11/05/ 2008

A UE ve irregularidades na concesión de explotacións no Courel

A Unión Europea (UE) alertou da existencia de catro concesións de explotación de lousa no Lugar de Interese Comunitario (LIC) Ancares-Courel, incluído na Rede Natura 2000, que incumpren varios artigos da normativa sobre a protección do medio ambiente que ten que acatar de forma obrigatoria todos os estados membros. Trátase dunha canteira situada no Courel e doutras tres situadas no municipio de Quiroga. (Publicado polo xornal o progreso)
(more…)

01/04/ 2008

ADEGA alerta sobre os impactos ambientais e os riscos de encher de auga as minas das Pontes e Meirama

Filed under: Augas e Ríos

Destacados expertos/as apontan as incertidumes duns proxectos experimentais que só resultan rendíbeis para as empresas promotoras

 O proxecto de enchido forzado con auga dos ocos das explotacións de lignito de As Pontes e Meirama amosan incertidumes e riscos non suficientemente avaliados. O catedrático de Xeoloxía e director do Instituto de Universitario de Xeoloxía, Xoán Ramón Vidal Romaní, sinala o feito de que tanto a bacía de As Pontes como a de Meirama atópanse sobre fallas activas que poderían provocar un incremento da actividade sísmica polos millóns de m3 de auga dos lagos.


 

A caza do pombiño contamina a ría con chumbo nunha zona natural protexida

Carta aberta aos veciños e veciñas de Ogrobe
O campionato de tiro ao pombiño que se celebra anualmente na illa da Toxa é unha fonte importante de contaminación da ría de Arousa debido ao chumbo que conteñen os perdigóns.


 

27/03/ 2008

ADEGA mostra a súa satisfacción polo compromiso da Xunta de informar desfavorablemente ao encoro de Navia

Filed under: Augas e Ríos, Enerxía

agarda que, ademais, se comprometa en solicitar do Governo Central a caducidade da concesión.


Dende o compromiso dunha organización ecoloxista que levamos anos insistindo en que os nosos ríos e o conxunto de Galiza xa teñen pagado impactos dabondo pola xeneración de enerxía eléctrica; dende o compromiso dunha asociación ecoloxista que, xa dende a súa mesma fundación, non tén reparado en esforzos e recursos para impedir, en colaboración con todos os veciños da comarca e concello de Navia, a construcción do Gran Suarna primeiro e do Peñamil e o Suarna despois, temos que declararnos enormemente satisfeitos por esta declaración do Governo Galego: para nós trátase dun acto de xustiza, antes de nada, con todos os veciños e veciñas (moitos xa falecidos) que, xa dende o mesmo 22 de Xullo do 1.939, e sobre todo a partir do 1.963, en que se inician as obras e as expropiacións para o encoro do Gran Suarna, foron quen de manterense firmes na loita contra deste proxecto megalómano que no seu día mesmo pretendía asulagar a mesma vila da Póvoa de Navia coa súa ponte romana, o seu castelo medieval, e, con estes, toda a riqueza económica e os recursos naturais máis valiosos da comarca. Esta constancia na loita, esa decidida vontade de sobrevivir, capaz incluso de conquistar a vontade das institucións franquistas (como a Hermandad de Labradores e o concello de Navia que xa no seu día se manifestaron contra do proxecto do anos 63), ben merecía que o seu esforzo viñera a ser recoñecido. E dende ADEGA entendemos que esta declaración do governo galego en contra deste novo proxecto de Hidroeléctrica del Cantábrico e Electra del Viesgo, aínda que indirectamente, é un recoñecemento ao esforzo de todos e todas os que, dende o seu traballo ou dende as institucións, lograron paralizar (primeiro no 1.963 e logo, continuadamente, no 1967, no 1974-1975, no 1985 ou no 1.993) este proxecto de encoro.

