05/04/ 2008

O C.E.S. celebra a súa Asamblea anual no centro comarcal do Salnés

Filed under: Convocatoria

O Colectivo Ecoloxista do Salnés celebrará o domingo 6 de abril a súa asemblea anual no Centro Comarcal do Salnés, en Cambados, ás 12:00 (11:30 en 1ª convocatoria ).

Esta Asemblea ten como obxectivos:
- Facer un balance do ano 2007
- Renovar a Xunta Directiva. Na Asemblea Xeral Ordinaria celebrada o 5 de marzo de 2006 foi elixida a actual Xunta Directiva para un período de catro anos. O vindeiro 6 de Abril renovaranse algúns postos.


A orde do día será:
1. Lectura da acta anterior
2. Memoria anual de socios 2007
3. Memoria anual de actividades 2007
4. Memoria anual económica 2007
5. Renovación da Xunta Directiva
6. Rogos e preguntas
 

Veciñas e veciños afectados pola contaminación electromagnética nas Barxas (Moaña): entregáronse ao concello 832 asinaturas

Xosé Manuel Taboa Couso, en nome das veciñas e veciños afectados pola contaminación electromagnética de As Barxas (MOAÑA) entregou 832 asinaturas no rexistro xeral do Concello de Moaña, contra o conglomerado de contaminación electromagnética desta zona residencial en expansión; composta polas antenas base de telefonía móbil (recentemente ampliadas) da torreta do edificio de Telefónica e dun transformador ambas as dúas na Rúa Barxas, o que se suma as lindeiras liñas de media tensión.

 






















Get free blog up and running in minutes with Blogsome | Theme designs available here