01/04/ 2008

A caza do pombiño contamina a ría con chumbo nunha zona natural protexida

Carta aberta aos veciños e veciñas de Ogrobe
O campionato de tiro ao pombiño que se celebra anualmente na illa da Toxa é unha fonte importante de contaminación da ría de Arousa debido ao chumbo que conteñen os perdigóns.


 

12/03/ 2008

ADEGA e ‘’Matar por matar, NON!'’ denuncian a manipulación dos censos de caza

Filed under: Denuncia, Caza e Pesca

A manipulación dos censos de caza é clara e xeralizada. ADEGA e “Matar por Matar Non” estudaron os Planos de Ordenación Cinexética (POC) de dous TECORes, un de Ourense e outro de Pontevedra, confirmando a falsidade dos datos que regulamentan a presión cinexética nestes espazos. En teoría, os datos dos censos obtéñense mediante avistadores que realizan percorridos de varias horas e anotan o número de animais das distintas especies que avistan. Sorprendentemente, a análise destes POCs reflicte que o número de avistamentos de perdices, raposos, xabaríns e corzos acada cifras absolutamente incribles.
 

11/02/ 2008

Competicións de caza de raposos sen permisos da Administración

Fin de semana de matanzas nos montes Galego

   Rematada a tempada de caza, e na que a maioría das especies están en plan época celo e cría, a Federación Galega de Caza está a organizar campionatos de caza de raposo sen os pertinentes permisos nin os pertinentes anuncios. Isto pon en perigo tanto ás especies, non so as especies (e non so as cinexéticas), se non tamén a  poboación en xeral que quere exercer o seu dereito de uso e disfrute do monte os fin de semana.
                                                                                  

10/12/ 2007

Caza! Fora da Lei?

Filed under: Caza e Pesca

Esta nova, non é un caso puntual que acontece polas terras de Ourense, ou a unhas persoas (Mata por matar non) por estar en contra desta actividade a caza. Lendo esta nova na súa bitácora, lembro o que lle aconteceu ao meu pai non hai moito en Compostela, perto do que era de aquela os desmontes da cidade da cultura ao pasar por baixo dunha das pontes da autoestrada.

Un domingo, coma case todos os domingos, foi pasear polo monte Viso. Ao cruzar a mencionada ponte, veuse no medio dun tiroteo duns cazadores, que posiblemente, ante o fracaso do día de caza, a tomaron cun miñato (especie non cazable). Estes grandes deportistas que xogaban fora do campo da súa actividade 8lembramos que a carón dun estrada está prohibido a caza, ata 100m.), marcharon sen pedir perdón.

Isto foi o acontecido  o que lles aconteceu aos de Matar por matar non.

(more…)

Cantos contaminantes inxerimos cos peixes? Calcúlao!

Filed under: Litoral, Caza e Pesca

A Universidade Rovira i Virgili ven de presentar un programa informático, o RIBEPEIX (zip 1.74 MB), que permite calcular a inxesta de contaminantes segundo o tipo e cantidade de peixe que inxerimos. Tamén permite avaliar os beneficios derivados da inxesta de ácidos grasos Omega-3, através destes alimentos. O programa está deseñado como un instrumento para optimizar de forma individual o consumo de peixe e marisco: selección das especies con maior contido en omega-3 e menores níveis de contaminantes, óptima frecuencia de consumo e cantidade idónea consumida.  

09/12/ 2007

Apoia as mobilizacións do 15 de decembro convocadas por “Matar por Matar Non”

ADEGA apoiará e participará nas mobilizacións contra “Liga Popular da Caza do Raposo” de Escairón (O Saviñao-Lugo) este vindeiro sábado 15 de decembro. A cita é ás 10h fronte á casa do Concello de O Saviñao en Escairón, para logo partir ao monte e voltar ás 13h cunha concentración diante do concello.

A Plataforma Matar por matar non, ven de denunciar a ilegalidade destas “matanzas” está fundada, principalmente, no exceso de individuos que, segundo os tecores, existen desta especie. Tamén se fundamenta en que, o número de raposos a ser abatidos neses “campionatos”, está sempre dentro dos cupos, autorizados por Medio Ambiente, que teñen outorgados os tecores para ese ano.