 

12/03/ 2008

Chuvia de denuncias ante UE pola política ambiental de Galiza

Filed under: Augas e Ríos

Famosa foi a sentencia pola contaminación da Ría de Vigo que a UE determinou pola falta de actuacións para eviatala (hoxe en suspensión provisional á espera das actuacións de emerxencia emprendidas polo bipartito), despois chegou a Sentencia do Tribunal das Comunidades Europeas, pola escasez de espazos protexidos, e concretamente pola falla de Zonas de Especial protección para as AVES (ZEPAS) e agora admite a estudo a denuncia polo acontecido no encoro de Fervenza.

Curiosamente, este encoro é xestionado pola empresa Ferroatlántica, a cal recemente se lle concedeu o Certificado de Calidade Ambiental (autorización ambiental integrada, ver o País) e que ademáis, é sospeitosa da crónica contaminación da ría de Corcubión (unha investigación que comenzou na época do PP para determinar o seu orixe, e foise prolongando no tempo e que aínda estamos á espera de resultados), por certo, tamén denunciado polos mariñeiros da zona ante a UE. Este é un exemplo da política ambiental galega.

Parece que a única política ambiental existente, e a que vai promulgando as sentenzas chegadas de Bruxelas, pois en Galiza esta é a última do Consello da Xunta. Seguimos a ter uns dirixentes na que a prosperidade, mídese pola cantidade de natureza que destruimos.
(more…)

07/03/ 2008

Verdegaia denuncia un novo verquido nas Ribeiras do Louro

 Verdegaia vén de denunciar ante a Confederación Hidrográfica do Norte e perante o Concello do Porriño que o pasado día 1 de marzo de 2008 se realizou un verquido de sustancias químicas a un afluínte do río Louro no termo municpal do Porriño (Pontevedra) nas coordenadas Lat.: 42° 7’ 8.45’ N, Lonx.: 8° 37’ 37.59’, X: 530822.91, Y: 4663150.15 que deixaron o citado curso de auga de cor azul clara e sen aparente rastro de vida acuática como se aprecia na foto que se adxunta.

Ó mesmo tempo, dende a nosa asociación exisimos que se esclareza a autoría deste verquido e se sancione dacordo coa legislación vixente ó infractor así como que se tomen as medidas necesarias para que non se realicen máis verquidos nese curso de auga


 

05/03/ 2008

O Colectivo ecoloxista do Salnés insta ao Concello de Sanxenxo a non menospreciar a lexislación ambiental.

Filed under: Augas e Ríos

Para o CES o interese pola conservación do medio ambiente demóstrase con feitos, e  respecto ao Plan Especial de Infraestruturas e Dotacións do Revel, en Vilalonga o único que quedou demostrado é a total  falta de respecto pola lexislación ambiental por parte dos gobernantes do Concello de Sanxenxo e a Deputación de Pontevedra.
 

04/03/ 2008

Sociedade de Vigo súmanse á Xornada Internacional dedicada ás vítimas do paramilitarismo e contra os crimes de estado en Colombia

Filed under: Augas e Ríos

Altermundo, Amarante, Caleidoskopio, Fuga em Rede, GAS e Verdegaia denuncian co acto o 6 de marzo á política exterior do Goberno Central permisivo coas violacións de Dereitos Humanos do Goberno colombiano.
 

03/03/ 2008

Nace a Plataforma Galega Anti-transxénicos

Filed under: Augas e Ríos

Este venres 29 de febreiro de 2008 constituiuse en Galiza a Plataforma Galega Antintransxénicos, coincidindo cunha xornada de divulgación e debate sobre os perigos dos organismos modificados xenéticamente (OMX´s). Reunímonos no concello de Lalín vinte organizacións sociais galegas para iniciarmos o camiño que nos haberá de levar á consecución do obxectivo final: a declaración de Galiza zona ceibe de transxénicos. Na reunión deste venres establecéronse as principais liñas de traballo que a Plataforma Galega Antitransxénicos (OMX´s) levará a cabo (segue…)
 

