03/03/ 2008

Plano Acuícola: Galiza na avangarda mundial… da contaminación mariña

Filed under: Litoral

Este sábado pasado, compañeir@s da Plataforma de Quilmas, puideron comprobar de novo o "sustentábel" da acuicultura industrial, que está a deitar miles de toneladas de contaminantes e antibiólicos no millor da nosa costa. Unha vez máis, a praia de Corna Becerra en Quilmas, parte da Rede Natura, apareceu estrada de restos de pensos da piscifatoría de Stolt. Estes feitos, reiteradamente denunciados por ADEGA e as distintas plataformas, poñen de manifesto o descontrol dos vertidos destas instalacións e o risco supón un Plano Acuícola que pretende xeralizar estas macrofábricas de contaminación mariña por toda a costa.
 

Medio Ambiente autorizou a incineración de restos de coches no Oural

No mesmo lugar onde o TSXG prohibira queimar pneumáticos, a Consellería de Medio Ambiente autorizou á cementeira COSMOS S.A. a incinerar en probas durante 15 días 500 toneladas de resíduo lixeiro de fragmentadora de veículos fóra de uso (isto é tapicerías, plásticos etc.), amosando unha falta total de respecto polas decisións da xustiza. O tribunal fallara que que na cementeira de Oural non se poden incinerar rodas porque non se acadan as distancias de seguridade. A contaminación provocada pola queima destes resíduos é potencialmente maior que a xerada polos pneumáticos.
 

Nace a Plataforma Galega Anti-transxénicos

Filed under: Augas e Ríos

Este venres 29 de febreiro de 2008 constituiuse en Galiza a Plataforma Galega Antintransxénicos, coincidindo cunha xornada de divulgación e debate sobre os perigos dos organismos modificados xenéticamente (OMX´s). Reunímonos no concello de Lalín vinte organizacións sociais galegas para iniciarmos o camiño que nos haberá de levar á consecución do obxectivo final: a declaración de Galiza zona ceibe de transxénicos. Na reunión deste venres establecéronse as principais liñas de traballo que a Plataforma Galega Antitransxénicos (OMX´s) levará a cabo (segue…)
 

Nova denuncia da APDR contra ENCE por recheos nas balsas de decantación

 
A Asociación Pola Defensa da Ría ven de presentar unha nova denuncia –a terceira diante da Dirección Provincial de Costas, a segunda diante da Consellería de Medio Ambiente- contra ENCE polo recheo parcial, ilegal, da balsa de decantación número 4 do complexo industrial de Lourizán.
 Balsa 4 (centro) antes  

As denuncias que ten presentado a APDR foron estudadas e rexeitadas por ambas administracións que responderon á APDR cos argumentos da empresa; nas resolucións da Subdirección Provincial de Costas contéstase cunha cartas do director do Complexo Industrial de ENCE SA, Félix Pérez Gayol que chega a afirmar que "en ningún caso se trata dun recheo na zona tal e como se menciona na denuncia"
 

ADEGA participa nas II Xormadas do proxecto ‘’FOGARES VERDES'’

 
 ADEGA ven de participar nas II Xornadas de intercambio de experiencias de "FOGARES VERDES" que tiveron lugar os días 27 e 28 de febreiro en Madrid. O programa FOGARES VERDES fai parte dunha iniciativa en rede estatal para a promoción de aforro no fogar e de loita contra o cambio climático a nível doméstico. Este programa está a piques de botar a andar en Compostela grazas a un convenio asinado por ADEGA, o INEGA e a Concellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sustentábel de Santiago. Esta xuntanza foi unha boa unha oportunidade para coñecer e aprender de aqueles/as que levan xa máis de un ano traballando neste proxecto.
 

O encoro proxectado en Navia de Suarna afectará a numerosas especies protexidas

Filed under: Augas e Ríos

ADEGA rexeita este proxecto por ter un impacto ambiental “inadmisíbel”


 O encoro que a empresa Saltos del Navia CB pretende construir nos concellos de Ibias, A Fonsagrada e Navia de Suarna afectará a un espazo de grande valor ecolóxico con numerosas especies protexidas.
 O encoro que a empresa Saltos del Navia CB pretende construir nos concellos de Ibias, A Fonsagrada e Navia de Suarna afectará a un espazo de grande valor ecolóxico con numerosas especies protexidas.

 






















Get free blog up and running in minutes with Blogsome | Theme designs available here