Convocatoria aberta APDR Pontevedra venres 4 abril en Sargadelos
A Asociación Pola Defensa da Ría quere convocar a todos os colectivos implicados na loita contra o complexo ENCE-ELNOSA a unha xuntanza que terá lugar o vindeiro venres 4 de abril ás 20 horas, na Galería Sargadelos de Pontevedra. O motivo desta convocatoria é a busca de apoios para a manifestación que vimos de convocar para o 25 de abril en Pontevedra.
Ante a pasividade que están a mostrar as administracións implicadas na desaparición do complexo contaminanate, e trala campaña de alegacións contra a Autorización Ambiental Integrada, entendemos que é preciso deixar claro que non estamos dispostos a deixar que a falta de decisión perpetúe esta situación.
Contamos con todas e todos vós. Saúde