Nova denuncia da APDR contra ENCE por recheos nas balsas de decantación

 
A Asociación Pola Defensa da Ría ven de presentar unha nova denuncia –a terceira diante da Dirección Provincial de Costas, a segunda diante da Consellería de Medio Ambiente- contra ENCE polo recheo parcial, ilegal, da balsa de decantación número 4 do complexo industrial de Lourizán.
 Balsa 4 (centro) antes  

As denuncias que ten presentado a APDR foron estudadas e rexeitadas por ambas administracións que responderon á APDR cos argumentos da empresa; nas resolucións da Subdirección Provincial de Costas contéstase cunha cartas do director do Complexo Industrial de ENCE SA, Félix Pérez Gayol que chega a afirmar que "en ningún caso se trata dun recheo na zona tal e como se menciona na denuncia"
 

ADEGA participa nas II Xormadas do proxecto ‘’FOGARES VERDES'’

 
 ADEGA ven de participar nas II Xornadas de intercambio de experiencias de "FOGARES VERDES" que tiveron lugar os días 27 e 28 de febreiro en Madrid. O programa FOGARES VERDES fai parte dunha iniciativa en rede estatal para a promoción de aforro no fogar e de loita contra o cambio climático a nível doméstico. Este programa está a piques de botar a andar en Compostela grazas a un convenio asinado por ADEGA, o INEGA e a Concellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sustentábel de Santiago. Esta xuntanza foi unha boa unha oportunidade para coñecer e aprender de aqueles/as que levan xa máis de un ano traballando neste proxecto.
 

O encoro proxectado en Navia de Suarna afectará a numerosas especies protexidas

Filed under: Augas e Ríos

ADEGA rexeita este proxecto por ter un impacto ambiental “inadmisíbel”


 O encoro que a empresa Saltos del Navia CB pretende construir nos concellos de Ibias, A Fonsagrada e Navia de Suarna afectará a un espazo de grande valor ecolóxico con numerosas especies protexidas.
 O encoro que a empresa Saltos del Navia CB pretende construir nos concellos de Ibias, A Fonsagrada e Navia de Suarna afectará a un espazo de grande valor ecolóxico con numerosas especies protexidas.

 

28/02/ 2008

ADEGA e Proxecto Ríos comezan o ROTEIRRÍOS 08

Filed under: Augas e Ríos

   
Roteirríos é un programa de itinerarios organizado polo Proxecto Ríos que pretende unir ríos e persoas. Continuamos coa andaina iniciada o ano pasado tentando achegar os cursos fluviais á cidadanía nun ambiente lúdico, así como dar a coñecer o patrimonio natural, cultural e social asociado. Ríos + Rede Natura: na edición de 2008 ímonos achegar a ríos que estean incluidos na Rede Natura, para coñecer os seus valores e as súas ameazas: LIC río Tambre (8 de marzo); LIC Parga-Ladra-Támoga (26 de abril); LIC Macizo Central (24 de maio).
 

26/02/ 2008

Verdegaia denuncia que continúan as agresións ó L.I.C. das Gándaras de Budiño e Ribeiras do Louro

Filed under: Augas e Ríos

Biodiversidade e Espazos NaturaisVerdegaia quere denunciar que, lonxe de finalizar, están a aumentar as agresións ambientais no L.I.C. das Gándaras de Budiño e Ribeiras do Louro.

 

25/02/ 2008

Os vertidos de augas residuaus do concello da Cañiza ameazan especies en perigo de extinción.

