ADEGA participa nas II Xormadas do proxecto ‘’FOGARES VERDES'’
|
ADEGA ven de participar nas II Xornadas de intercambio de experiencias de "FOGARES VERDES" que tiveron lugar os días 27 e 28 de febreiro en Madrid. O programa FOGARES VERDES fai parte dunha iniciativa en rede estatal para a promoción de aforro no fogar e de loita contra o cambio climático a nível doméstico. Este programa está a piques de botar a andar en Compostela grazas a un convenio asinado por ADEGA, o INEGA e a Concellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sustentábel de Santiago. Esta xuntanza foi unha boa unha oportunidade para coñecer e aprender de aqueles/as que levan xa máis de un ano traballando neste proxecto.
|
![]() |

