31/03/ 2008

Verdegaia alerta sobre o deterioro ambiental que está a padecer a Marisma de Baixoi e a Praia Grande de Miño por diferentes proxectos urbanísticos.

Demanda dos organismos competentes a paralización destes proxectos, así como a recuperación ambiental deste espazo natural.

Verdegaia solicitará ademáis que a Praia Grande, a Marisma e o Rio Baixoi se incorporen ao L.I.C. Betanzos-Mandeo.
A asociación ecoloxista Verdegaia quere chamar a atención sobre a lamentábel situación da Marisma de Baixoi e da Praia Grande de Miño. Varias infraestructuras, instalacións e urbanizacións ameazan a integridade deste espazo natural esquecido, carente dunha figura de proteción especial de ámbito galego; pois só está "protexido" polo Plano Xeral de Ordeamento Municipal.


 

28/03/ 2008

ADEGA denuncia casos de excesiva tolerancia co lume por parte de Medio Rural

Filed under: Montes e incendios

ADEGA denuncia o abuso das queimas "controladas" para a criazón de pasteiros en terreos de interese ecolóxico e alto risco de erosión. Concretamente na parroquia de Posmarcos (Pobra do Caramiñal) no val do río Salgueiros, autorizouse unha "queima controlada" de 10,86 Ha. O obxectivo era, segundo informou Medio Rural a solicitude de ADEGA, a obtención de pasto para o gando extensivo así como "a mellora do hábitat de animais silvestres, especialmente mamíferos e aves" SIC. Agora vai resultar que o lume favorece á fauna salvaxe… como en Australia.


 

27/03/ 2008

ADEGA rexeita totalmente o recheo do Areal

Filed under: Litoral

Alerta dos cambios de correntes que afectarán á Ría de Vigo

A Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza (ADEGA) oporase “frontalmente” ao proxecto de recheo no Areal  e Transversal, polo seu grave impacto ambiental.


 

ADEGA mostra a súa satisfacción polo compromiso da Xunta de informar desfavorablemente ao encoro de Navia

Filed under: Augas e Ríos, Enerxía

agarda que, ademais, se comprometa en solicitar do Governo Central a caducidade da concesión.


Dende o compromiso dunha organización ecoloxista que levamos anos insistindo en que os nosos ríos e o conxunto de Galiza xa teñen pagado impactos dabondo pola xeneración de enerxía eléctrica; dende o compromiso dunha asociación ecoloxista que, xa dende a súa mesma fundación, non tén reparado en esforzos e recursos para impedir, en colaboración con todos os veciños da comarca e concello de Navia, a construcción do Gran Suarna primeiro e do Peñamil e o Suarna despois, temos que declararnos enormemente satisfeitos por esta declaración do Governo Galego: para nós trátase dun acto de xustiza, antes de nada, con todos os veciños e veciñas (moitos xa falecidos) que, xa dende o mesmo 22 de Xullo do 1.939, e sobre todo a partir do 1.963, en que se inician as obras e as expropiacións para o encoro do Gran Suarna, foron quen de manterense firmes na loita contra deste proxecto megalómano que no seu día mesmo pretendía asulagar a mesma vila da Póvoa de Navia coa súa ponte romana, o seu castelo medieval, e, con estes, toda a riqueza económica e os recursos naturais máis valiosos da comarca. Esta constancia na loita, esa decidida vontade de sobrevivir, capaz incluso de conquistar a vontade das institucións franquistas (como a Hermandad de Labradores e o concello de Navia que xa no seu día se manifestaron contra do proxecto do anos 63), ben merecía que o seu esforzo viñera a ser recoñecido. E dende ADEGA entendemos que esta declaración do governo galego en contra deste novo proxecto de Hidroeléctrica del Cantábrico e Electra del Viesgo, aínda que indirectamente, é un recoñecemento ao esforzo de todos e todas os que, dende o seu traballo ou dende as institucións, lograron paralizar (primeiro no 1.963 e logo, continuadamente, no 1967, no 1974-1975, no 1985 ou no 1.993) este proxecto de encoro.