Filed under: Augas e Ríos

 

Son varias as especies que se ven afectadas pola degradación da calidade da auga do río Deva. Entre elas a saramaganta o sapoconcho común e a auganeira


    De persistir a contaminación producida polos vertidos industrias e urbanos que a través dos colectores municipais van parar ao río Deva, especies protexida, incluídas no libro vermello de especies ameazadas, poderían desaparecer do seu hábitat. A degradación da calidade da auga, que se agrava nos meses de verán e principios do outono, cando a carga contaminante que emiten os colectores municipais sofre unha menor dilución ó baixar o río con menos caudal, pon en risco a supervivencia na zoa de especies de gran valor pola súa rareza.
                                                                          

22/02/ 2008

La asamblea de agricultores estima insuficiente la propuesta de la Xunta para reducir la ZEPA

Filed under: Augas e Ríos

Esta nova recen publicada pola edición dixital do xornal, La Región ven a demostrar que por parte dos labegos das terras da Limia, non teñen en negociar unha zona protexida interesante para o Patrimonio Natural Galego, e do Continente Europeo, e o que queren e que non se cumplan as sentencias que lle obriga á Xunta declarar ZEPA parte da Limia, e dicir, que non se lle faga caso á xustiza.
(more…)

19/02/ 2008

Roteiro pola Ribeira Sacra: a xestión da auga

Seguindo co programa de roteiros 2007-2008 de ADEGA-Lugo, este domingo 24 de febreiro achegarémonos ás terras de Chantada, na Ribeira Sacra, en pleno Val do Miño, cun roteiro a carón dos encoros de Belesar e dos Peares. Cruzaremos en barca o río máis importante de Galiza para, alén de desfrutar dunha xornada en contacto coa natureza, reivindicar unha mellor xestión da auga en Galiza. Os usos domésticos, ambientais e agrogandeiros deben prevalecer sobre os enerxéticos!
 

12/02/ 2008

A “APDR” inicia a recollida pública de alegacións contra a concesión da “Autorización Ambiental Integrada” a ENCE.

A “Asociación Pola Defensa da Ría” de Pontevedra ven de iniciar a recollida pública de alegacións contra a concesión da Autorización Ambiental Integrada á fábrica de ENCE en Lourizán por entender que a presencia do complexo industrial ENCE-ELNOSA na nosa Ría impide o desenvolvemento sustentábel da nosa bisbarra (un desenvolvemento que ten que vir da man da explotación racional dos recursos marisqueiros, pesqueiros, forestais e turísticos) e afecta negativamente ao medio ambiente, aos recursos naturais e á saúde e calidade de vida das persoas. Entende tamén a APDR que a concesión da AAI a ENCE suporía a consolidación do complexo na súa actual ubicación, algo que é rexeitado na actualidade pola inmensa maioría da poboación da bisbarra pontevedresa.
 

O CES nega ningún tipo de pacto ou intercambio sobre a EDAR

Filed under: Augas e Ríos, Litoral

O Colectivo Ecoloxista do Salnés quere manifestar, entorno a recentes declaracións aparecidas nos xornais sobre o proxecto de EDAR de O Grove, o seguinte:

 

08/02/ 2008

Verdegaia apresenta alegacións ó anteproxecto de sistema de colectores xerais e nova E.D.A.R. en O Grove.

Filed under: Augas e Ríos

Verdegaia vén de apresentar alegacións ó anteproxecto de sistema de colectores xerais e nova E.D.A.R. en O Grove que xeraría importantes impactos sobre o patrimonio natural, socioeconómico e paisaxístico.

A Xunta incumpre o seu compromiso de presentar un Plano de Redución das Emisións de Gases de Efecto Invernadoiro

Verdegaia propón un decálogo de medidas contra o cambio climático

A asociación ecoloxista Verdegaia denuncia que a Xunta continúa sen cumprir o seu compromiso de presentar un Plano de Redución das Emisións de Gases de Efecto Invernadoiro (GEI). O último prazo superado para a presentación deste Plano, anunciado en numerosas ocasións desde o comezo da lexislatura e sucesivamente adiado, foi o do 1 de xaneiro, fixado na Estratexia Española de Cambio Climático e Enerxía Limpa (EECC e EL). Verdegaia esixe que non se atrase máis a presentación do Plano e propón á Xunta 10 medidas relevantes para reducir as emisións de gases causantes do cambio climático.