08/11/ 2007

As cancelas do Monte

A Consellería de Medio Ambiente anunciaba o derribo do cercado en maio deste ano. Logo das xestións acordadas entre esta administración e a empresa explotadora do coto de caza, Tecsagés, quedaba conveniado o levantamento do citado cercado por considerar que se estaban causando prexuízos a unha zona de alto valor ecolóxico nomeada Lugar de Importancia Comunitaria.
Isto é unha denuncia feita por amigos da terra onte, e que non podemos facer outra cousa que unirnos a dita demanda.
Últimamente,  estase a facer con moita facilidade o de por cancelas ao monte…
(more…)

03/07/ 2007

Os organizadores do campionato do tiro ao pombiño están a incumplir as condicións de autorización do evento.

Este ano, tras unha ampla polémica social, a Consellería de Medio Ambiente e a Subdelegación de Goberno  deu a autorización á Federación de tiro ao vuelo  e aos promotores hosteleiros de A Toxa (Hotel Hesperia) para a celebración do “Campeonato de Tiro al pichón” nos días 6 ao 15 de xullo.
(more…)

16/04/ 2007

67 raposos vivos

 

 

Campaña de devolución ao monte dos 67 raposos, matados na IV copa nacional da caza do raposo celebrado no Carballiño en febreiro deste ano.

En colaboración con 12 persoas maiores da Residencia Nosa Sra. das Dores de Lalín, Voluntarios do Deza e Sobreira.

28/03/ 2007

Os “campionatos” de caza non son deporte: non máis subvencións públicas!

Filed under: Caza e Pesca

O colectivo cívico Matar por matar, NON! do que forma parte ADEGA, ven de remitir unha carta á conselleira de Cultura solicitándolle que non continúe a subvencionar os mal chamados "campionatos" de caza coa excusa de que é unha actividade deportiva máis. Estes "eventos" están nas antípodas do que representa o deporte como veículo educativo e de transmisión de valores cívicos (igualdade, solidariedade, respecto polo ambiente…) Competindo por ver quen mata máis seres vivos, que tipo de valores estamos a transmitir á nosa mocidade?

(more…)

27/03/ 2007

Autorízase o transporte e solta de 20 corzos procedentes de Francia para prácticas cinexéticas nunha finca de Aranga

Unha medida que atenta contra a conservación da biodiversidade

A Federación Ecoloxista Galega dirixiu hoxe un escrito á Consellería de Medio Ambiente para que dea explicacións sobre que criterios e quen foi o responsable da autorización administrativa para transportar e soltar nun peche cinexético ata 20 corzos procedentes de Francia.

(more…)

14/03/ 2007

Protección do lobo en época de celo

Recentemente varias Asociacións e o  propio Concello de As Pontes solicitaron autorización  a Consellería de Medio Ambiente para exterminar o lobo en plena época de celo no Concello de As Pontes, debido a supostos danos ocasionados pola especie. Guerrilleir@s das Fragas-FEG solicitoulle o departamento autonómico encargado de velar pola conservación das especies,  que non autorice estas batidas así como o establecemento de medidas extraordinaria de vixilancia na zona, para evitar atentados contra o lobo. Tamén aproveitouse a ocasión para  reclamar un sistema de compensación rápida e eficaz dos danos do lobo, sobre todo naqueles tristes casos onde os recursos económicos familiares dependen en gran medida do gando danado, cousa rara  nun pobo industrial como As Pontes onde a maioría dos  propietarios do gando son prexubilados de ENDESA con unha economía sustentada en gran medida por tódolos contribuíntes e non no gando.

