máis que o "chocolate do loro", pero representa unha primeira vitoria xa que o Plano Acuícola non é intocábel. Nin Seráns, nin Corrubedo, Quilmas, Arou, Camelle, Merexo, Seiruga… FÓRA O PLANO ACUÍCOLA!

 

Actividades de Educación Ambiental de ADEGA

As actividades realizaranse nos concellos de Carnota, Santiago de Compostela e Brión.



 
Nesta semana ADEGA vai desenvolver actividades de Educación Ambiental nos concellos arriba especificados dentro dos programas educativos da Mancomunidade de Concellos da Serra do Barbanza e do Concello de Santiago.

 






















Get free blog up and running in minutes with Blogsome | Theme designs available here