Verdegaia organiza un roteiro pola Foz do Miñor e “Devesa da costa”

Verdegaia organiza un roteiro pola Foz do río Miñor e pola “Devesa da costa” (concellos de Nigrán e Baiona) o vindeiro domingo 10 de febreiro.

07/02/ 2008

8-2-8: proxección de ‘’O salario do silencio'’

Verdegaia-Vigo organizará unha proxección do documental “O salario do silencio”

 

 

ADEGA recomenda outras alternativas ao coleccionismo de animais

Filed under: Augas e Ríos

Sobre a distribución masiva de insectos e arácnidos no coleccionábel “Bichos”. Esta colección ofrece semanalmente exemplares reais de insectos e arácnidos de todo o mundo, xunto a outros de materiais didácticos. Ao parecer, os exemplares proceden de criadeiros, en ningún caso especies protexidas ou en perigo de extinción. Sen cuestionar o valor informativo desta colección, ADEGA cuestiona este modelo de Educación Ambiental baseada no coleccionismo de fauna e flora, que debería estar reservada a museos e determinadas institucións científicas. En Galiza, entidades como o Museo de Historia Natural Luis Iglesias, da USC, cumpren perfectamente esta función.

Posible traslado da planta de Ence-Elnosa a As Pontes

Verdegaia oponse rotundamente ao traslado da planta de Ence-Elnosa dende Pontevedra a As Pontes por tratarse dunha industria altamente contaminante que ademais xa foi condenada por delito ecolóxico. Considera ademais que este tipo de industrias xa non teñen cabida en Galicia dentro dunha política de desenvolvemento sostible, polo que a única vía posible é o seu peche definitivo.
 
 

30/01/ 2008

A cara oculta das piscifatorías (IV): peixes ‘’ecolóxicos'’ con antibióticos de porcos

Filed under: Augas e Ríos

 Nunha recente visita á piscifatoría de troitas do grupo Isidro de la Cal en Carballo, a Conselleira de Pesca puña esta instalación como un "exemplo" polas súas condicións de "cultivo ecolóxico".

Membros das plataformas que acudiron a expresar o seu rexeitamento contra o Plano Acuícola puideron constatar a presenza nos terreos da piscifatoría de numerosos restos de envases de PARACILLIN, un antibiótico cuxo principio activo (trihidrato de amoxiciclina) se usa tamén en humanos, alén de polos e porcos. Vaites coas troitas ecolóxicas!
 
 

15/01/ 2008

Novo intento de Iberdrola por furar o canón do Sil

 Logo dun primeiro intento o ano pasado denunciado por ADEGA e rexeitado polo Ministerio de Medio Ambiente, Iberdrola "contraataca" con un proxecto similar (Santo Estevo II) para construir unha central hidráulica soterrada no Sil. Iberdrola teima en furar o macizo granítico da marxe esquerda do río, facer unha caverna e quilómetros de túneis para turbinar a auga nunha central baixo o macizo. Contra o que poidera parecer, unha central soterrada non evitará o enorme impacto que provocarán 5 anos de obras na morfoloxía e a diversidade natural do canón do Sil. Hai quen segue crendo ter "dereito de pernada" sobre o noso patrimonio natural.
 
 

14/12/ 2007

ADEGA denuncia unha illa fluvial amurallada en Fornelos de Montes

Filed under: Augas e Ríos


As obras denominadas restuaración ecolóxica son un atentado medioambiental

ADEGA condena as obras no río Oitavén, en Fornelos de Montes, por consideralas un grave atentado contra o ecosistema fluvial e ripícola. Amurallouse unha illa no río á ribeira dereita, enchendoa con maretiais dragados do leito do río para nivelar o terreo co murallón, talándose grande parte da vexetación autóctona de ribeira, tanto arbórea como arbustiva.