(more…)

17/02/ 2007

O CES condena o campeonato Nacional de caza do raposo no Carballiño

O domingo 18 de febreiro de 2007, no Carballiño, vaise celebrar o IV Copa de España de Caza do Raposo. Ante esta “celebración” varios colectivos ecoloxistas e sociais englobados na Plataforma “Matar por matar NON” (na cal non está integrada o CES por non comprender a nosa área de actuación territorial pero na que si coincidimos e apoiamos nos seus obxectivos) declararon públicamente o seu rexeitamento con varias accións: concentración na praza maior de Carballiño o 4 de febreiro (á que asistiron centos de persoas), edición de carteis e pegatinas que se poden ver na maior parte dos establecementos públicos de Carballiño e comarca, manifestos, notas de prensa, debates en televisións locais e autonómicas… Esta campaña complementarase cunha acción de repulsa deste tipo de campionatos de caza o propio día da súa celebración que consistirá en que todos aqueles que queiran asistir teñen que presentarse diante do Concello de O Carballiño entre as 6 e as 13 h da mañan do día 18 e cubrir un impreso cos seus datos para comprometerse a participar de forma pacífica.

(more…)

16/02/ 2007

O Comité provincial de caza de Ourense solicitará ao Comité Galego, que non se cace raposo no mes de febreiro o ano que ven.

A cara máis amarga da caza en Galicia

A FEDERACIÓN ECOLOXISTA GALEGA puido saber que no comité de caza de Ourense solicitará ao Comité Galego de Caza que na próxima orde de Vedas 07-08, no se estenda a caza de raposo ao mes de febreiro, en calquera das súas modalidades, incluída as competicións. Esta cuestións foi aprobada pola maioría dos asistentes. (more…)

05/02/ 2007

Medio milleiro de persoas concentráronse en Carballiño contra o torneo de caza do raposo

A Praza Maior de Carballiño acolleu ao mediodía de onte a concentración convocada por grupos ecologistas e o movemento social "Matar por matar, non" en contra do campionato nacional de caza do raposo que se disputará o día 18. Medio milleiro de persoas chegadas de toda Galicia participaron na movilización e expresaron con pegatinas e pancartas o seu rexeitamento a este torneo.

(more…)

01/02/ 2007

CONCENTRACIÓN DE PROTESTA contra a “IV Copa de España de caza do raposo”

 MANIFESTO "MATAR POR MATAR, NON"

 

Na vila do Conselleiro de Medio Ambiente da Xunta de Galiza vaise celebrar o día 18 de febreiro a IV Copa de España de Caza do Raposo.

(more…)

25/01/ 2007

Posicion de ADEGA a respeito dos ultimos datos presentados aos medios pola consellería de medio ambiente sobre ataques de lobos

Dende ADEGA (Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza) queremos manifestar o seguinte:

(more…)

22/01/ 2007

Os ecoloxistas irán ao monte a facer ruido para frustrar a caza do raposo no Carballiño

Filed under: Caza e Pesca

Voluntarios ecoloxistas de toda Galiza desprazaranse o próximo 18 de febreiro aos montes de O Ribeiro e Carballiño co fin de impedir a celebración dun torneo nacional de caza do raposo. Este foi un dos acordos acadados na asamblea de representantes dos grupos naturalistas, ademáis da elaboración dun manifesto e a convocatoria dunha concentración dentro de dúas semanas na vila do Arenteiro. máis en La Región

16/01/ 2007

Os 13 campionatos oficiais de caza de raposo a celebrar durante este mes aniquilaran cerca de douscentos animais.-

Filed under: Caza e Pesca

A cara máis amarga da caza en Galicia A FEDERACIÓN ECOLOXISTA GALEGA recibiu nos últimos días numerosas peticións de cidadáns para que trasladen as autoridades competentes, neste caso á Consellería de Medio Ambiente, a grande consternación e impotencia ao ver en varios medios de comunicación ringleiras de raposos sacrificados, ata 37 no último Campionato provincial de Pontevedra celebrado en Rodeiro, no que se pode considerar coma “matanzas indiscriminadas” de raposos, suxeitas a un baleiro legal inexplicable á vista da grande mobilización de escopetas e número de animais que se sacrifican.

(more…)

13/01/ 2007

Campionato de España de caza do raposo: até cando esta barbarie?

