O Goberno central comprará este mesmo ano as illas Sisargas e Tambo
Pero o máis preocupante de todo isto, ven do debate de si seremos capaces de conservar ditos valores. Os espazos naturais protexidos naceron para protexer o Patrimonio ambiental dun lugar, estado, nazón, continente (Rede Natura) ou mundial (Reserva da Biosfera), pero en Galiza temos a mala costume de prostituir todos estes bos fins.
Temos os Parques Naturais co único fin de un atractivo turístico, recentemente aprobou a consellería de Medio Ambiente de 500.000€ para sinalizar estes Parques para aumentar o turismo nestas zonas, a esto hai que sumar o Centro de Interpretación dos Parque Naturais de Galicia (9millóns, agora falan de 6millóns de euros) cuios fins son os mesmos. Que se fixo pola conservación ¡¡¡NADA. Alomenos non hai grandes proxectos para súa destrucción (agás do proxecto de inundación da mina das Pontes, que se fai sen ningúnha garantía.
Máis grave é a situación da REDE Natura e das Reservas da Biosfera, onde calqueira persoa ou Administración fai o que lle da a gana. Exemplos Serra de Careón, Monte e Lagoa de Louro, Gándaras de Budiño, Veiga de Ponteliñares, Terras do Miño ou de Allariz (poderiase seguir pero mencionaríammos todos.
Que futuro terá o Parque Nacional en Mans da Xunta de Galicia???
A Voz publicou
Medio Ambiente e Xunta pecharon a transferencia das Illas Atlánticas, que se fará efectiva tras as eleccións
Este mesmo ano quedarán pechadas as dúas operacións, segundo confirmou onte o secretario xeral para o Territorio e a Biodiversidade e tamén presidente do organismo Parques Nacionais, Antonio Serrano. «Este ano serán de dominio público marítimo-terrestre», explicou, co que os dous enclaves pasarán a ser do goce dos cidadáns de forma regulada. Coa compra probablemente tamén se iniciará o proceso para incorporar as dúas illas ao parque nacional Illas Atlánticas, tal e como xa avanzara o conselleiro de Medio Ambiente, Manuel Vázquez.
«No caso das illas Sisargas, en que temos contactos firmes cos propietarios, sería bobo que non chegásemos a un acordo rápido, porque é un dominio público marítimo-terrestre e o pouco que queda como zona de servidume poderiámolo expropiar. Entón, o lóxico é que cheguemos a un acordo fácil, non hai volta de folla, co que o acordo quedará resolto a curto prazo», apuntou Serrano, que onte ofreceu unha conferencia sobre a influencia do territorio e a biodiversidade na planificación da obra pública na Escola de Camiños da Coruña.
Con Defensa está practicamente ultimado o acordo para a adquisición de Tambo. Medio Ambiente tamén está a piques de lograr deste último organismo a cesión da antiga base militar de Estaca de Bares. Tras estas incorporacións ao dominio público aínda lle quedarán ao Estado sobre a mesa 28 millóns para recuperar terreos sensibles na costa galega.
O ministerio tamén pechou de forma definitiva o proceso para o traspaso do parque nacional Illas Atlánticas á Xunta. «Existe un acordo total, pero o que pasa é que decidimos pospor o acto formal de firma ata logo das eleccións», apunta Serrano.
