14/10/ 2008

A voltas contra as hidroeléctricas e o salvadores do medio Ambiente.

Filed under: Augas e Ríos

O BNG, ven de sacar unha nova de prensa na que o Governo do Estado Español admite que está a tramitar 6 concesións para 15 instalacións hidroeléctricas na coca do miño-Sil. O Goberno responde ao senador do BNG que, debido a que a Consellaría de Medio Ambiente non ten un plan de xestión para o LIC Canón do Sil, a Xunta de Galiza non ten plena capacidade xurídica sobre o macroproxecto de Iberdrola en Santa Cristina de Ribas de Sil (O colgamos en Vieiros e vieiros colgou despois coma propia). O propio BNG ven de presentar unha proposición no Congreso para que se paren.

Po outra banda, Touriño di que reclamaralle a Madrid a xestión da bacía Miño-Sil, malia que non se aclara se presionará para o freo das concesións hidroeléctricas en proceso. e en ningún caso, baixo ningún concepto, permitirá ningunha instalación nova en bacía hidráulica de Galiza" (Ver en Vieiros). Agora o PP saca a cana de pescar: e estase a destruir o noso Medio ambiente por loitas entre o BNG e o PSOE; uns coas eólicas e outros coas hidroeléctricas. Estos son os novos ecoloxistas galegos.
(more…)






















Get free blog up and running in minutes with Blogsome | Theme designs available here