Os políticos están Enfadados, perdidos e sen rumbo V 2.0.0
Malo cando os políticos non saben defenderse doutro xeito que descalificando. Mítico (e dificilmente superabel) foi cando un Delegado do Goberno e despois conselleiro (Diz Guedes) chamou aqueles que se mobilizaban en contra de SOGAMA como cachorros de Jarrai. A máis graciosa é cando nos tildan de facer política, coma algo que nos descalificara; se facer política e malo, eles son peores que viven diso.
Neste blog, xa se comentou o de o Conselleiro de Medio Ambiente e de Paco Rodríguez a raiz da manifestación de Galiza non se Vende (Ver Os políticos están Enfadados, perdidos e sen rumbo), pero agora as descalificacións veñen por outro motivo.
(more…)