 

26/03/ 2008

Verdegaia, a USC e a Consellería de Medio Ambiente presentan o Programa de Préstamo de bicicletas

 
Verdegaia, a coordinación do Plan de Desenvolvemento Sostible da USC, dependente da Vicerreitoría de Calidade e Planificacióna e a Dirección Xeral de Desenvolvemento Sostible, poñen conxuntamente en marcha por segundo ano consecutivo un Programa de préstamo de bicicletas dirixido aos membros da comunidade universitaria tanto no campus de Lugo coma no de Santiago.
 

 

25/03/ 2008

Convocatoria aberta APDR Pontevedra venres 4 abril en Sargadelos

A Asociación Pola Defensa da Ría quere convocar a todos os colectivos implicados na loita contra o complexo ENCE-ELNOSA a unha xuntanza que terá lugar o vindeiro venres 4 de abril ás 20 horas, na Galería Sargadelos de Pontevedra. O motivo desta convocatoria é a busca de apoios para a manifestación que vimos de convocar para o 25 de abril en Pontevedra.


Ante a pasividade que están a mostrar as administracións implicadas na desaparición do complexo contaminanate, e trala campaña de alegacións contra a Autorización Ambiental Integrada, entendemos que é preciso deixar claro que non estamos dispostos a deixar que a falta de decisión perpetúe esta situación.


Contamos con todas e todos vós. Saúde


 

ADEGA presenta o seu programa ‘’FOGARES VERDES'’

Filed under: Xestión Ambiental

   
Este mércores 26 de marzo preséntase en Compostela o programa "FOGARES VERDES. Este proxecto impulsado polo INEGA, a concellería de Medio Ambiente de Santiago e ADEGA vai promocionar en medio cento de fogares da cidade o aforro de enerxía e auga. A meta será acadar un redución do consumo de enerxía eléctrica nun 5,2% e dun 10% no caso da auga. Para elo fáranse visitas períodicas a modo de acompañamento aos fogares para facilitarlles información e consellos coa fin de tentar mudar hábitos. Na primeira visita farase entrega dun kit de aforro composto por unha lámpada de baixo consumo e dous reductores de caudal para as billas.
                                                      

21/03/ 2008

Luita Verde denuncia que un campionato de trial, afecta á Rede natura no Morrazo

Luita Verde e Amig@s do Morrazo Verde denunciaron formalmente e por escrito ante a Dirección Xeral de Conservación da Natureza da Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible a instalación de parte do circuito de saltos nas proximidades de Menduíña, na parroquia de Aldán do concello de Cangas, dentro da zona protexida do Lugar de Importancia Comunitario (LIC) de Udra, da Rede Natura, con motivo da celebración o pasado domingo 16 de marzo do campeonato galego de trial organizado pola Federación Galega de Motociclismo e a colaboración da Fundación Deporte Galego, a Consellería de Cultura e Deporte, a Diputación de Pontevedra e  Caixanova, solicitando a apertura dun expediente sancionador e que se prohiba a celebración deste tipo de eventos no futuro para que non se volte a repetir o sucedido, como tamén a circulación de vehículos motorizados polo citado LIC de Udra, do que temos constancia que está a ser unha costume ó longo do ano.

                                                      

 

12/03/ 2008

Chuvia de denuncias ante UE pola política ambiental de Galiza

Filed under: Augas e Ríos

Famosa foi a sentencia pola contaminación da Ría de Vigo que a UE determinou pola falta de actuacións para eviatala (hoxe en suspensión provisional á espera das actuacións de emerxencia emprendidas polo bipartito), despois chegou a Sentencia do Tribunal das Comunidades Europeas, pola escasez de espazos protexidos, e concretamente pola falla de Zonas de Especial protección para as AVES (ZEPAS) e agora admite a estudo a denuncia polo acontecido no encoro de Fervenza.

