21/02/ 2008

Os políticos están Enfadados, perdidos e sen rumbo V 2.0.0

Malo cando os políticos non saben defenderse doutro xeito que descalificando. Mítico (e dificilmente superabel) foi cando un Delegado do Goberno e despois conselleiro (Diz Guedes) chamou aqueles que se mobilizaban en contra de SOGAMA como cachorros de Jarrai. A máis graciosa é cando nos tildan de facer política, coma algo que nos descalificara; se facer política e malo, eles son peores que viven diso.

Neste blog, xa se comentou o de o Conselleiro de Medio Ambiente e de Paco Rodríguez a raiz da manifestación de Galiza non se Vende (Ver Os políticos están Enfadados, perdidos e sen rumbo), pero agora as descalificacións veñen por outro motivo.

A Mediados do mes de novembro, A FEG e ADEGA, presentaron varias denuncias ao iniciarse as obras da concentración parcelaria da parroquia de Vilatuxe, en Lalín (ver o artigo anterior e teredes os enlaces). Estas obras estaban a destruir bosques, rios nun frenesí de uso de máquinas paleadoras, non tendo ademáis a documentación necesaria para isto. Tres meses despois, a Consellería de Medio Ambiente, a raíz dunha denuncia do SEPRONA e outra da Dirección Xeral de Patrimonio anuncia esta suspensión. Segundo a nota de prensa, as obras foron paralizadas o día seis. ¿Quedou algunha obra sen facer despois de tanto tempo? 

A nota da Xunta pon ven claro que non foi a raíz do pataleo de ADEGA ou a FEG (que presentou os feitos ante o Fiscal de Medio Ambiente) as que xurdiron efecto. Tivo que ser Patrimonio (Consellería de Cultura, do BNG) e a Garda Civil, para que Medio Ambiente tomara cartas no asunto.

Agora, Xesús Cordeiro "Menfis", membro do BNG de Lalín, e traballa na Delegación de Medio Rural en Pontevedra ven de dar unha rolda de prensa na que fala de que se pararon por unhas denuncias ambientis duns "tontos inútiles" e volve a falar de deslealdade do PSOE ao BNG (Paco Rodríguez fala de deslealdade ao revés). Esto último danos igual pois é cousa entre eles, pero as denuncias que fixeron efecto, segundo Medio Ambiente, foron as feitas polo tontos inútiles do BNG que dirixen a Consellería de Cultura, que non creo que sexan de caracter ambiental, ou chama tonto inútil á Garda Civil, ou chama tonto inútil aqueles que lle descubriu que eran obras ilegais e agora enfádase por que se descubre o pastel, pois senón medio ambiente non faría nada. Iso si que é lealtade!!.

Si facer as cousas sen permisos, sen Declaración de Impacto Ambiental e de facer as cousas canto antes, pois senón se perden os cartos, esa é a política de Medio Rural, pois si hai motivos para descalificala. Pois non é a primeira vez; lembremos que fixeron o mesmo no Sobreiral do Arnego, as Pistas do monte Louro, a Concentración de Ordes-Congostro en Rairiz de Veiga…..

Se non quere ter denuncias, faga as cousas ben. Pero a cuestión é que Medio Ambiente tamén nos deben de considerar tontos inútiles, cando non fai nada, pese de habelos avisado antes que Patrimonio ou que a benemérita.

Comments »

The URI to TrackBack this entry is: http://federacionecoloxista.blogsome.com/2008/02/21/os-politicos-estan-enfadados-perdidos-e-sen-rumbo-v-200/trackback/

No comments yet.

RSS feed for comments on this post.

Leave a comment

Line and paragraph breaks automatic, e-mail address never displayed, HTML allowed: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <code> <em> <i> <strike> <strong>























Get free blog up and running in minutes with Blogsome | Theme designs available here