20/02/ 2008

Verdegaia denuncia a súa exclusión do Consello Municipal de Medio Ambiente de Santiago

Filed under: Xestión Ambiental

Acusa de sectarismo á concelleira Elvira Cienfuegos


A asociación ecoloxista Verdegaia denuncia a súa exclusión inxustificada do Consello Municipal de Medio Ambiente por parte da Concellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible, á fronte da cal está a concelleira Elvira Cienfuegos. O Concello non informou a Verdegaia do proceso de renovación dos membros deste Consello, que tivo lugar no último trimestre do ano pasado, polo que non tivo a oportunidade de participar na escolla dos tres representantes dos grupos ecoloxistas de Santiago que forman parte do Consello. Consideramos sectaria e antidemocrática a actitude de desprezo cara a Verdegaia amosada pola concelleira Elvira Cienfuegos.

 

Os políticos están Enfadados, perdidos e sen rumbo

Filed under: Prensa

Parecer ser que a manifestación do pasado domingo, fixo dano aos políticos galegos, pero a verdade é que non se montou para felicitalos. Cal é o concepto de Democracia que teñen os nosos políticos? ¿Pensan que democracia é soamente que se lles vote cada catro anos.
(more…)






















Get free blog up and running in minutes with Blogsome | Theme designs available here