Curiosamente, este encoro é xestionado pola empresa Ferroatlántica, a cal recemente se lle concedeu o Certificado de Calidade Ambiental (autorización ambiental integrada, ver o País) e que ademáis, é sospeitosa da crónica contaminación da ría de Corcubión (unha investigación que comenzou na época do PP para determinar o seu orixe, e foise prolongando no tempo e que aínda estamos á espera de resultados), por certo, tamén denunciado polos mariñeiros da zona ante a UE. Este é un exemplo da política ambiental galega.

Parece que a única política ambiental existente, e a que vai promulgando as sentenzas chegadas de Bruxelas, pois en Galiza esta é a última do Consello da Xunta. Seguimos a ter uns dirixentes na que a prosperidade, mídese pola cantidade de natureza que destruimos.
(more…)

ADEGA e ‘’Matar por matar, NON!'’ denuncian a manipulación dos censos de caza

Filed under: Denuncia, Caza e Pesca

A manipulación dos censos de caza é clara e xeralizada. ADEGA e “Matar por Matar Non” estudaron os Planos de Ordenación Cinexética (POC) de dous TECORes, un de Ourense e outro de Pontevedra, confirmando a falsidade dos datos que regulamentan a presión cinexética nestes espazos. En teoría, os datos dos censos obtéñense mediante avistadores que realizan percorridos de varias horas e anotan o número de animais das distintas especies que avistan. Sorprendentemente, a análise destes POCs reflicte que o número de avistamentos de perdices, raposos, xabaríns e corzos acada cifras absolutamente incribles.
 

11/03/ 2008

O Concello de Moaña, non atende ás alegacións ao PXOM

Filed under: Xestión Ambiental

O Concello de Moaña rexeitou 34 páxinas de alegacións máis outras 40 de anexos sobre a importancia e protección dos espazos naturais do municipio apresentadas por Luita Verde o 20 de decembro de 2005 ao PXOM (onde “tendo en conta as moitas  irregularidades que contiña, moitas delas de tal calibre que implicaban na realidade unha modificación total do mesmo” se solicitaba “a anulación total do PXOM presentado e partindo do documento como un documento de inicio de cara á realización dun verdadeiro plan xeral que satisfaga, como primeira premisa, os habitantes de Moaña e os seus intereses”), respostando con data de 11 de febreiro de 2007 de saída do concello (ou sexa despóis de máis de dous anos sen respostar) que “os puntos 1,2,3,5,6,7 e 8 se desestiman” a secas, os puntos 4 “estase actualizando e realizarase un estudo arqueolóxico do municipio” e o 9 “corrixirase erros da memoria”, sen máis, e por engadido despóis de tanto tempo transcurrido, máis abaixo nos cita “O que lle comunico para o seu coñecemento a efectos, indicándolle que o presente acordo non é susceptible de recurso, por tratarse dun acto de trámite, a expensas da aprobación definitiva do Plan Xeral que corresponderá a Dirección Xeral de Urbanismo”.

 

07/03/ 2008

O Goberno central comprará este mesmo ano as illas Sisargas e Tambo

Despois de seis anos de retraso, parece ser que se fai algo pola ampliación do Parque Nacional das Illas Atlánticas, por un lado e moi boa noticia, sobor de todo polas Sisargas pois de todos é coñecida a súa importancia ambiental e máis dubidosa sería a de Tambo pois ao seres militar pouco se sabe e preocupante estado dos seus fondos mariños afectado polo emisario da tan ecolóxica empresa ENCE.

Pero o máis preocupante de todo isto, ven do debate de si seremos capaces de conservar ditos valores. Os espazos naturais protexidos naceron para protexer o Patrimonio ambiental dun lugar, estado, nazón, continente (Rede Natura) ou mundial (Reserva da Biosfera), pero en Galiza temos a mala costume de prostituir todos estes bos fins.

Temos os Parques Naturais co único fin de un atractivo turístico, recentemente aprobou a consellería de Medio Ambiente de 500.000€ para sinalizar estes Parques para aumentar o turismo nestas zonas, a esto hai que sumar o Centro de Interpretación dos Parque Naturais de Galicia (9millóns, agora falan de 6millóns de euros) cuios fins son os mesmos. Que se fixo pola conservación ¡¡¡NADA. Alomenos non hai grandes proxectos para súa destrucción (agás do proxecto de inundación da mina das Pontes, que se fai sen ningúnha garantía.