13/12/ 2007

Camelle NON se vende, e Merexo mobilízase contra o Plano Acuícola

A veciñanza de Camelle e Arou non está disposta a quedar arrodeada por 318.000 m2 de piscinas de cemento e lonas negras. ADEGA expuxo os seus argumentos contra o Plano Acuícola no decurso dun multitudinario acto este día 12 en Camelle, e a conclusión foi unánime: CAMELLE NON SE VENDE! Tamén, este domingo 16-D a xente de Merexo (Muxía) convócanos a participar nunha CADEA HUMANA para escenificar o rexeitamento á ampliación da piscifatoría de Stolt até os 270.000 m2. Mobilízate en defensa do noso litoral!

12/12/ 2007

ADEGA solicita que a Declaración de Impacto Ambiental sexa negativa

Graves impactos na flora endémica e especies protexidas dos parques eólicos Muxía I e I

IADEGA ven de coñecer a resposta da empresa promotora ás alegacións contra os proxectos de parques eólicos Muxía I e Muxía II, que pretenden instalar 76 aeroxeneradores nas inmediacións do Cabo Touriñán. Os dous proxectos van supoñer unha brutal agresión un entorno litoral de especias valores naturais, que merecen ser protexidos e conservados.

05/12/ 2007

Ecoloxistas e colectivos sociais promoverán unha ILP en defensa do litoral

Filed under: Augas e Ríos

Logo da contundente mostra de dignidade popular en Corrubedo o pasado 4-N, coa Marcha Nacional pola Defensa do Litoral, as organizacións e colectivos contrarios ao Plano Acuícola manifestamos a nosa firme vontade de seguir defendendo a dignidade da nosa terra fronte ás ameazas da especulación e os proxectos insustentábeis. Para conquerir estes obxectivos, alén de seguir exercendo novas accións lexítimas e non violentas de presión anunciamos que imos presentar unha Iniciativa Lexislativa Popular en Defensa do Litoral –ILP– no Parlamento de Galiza. Mais

04/12/ 2007

Nova delegación comarcal de ADEGA en Valdeorras

Filed under: Augas e Ríos

Comeza a funcionar un grupo organizado na comarca para atender aos principais problemas ambientais

A Asociación pola Defensa Ecolóxica de Galiza (ADEGA) comezará a funcionar cunha delegación propia na comarca de Valdeorras e Viana coa idea de atender aos principais problemas ambientais da zona, que son moitos, e realizar actividades de educación ambiental e divulgación. Con esta son xa 13 as delegacións comarcais de ADEGA no territorio de Galiza. Para esta fin ADEGA contará con duas correspondentes que serán as responsábeis de levar adiante as actividades e representar á ADEGA na comarca. As correspondentes de ADEGA en Valdeorras son: María Folla Sotelo da Rúa e máis Dores Caperán García, do Barco.
 

27/11/ 2007

Verdegaia demanda que se resolvan os inconvenientes ambientais que presenta a depuradora sur da ría de Ares antes de executar o proxecto definitivo.


En relación á nova sobre á contratación da redación do proxecto definitivo, execución e explotación da Estación Depuradora de Augas Residuais (E.D.A.R.) prevista en Punta Avarenta (Ares), queremos lembrarlle á Xunta de Galicia que todavía non se contestaron ás alegacións presentadas por particulares e entidades ao anteproxecto, entre elas as de Verdegaia, nas que, estando de acordo coa necesidade de depurar urxentemente as augas residuais dos concellos de Fene, Ares e Mugardos, vese necesario o afastamento da E.D.A.R. da ribeira da ría, así como a súa integración no contorno natural, co obxecto de reducir ao máximo posíbel o impacto ambiental de dita instalación sobre a Rede Natura (L.I.C. "Costa Ártabra") e sobre a marxe norte da Ría de Ares que a propia Xunta de Galicia propón incorporar á Rede de Espazos Naturais Protexidos, comprendida entre Punta Avarenta e Punta do Castelo.

