A voltas contra as hidroeléctricas e o salvadores do medio Ambiente.
O BNG, ven de sacar unha nova de prensa na que o Governo do Estado Español admite que está a tramitar 6 concesións para 15 instalacións hidroeléctricas na coca do miño-Sil. O Goberno responde ao senador do BNG que, debido a que a Consellaría de Medio Ambiente non ten un plan de xestión para o LIC Canón do Sil, a Xunta de Galiza non ten plena capacidade xurídica sobre o macroproxecto de Iberdrola en Santa Cristina de Ribas de Sil (O colgamos en Vieiros e vieiros colgou despois coma propia). O propio BNG ven de presentar unha proposición no Congreso para que se paren.
Po outra banda, Touriño di que reclamaralle a Madrid a xestión da bacía Miño-Sil, malia que non se aclara se presionará para o freo das concesións hidroeléctricas en proceso. e en ningún caso, baixo ningún concepto, permitirá ningunha instalación nova en bacía hidráulica de Galiza" (Ver en Vieiros). Agora o PP saca a cana de pescar: e estase a destruir o noso Medio ambiente por loitas entre o BNG e o PSOE; uns coas eólicas e outros coas hidroeléctricas. Estos son os novos ecoloxistas galegos.
O do PP e facil de comentar: "Castiñeiras reclama que o Goberno respecte unha iniciativa aprobada fai dúas semanas no Parlamento galego para suspender a concesión de licenzas de aproveitamentos hidráulicos nesta conca ata que non se efectúen os estudos de impacto ambiental e social que permitan avaliar a idoneidade, ou non, de tales proxectos". ¿Por que Castiñeiras e todo o PP foise atrás cando se aprobou a Iniciativa Lexislativa Popular (e iso que era popular)?, e agora queren ser os salvadores do MA. Ademáis, o PP cando gobernaba foi que saturou os ríos e os montes de instalacións productoras de eléctricidade sen ter enconta nin os factores sociais nin medioambientais (termino que queda ben pero que ninguén mira despois).
Vamos co bloque. En mesturarei o plan eólico, pero noutro sentido ao do PP: Non podemos falar de saturación, respecto ao Medio Ambiente á sociedade, etc… cando un Conselleiro do Bloque está a promocionar o Plan eólico sen ter enconta estes aspectos, o un Conselleiro de Medio Rural que se adica a facer parcelarias, pistas, ou aoutorizar trocos de uso de solo dentro de espazos protexidos sen ter enconta os aspectos medioambientais: o fai e punto. Olaia, pide coherencia aos teus, pois senón quedas moi mal.
Imos con Touriño e Vázquez. a solución; segundo eles, e pedir as competencias desa conca. Iso é certo?. Lendo a tramitación que se están a facer nos ríos de competencia da Xunta prece que non (ver nova do río oitavén). O problema é que non desenrolamos as competencias que temos.
Un exemplo é a escusa posta por Madrid para facer os proxectos no Miño-Sil. Temos unha rede Natura 2000 (para os que levamos algún tempo traballando nisto, temos aburrido o termo), non se rematou a súa protecicón.
A nova Lei de Conservación da Natureza, quitoulle a proteción provisional, que tiña ata agora. E digo provisional, pois está a espensas dun plan de ordenación dos recursos Naturais (coma o PXOM na construcción). Plan que non ten ningún LIC a día de hoxe. E dicir, en catro anos non se avanzou nada neste tema. Se por encima lle quitamos protección, é normal que aconteza isto.
E o malo é que o propio conselleiro de Medio Ambiente, vai ser o salvador das constructoras en crise, dandolle de comer. Demomento coas obras de saneamento, pero si iso non chega, non desbotedes que se volva a febre das minicentrais. A cuestión e salvar calquera cousa, agás a natureza.
Como imos ter unha sociedade concienciada, se non temos políticos concienciados.