Máis grave é a situación da REDE Natura e das Reservas da Biosfera, onde calqueira persoa ou Administración fai o que lle da a gana. Exemplos Serra de Careón, Monte e Lagoa de Louro, Gándaras de Budiño, Veiga de Ponteliñares, Terras do Miño ou de Allariz (poderiase seguir pero mencionaríammos todos.

Que futuro terá o Parque Nacional en Mans da Xunta de Galicia???

A Voz publicou  
(more…)

Verdegaia denuncia un novo verquido nas Ribeiras do Louro

 Verdegaia vén de denunciar ante a Confederación Hidrográfica do Norte e perante o Concello do Porriño que o pasado día 1 de marzo de 2008 se realizou un verquido de sustancias químicas a un afluínte do río Louro no termo municpal do Porriño (Pontevedra) nas coordenadas Lat.: 42° 7’ 8.45’ N, Lonx.: 8° 37’ 37.59’, X: 530822.91, Y: 4663150.15 que deixaron o citado curso de auga de cor azul clara e sen aparente rastro de vida acuática como se aprecia na foto que se adxunta.

Ó mesmo tempo, dende a nosa asociación exisimos que se esclareza a autoría deste verquido e se sancione dacordo coa legislación vixente ó infractor así como que se tomen as medidas necesarias para que non se realicen máis verquidos nese curso de auga


 

06/03/ 2008

A Asemblea do Suído, presenta alegacións contra os novos proxectos de canteiras da Serra do Suído e coto de Eira

 A Asemblea do Suído presentou sendas alegacións polos proxectos mineiros da Chan da Andoriña no Coto de Eira, en Mondariz e do Coto de Bidueiros e Portela das Travesas en Covelo e Fornelos de Montes, ante as Consellarías de Innovación e Industria e Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostíbel. Amais avisa da existencia de moitos máis proxectos na zona aos que xa presentou alegacións no seu día e que aínda están en vigor
Narcissus cyclamineus  
 

O Concello de Covelo otorgou no ano 2005 licenza para investigación mineira á canteira que agora critica

Daquela non só non presentou ningunha alegación (como si que o fixo a Asemblea do Suído) senón que outorgoulle unha licenza para facer prospeccións mineiras. (Copia da licenza premendo sobre estas palabras)
 

05/03/ 2008

PISCIFATORÍAS: a proposta de reducción de Pesca é decepcionante e reforza a oposición de plataformas e ecoloxistas ao plano acuícola

Filed under: Litoral

O recente anuncio do Director Xeral de recursos Mariños, Sr. Elorriaga, no senso de "suprimir" do Plano Acuícola as instalacións de Touriñán-Muxía, Punta dos Corvos-Corrubedo, e Punta do Corno-Camariñas, alén doutras dúas (ampliacións) e reducir a extensión de 7 máis, só pode ser interpretado como unha burda medida electoralista e demagóxica. A que vén rexeitar piscifatorías como a Touriñán, Punta dos Corvos (Corrubedo) ou Punta do Corno (Camariñas) cando estas instalacións xa non figuraban na proposta de Plano Acuícola? Por certo, que no rexeitamento da de Touriñán ou Ribadeo, tivo máis que ver a mobilización social que a suposta "magnanimidade" da Xunta. As outras “eliminadas” son a ampliación das instalacións do CETMAR para producción en Couso- Aguiño, e a ampliación da de Ardía (Ogrobe) que afectaba á Rede Natura, ambas de pequena extensión. Entre as que se reducen, está por exemplo Seráns-Porto do Son, que xa fora desbotada pola empresa promotora. Outra é a piscifatoría de Foxo Longo, en Ribadeo: desta volta a pretendida reducción non é senón a consecuencia das resolucións xudiciais e da acción de ADEGA, que no seu momento impedíu que o Sr. Álvarez-Cascos perpetrara un atropelo ecolóxico no en pleno LIC As Catedrais. Alén disto, case todas as instalacións afectadas por esta reducción son ademáis de pouca superficie e entidade (o "chocolate do loro"), de xeito que, atendendo aos ditados da patronal, a proposta de Plano Acuícola non muda substancialmente: só reduce menos dun 10% a superficie afectada (225.500 m2) e seguen sendo máis de 3 millóns de m2 de costa virxe os que Pesca agasalla á patronal do peixe plano.
 

