Verdegaia denuncia a súa exclusión do Consello Municipal de Medio Ambiente de Santiago
Acusa de sectarismo á concelleira Elvira Cienfuegos
A asociación ecoloxista Verdegaia denuncia a súa exclusión inxustificada do Consello Municipal de Medio Ambiente por parte da Concellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible, á fronte da cal está a concelleira Elvira Cienfuegos. O Concello non informou a Verdegaia do proceso de renovación dos membros deste Consello, que tivo lugar no último trimestre do ano pasado, polo que non tivo a oportunidade de participar na escolla dos tres representantes dos grupos ecoloxistas de Santiago que forman parte do Consello. Consideramos sectaria e antidemocrática a actitude de desprezo cara a Verdegaia amosada pola concelleira Elvira Cienfuegos.
| |
