La asamblea de agricultores estima insuficiente la propuesta de la Xunta para reducir la ZEPA
Esta nova recen publicada pola edición dixital do xornal, La Región ven a demostrar que por parte dos labegos das terras da Limia, non teñen en negociar unha zona protexida interesante para o Patrimonio Natural Galego, e do Continente Europeo, e o que queren e que non se cumplan as sentencias que lle obriga á Xunta declarar ZEPA parte da Limia, e dicir, que non se lle faga caso á xustiza.
Agora non están de acordo coa reducción de 10.000 a 8.000ha (din que o 20%), pois bruxelas non fala de superficie. Este dato non é de todo exacto. Se temos en conta que o tribunal que dictamina o da por bo, o documento coñecido coma IBA98 (documento feito pola asociación SEO/Birdlife que considera suficiente serio, riguroso e científico e que hai que ter en conta polo Reino Español) deberíamos ter en conta que este documento propón case 40.000ha, redúcese a proposta inicial dun 80% (aproximadamente).
¿Admitira isto a UE? ¿Con tal redución, conservarase os recursos naturais que pide Europa? Si no 1998, a superficie que se propuña eran 40.000ha e agora son 8.000ha, a destrucción que acontece na limia é superior a que tanto protestamos todos da amazonía, pero claro, a amazonía está moi lonxe, pero aquí…
Aquí a política de desarrollo segue sendo tercermundista, explotemos nosos recursos a baixo curto, destruindo todo o noso entorno, e despois xa veremos.
Primeiro lembremos de onde veñen as terras agrícolas da Limia (destrucción do maior lago interior da península ibérica), logo vemos como están as augas do río Limia e dos seus canais de drenaxe (totalmente contaminadas pola acción agrícola da zona), agora destruamos o último recurso que quedan, a terra. Un exemplo é a única terra protexida; a Veiga de Ponteliñares, un LIC de 160ha, onde os últimos meses prometeuse que se ía concetrar. Non hai proxecto, polo menos non o ensinan, pero xa se cortaron árbores centenarios, e parte do arbolado, foron queimados, con xente do concello apoiando isto (menos mal), pero non se sabe si había permiso ou non, e por riba hai construccións, que segundo a Lei do só, non se pode contruir. Esto é o que lle espera ao resto. Tivo que ser a garda civil que parase isto todo. ¿Galiza ten 550 axentes forestais e de Medio ambiente ¿Onde están? ¿Como é posible que a Xunta non se intere de nada con 1100 ollos no campo? ¿Por que non se fai nada cando denuncia un ecoloxista (varios escritos le chegaron a Medio Ambiente e a Medio Rural da FEG e de MEL), pero témblase cando lle chega o aviso de SEPRONA?¿Para isto queremos policía autonómica? Esperanza Aguirre alomenos o dí: Non quero que haxa axentes da autoridade, para que non multe aos seus amigos.
É lóxico tentar seguir vivindo do que se vive dende os anos sesenta (facer o de sempre e máis cómodo que buscar novos cultivos ou ou novas formas de explotación), pero se os agricultores da Limia non toman medidas de cambio, morreran por non poder adaptarse a tempo ás novas esixencias da política europea.
O Malo, e que en a curto prazo, a Limia quedará sen agricultura, sen páxaros, e o peor, sen xentes.
O que publicou hoxe La Región
Os labradores descartan, de momento, volver mobilizarse e avogan por continuar a negociación
A redución da superficie da ZEPA na comarca da Limia nun 20% proposta pola Consellería de Medio Ambiente é "insuficiente" para os agricultores limiáns.
Unha asemblea de labradores, á que asistiu máis dun centenar de persoas, promovida polo SLG, acordou expor á consellería unha redución moito maior da extensión inicialmente prevista pola Xunta (que baixou de 10.000 a 8.000 hectáreas). Así mesmo, os agricultores valoran os cambios na Lei do Só propostos pola consellería, pero consideran que esas modificacións levarán un período longo de tramitación no Parlamento Galego e que "non estarán vixentes a curto prazo".
Sen mobilizacións
O portavoz do SLG, Anxo Pérez Rúa, manifestou que "a asemblea decidiu non reiniciar movilizacións de momento, aínda que non descartamos saír de novo a rúa máis adiante, unha vez pasada a campaña eleitoral, lla postura dá Consellería de Medio Ambente non cambia".
Para Pérez Rúa, "non é admisible unha superficie tan grande de ZEPA na nosa bisbarra. Bruxelas non impón que deban ser 10.000 ou 8.000 hectáreas as incluídas nese espazo, polo que poden reducirse. Estariamos dispostos a negociar a implantación dunha superficie moito máis pequena e que deixara fora zonas de infraestruturas de regadío ou mesmo espazos agora previstos para polígonos industriais, que foron incluídos na ZEPA".
A Consellería de Medio Ambiente convocará en marzo unha nova reunión da comisión de seguimento da ZEPA, aínda que considerou que o borrador do novo decreto sobre a Zona de Especial Protección de Aves na Limia e a redución da superficie contemplada garanten a compatibilización das explotacións agrícolas co coidado da fauna. Medio Ambiente destacou a súa disposición a seguir negociando.