O Colectivo ecoloxista do Salnés insta ao Concello de Sanxenxo a non menospreciar a lexislación ambiental.

Filed under: Augas e Ríos

Para o CES o interese pola conservación do medio ambiente demóstrase con feitos, e  respecto ao Plan Especial de Infraestruturas e Dotacións do Revel, en Vilalonga o único que quedou demostrado é a total  falta de respecto pola lexislación ambiental por parte dos gobernantes do Concello de Sanxenxo e a Deputación de Pontevedra.
 

04/03/ 2008

Verdegaia rexeita a instalación dun invernadoiro de árbores transxénicas nos terreos do CSIC en Compostela

Filed under: Flora e Fauna

    O Consello Superior de Investigacións Científicas (CSIC) construirá no Instituto de Investigacións Agrobiolóxicas, en Compostela, o primeiro invernadoiro de Galicia destinado á Biotecnoloxía Forestal, ou sexa, á investigación de árbores modificadas xeneticamente.Verdegaia ven de trasladarlle á Consellería de Medioambiente a súa esixencia de anular da decisión de construír en Santiago de Compostela o primeiro invernadoiro de Galicia dirixido ao traballo con plantas transxénicas, que a Xunta se comprometa a non destinar recursos públicos á investigación de árbores modificadas xeneticamente;e a elaboración dunha Lei que prohiba as árbores xeneticamente modificadas incluíndo os ensaios de campo en Galicia.
 

PESCA non aporta nada novo ao Plan de Acuicultura.

Filed under: Litoral

O Director de recursos pesqueiros anunciou onte que o Real Madrid gañou
a Liga 06/07

Onte en sede Parlamentaria, a Consellaría de Pesca anunciou a eliminación de 5 parques acuícolas e a redución doutros 8. Este anuncio, que ocupou espazo en portadas de xornais e informativos, non foi outra cousa mais que vender fume, un intento de transmitir un talante negociador da Administración nun Plano fortemente contestado desde sectores veciñais e ecoloxistas.
 

Sociedade de Vigo súmanse á Xornada Internacional dedicada ás vítimas do paramilitarismo e contra os crimes de estado en Colombia

Filed under: Augas e Ríos

Altermundo, Amarante, Caleidoskopio, Fuga em Rede, GAS e Verdegaia denuncian co acto o 6 de marzo á política exterior do Goberno Central permisivo coas violacións de Dereitos Humanos do Goberno colombiano.
 

ADEGA cualifica de ridículas e eleitoralistas as propostas do Director Xeral de pesca

Filed under: Litoral

A reducción anunciada é electoralista e un insulto á intelixencia da cidadanía: cantas veces van vender Touriñán?


O recente anuncio do Director Xeral de recursos Mariños, Sr. Elorriaga, no senso de "suprimir" do Plano Acuícola as instalacións de Touriñán-Muxía!? e Punta dos Corvos-Corrubedo!?, alén doutras tres e reducir a extensión de 7 máis só pode ser interpretado como unha burda medida electoralista e demagóxica. A que vén rexeitar piscifatorías como a Touriñán, Punta dos Corvos ou a de Ardía (Ogrobe) cando estas instalacións xa non figuraban na proposta de Plano Acuícola?.