Filed under: Caza e Pesca

Malia a termos sofrido a vaga de lumes máis devastadora da historia, concellos como O Carballiño coa connivencia da Consellería de Medio Ambiente, apoian e consinten que se celebren acontecementos tan desafortunados como a "IV Copa de España de caza do Raposo". ADEGA lamenta a pouca sensibilidade ambiental dos responsábeis deste concello e do propio conselleiro de Medio Ambiente (ex-alcalde do Carballiño) que coa a sua actitude contribuen a empeorar o estado da maltreita fauna autóctona. É así como se xestiona a nosa biodiversidade?

(more…)

30/11/ 2006

A Federación Ecoloxista Galega presenta ante o Consello Galego de Medio Ambiente 48 preguntas nas que se piden explicacións sobre o rumbo da xestión da Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible.

A ORDEN DO DÍA NON INCLÚE TEMAS FUNDAMENTAIS PARA A EXECUCIÓN DUNHA CLARA XESTIÓN TERRITORIAL E AMBIENTAL

A Lei de protección do litoral, a Lei da de protección da Paisaxe, ou os orzamentos da Consellería son temas que non se tratan na orde do día.

(more…)

11/10/ 2006

ADEGA demanda medidas para a recuperación dos caladoiros galegos antes de inzar a costa de piscifactorías

Filed under: Litoral, Caza e Pesca

Ecoloxistas, mariñeiros e armadores denuncian práticas pesqueiras insustentábeis

 

 
A pesca baixura galega comeza a acusar as consecuencias dunha falta de control e planificación, que ameaza con deteriorar irreversíbelmente as poboacións e que xa afecta á rendibilidade das capturas. Nos últimos días, ADEGA ten recibido comunicacións de mariñeiros e armadores para denunciar prácticas pesqueiras irresponsábeis e ilegais.

(more…)

18/06/ 2006

Unha empresa cinexética de Ourense oferta a posibilidade de cazar un lobo por 3000 euros.

 A FEG denuncia que existe un descontrol absoluto en materia de caza e nas que continúan a darse prácticas escandalosas.

 

A FEG considera que a oferta realizada por unha das principais empresas cinexéticas de Ourense é a gota que colma o vaso na xestión da caza nesta provincia, e na que nos últimos anos se veñen dando situacións anormais relacionadas principalmente coa xestión de coutos e peches cinexéticos de caza maior. A FEG dirixe un escrito á Consellería de Medio Ambiente na que se pregunta cal é o papel exercido polos responsables do Servicio de Caza e Pesca da propia Consellería no tocante a autorizacións, controles, vixilancia e revisións administrativas das memorias técnicas de moitos dos TECOR desta provincia, e como se continúa facendo este traballo na actualidade, xa que os principais responsables continúan nos mesmos postos tratándose de cargos de libre designación. (more…)

18/02/ 2006

Informe da andaina en defensa do bidueiral de Montederramo

O Comité de Defensa do Monte Galego (CDMG) reitera que os danos producidos no ecosistema forestal “Bidueiral de Montederramo”, de non retirar o valado (peche con malla cinexética) e de non cambiar a explotación cinexética de caza maior, en pouco tempo serán irreversibles perdendo a provincia o mellor bosque autóctono con que conta dentro do seu patrimonio natural.

(more…)

10/02/ 2006

Aparecen tres lobos decapitados en montes do Concello de Rodeiro.

A Federación Ecoloxista Galega mostra a súa profunda indignación polo macabro suceso relacionado coa aparición de tres lobos decapitados en Rodeiro, tratándose dun acto delitivo moi grave contra a fauna salvaxe e que pon en evidencia a debilidade dos mecanismos establecidos para o fomento do respecto á fauna e medio natural en xeral.

(more…)

12/10/ 2005

A situación na que se atopa a caza en galicia cada vez é mais insostible e vai camiño da súa desaparición.

A Federación Ecoloxista Galega ante o inicio da temporada de caza en Galicia alerta que de continuar os vicios, abusos e permisividade que se ven practicando de xeito xeneralizado dentro da actividade cinexética galega para o inicio da próxima década atoparase nunha situación crítica de viabilidade e en claro Perigo de Extinción. (more…)






















Get free blog up and running in minutes with Blogsome | Theme designs available here