O Goberno central comprará este mesmo ano as illas Sisargas e Tambo
Pero o máis preocupante de todo isto, ven do debate de si seremos capaces de conservar ditos valores. Os espazos naturais protexidos naceron para protexer o Patrimonio ambiental dun lugar, estado, nazón, continente (Rede Natura) ou mundial (Reserva da Biosfera), pero en Galiza temos a mala costume de prostituir todos estes bos fins.
Temos os Parques Naturais co único fin de un atractivo turístico, recentemente aprobou a consellería de Medio Ambiente de 500.000€ para sinalizar estes Parques para aumentar o turismo nestas zonas, a esto hai que sumar o Centro de Interpretación dos Parque Naturais de Galicia (9millóns, agora falan de 6millóns de euros) cuios fins son os mesmos. Que se fixo pola conservación ¡¡¡NADA. Alomenos non hai grandes proxectos para súa destrucción (agás do proxecto de inundación da mina das Pontes, que se fai sen ningúnha garantía.
Máis grave é a situación da REDE Natura e das Reservas da Biosfera, onde calqueira persoa ou Administración fai o que lle da a gana. Exemplos Serra de Careón, Monte e Lagoa de Louro, Gándaras de Budiño, Veiga de Ponteliñares, Terras do Miño ou de Allariz (poderiase seguir pero mencionaríammos todos.
Que futuro terá o Parque Nacional en Mans da Xunta de Galicia???