 

03/03/ 2008

Plano Acuícola: Galiza na avangarda mundial… da contaminación mariña

Filed under: Litoral

Este sábado pasado, compañeir@s da Plataforma de Quilmas, puideron comprobar de novo o "sustentábel" da acuicultura industrial, que está a deitar miles de toneladas de contaminantes e antibiólicos no millor da nosa costa. Unha vez máis, a praia de Corna Becerra en Quilmas, parte da Rede Natura, apareceu estrada de restos de pensos da piscifatoría de Stolt. Estes feitos, reiteradamente denunciados por ADEGA e as distintas plataformas, poñen de manifesto o descontrol dos vertidos destas instalacións e o risco supón un Plano Acuícola que pretende xeralizar estas macrofábricas de contaminación mariña por toda a costa.
 

Medio Ambiente autorizou a incineración de restos de coches no Oural

No mesmo lugar onde o TSXG prohibira queimar pneumáticos, a Consellería de Medio Ambiente autorizou á cementeira COSMOS S.A. a incinerar en probas durante 15 días 500 toneladas de resíduo lixeiro de fragmentadora de veículos fóra de uso (isto é tapicerías, plásticos etc.), amosando unha falta total de respecto polas decisións da xustiza. O tribunal fallara que que na cementeira de Oural non se poden incinerar rodas porque non se acadan as distancias de seguridade. A contaminación provocada pola queima destes resíduos é potencialmente maior que a xerada polos pneumáticos.
 

Nace a Plataforma Galega Anti-transxénicos

Filed under: Augas e Ríos

Este venres 29 de febreiro de 2008 constituiuse en Galiza a Plataforma Galega Antintransxénicos, coincidindo cunha xornada de divulgación e debate sobre os perigos dos organismos modificados xenéticamente (OMX´s). Reunímonos no concello de Lalín vinte organizacións sociais galegas para iniciarmos o camiño que nos haberá de levar á consecución do obxectivo final: a declaración de Galiza zona ceibe de transxénicos. Na reunión deste venres establecéronse as principais liñas de traballo que a Plataforma Galega Antitransxénicos (OMX´s) levará a cabo (segue…)
 

Nova denuncia da APDR contra ENCE por recheos nas balsas de decantación

 
A Asociación Pola Defensa da Ría ven de presentar unha nova denuncia –a terceira diante da Dirección Provincial de Costas, a segunda diante da Consellería de Medio Ambiente- contra ENCE polo recheo parcial, ilegal, da balsa de decantación número 4 do complexo industrial de Lourizán.
 Balsa 4 (centro) antes  

As denuncias que ten presentado a APDR foron estudadas e rexeitadas por ambas administracións que responderon á APDR cos argumentos da empresa; nas resolucións da Subdirección Provincial de Costas contéstase cunha cartas do director do Complexo Industrial de ENCE SA, Félix Pérez Gayol que chega a afirmar que "en ningún caso se trata dun recheo na zona tal e como se menciona na denuncia"
 

ADEGA participa nas II Xormadas do proxecto ‘’FOGARES VERDES'’

 
 ADEGA ven de participar nas II Xornadas de intercambio de experiencias de "FOGARES VERDES" que tiveron lugar os días 27 e 28 de febreiro en Madrid. O programa FOGARES VERDES fai parte dunha iniciativa en rede estatal para a promoción de aforro no fogar e de loita contra o cambio climático a nível doméstico. Este programa está a piques de botar a andar en Compostela grazas a un convenio asinado por ADEGA, o INEGA e a Concellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sustentábel de Santiago. Esta xuntanza foi unha boa unha oportunidade para coñecer e aprender de aqueles/as que levan xa máis de un ano traballando neste proxecto.
 

O encoro proxectado en Navia de Suarna afectará a numerosas especies protexidas

Filed under: Augas e Ríos

ADEGA rexeita este proxecto por ter un impacto ambiental “inadmisíbel”


 O encoro que a empresa Saltos del Navia CB pretende construir nos concellos de Ibias, A Fonsagrada e Navia de Suarna afectará a un espazo de grande valor ecolóxico con numerosas especies protexidas.
 O encoro que a empresa Saltos del Navia CB pretende construir nos concellos de Ibias, A Fonsagrada e Navia de Suarna afectará a un espazo de grande valor ecolóxico con numerosas especies protexidas.

 






















Get free blog up and running in minutes with Blogsome | Theme designs available here