24/11/ 2007

Desfeita no Suído

Filed under: Augas e Ríos

O Servizo de Infraestruturas Agrarias da Consellería do Medio Rural destrúe parcialmente unha turbeira (hábitat prioritario segundo a Directiva 92/43 CEE) nas obras dunha nova captación de auga

21/11/ 2007

A Asemblea do Suído amosa que o Concello de Covelo incumpre as bases do programa “Núcleos de Sostibilidade Integrada”

A Asemblea do Suído insta á Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostíbel e ao Concello de Covelo a que se expliquen polo incumprimento das bases do programa “Núcleos de Sostibilidade Integrada”. Máis na páxina da FEG

17/11/ 2007

Nace a rede ‘’GALIZA NON SE VENDE'’

Filed under: Augas e Ríos

As organizacións e colectivos que conformamos a Rede Litoral Vivo, entendemos necesario estender a rede cidadá para incorporar a outras plataformas e entidades cívicas cuxo principal obxectivo é acadar unha xestión máis sustentábel e solidaria dos nosos recursos naturais e pular por unha ordeación do territorio racional e socialmente xusta. Alén do litoral, hoxe están ameazados grande parte do noso patrimonio natural, histórico, etnográfico e mesmo os xeitos de producción propios, pola extensión dun modelo económico insolidario e depredador ao servizo dos intereses capitalistas e especulativos. Máis

13/11/ 2007

Ante a seca, ADEGA demanda medidas estructurais na xestión da auga

Filed under: Augas e Ríos

O Observatorio da Sostenibilidad en España indica que nos últimos 75 anos a disminución de precipitación foi case dun 10%.

O grave episodio de seca que estamos a viver nestes meses na Galiza non é un suceso puntual, pola contra vense engadir aos que xa sufrimos nos últimos anos. Lamentablemente a problemática da auga só está de actualidade durante as épocas de seca, e deixao de estar unha vez chegadas as chuvas, é decir unha vez “solucionado o problema”. Máis premendo eiquí

11/11/ 2007

Catástrofe ecolóxica no Xallas: a Xunta paga a súa permisividade con Villar Mir

Filed under: Augas e Ríos

 

 Diante da grave situación que atravesa o encoro da Fervenza, no Xallas, con evidentes irregularidades e continuos incumprimentos dos caudais ecolóxicos que xa deixaron milleiros de peixes mortos, a Xunta ven de anunciar a apertura dunha investigación. No entanto, ADEGA lembra que en xullo deste ano, a Xunta concedeu 3 novos aproveitamentos a Ferroatlántica, enaxenando de facto o treito final do Xallas a Villar Mir. Con estes, son xa 8 centrais hidroeléctricas 4 encoros nun treito de 9 km de río, por non falar do "secuestro" dunha das marabillas naturais de Europa: a fervenza do Xallas no Ézaro.

Máis premendo eiquí 

Que dí a prensa
(more…)

08/11/ 2007

As cancelas do Monte

A Consellería de Medio Ambiente anunciaba o derribo do cercado en maio deste ano. Logo das xestións acordadas entre esta administración e a empresa explotadora do coto de caza, Tecsagés, quedaba conveniado o levantamento do citado cercado por considerar que se estaban causando prexuízos a unha zona de alto valor ecolóxico nomeada Lugar de Importancia Comunitaria.
Isto é unha denuncia feita por amigos da terra onte, e que non podemos facer outra cousa que unirnos a dita demanda.
Últimamente,  estase a facer con moita facilidade o de por cancelas ao monte…
(more…)

05/11/ 2007

Corrubedo 4-N: Marea de Dignidade

Filed under: Augas e Ríos

Este pasado día 4, milleiros de persoas démonos cita en Corrubedo para defender a costa da barbarie depredadora das transnacionais do peixe que queren ocupar máis de 3 millóns de m2 dos nosos espazos costeiros millor conservados. Os máis de 50 colectivos cívicos reclamamos á Xunta a retirada dun Plano Acuícola insolidario e insustentábel e máis atención aos nosos recursos naturais. Sra. Conselleira: A COSTA É GALEGA E NON DE NORUEGA!. Clica para ver as fotos do acto.

(more…)