11/05/ 2008

A UE ve irregularidades na concesión de explotacións no Courel

A Unión Europea (UE) alertou da existencia de catro concesións de explotación de lousa no Lugar de Interese Comunitario (LIC) Ancares-Courel, incluído na Rede Natura 2000, que incumpren varios artigos da normativa sobre a protección do medio ambiente que ten que acatar de forma obrigatoria todos os estados membros. Trátase dunha canteira situada no Courel e doutras tres situadas no municipio de Quiroga. (Publicado polo xornal o progreso)
(more…)

06/04/ 2008

Transxénicos e o mundo ao revés

No día de hoxe, sae aos medios, unha de tantas discusións, entre as Consellerías que se disputan o Medio (Ambiente e Rural) aínda que o que desvela o País é o mundo ao revés.

Mentres que Medio Ambiente, gustaríame saber que información manexan para tomar esta postura, está a favor dos experimentos de tranxénicos en galiza, Medio Rural está en contra pois danaría á imaxe de agricultura de calidade e ecolóxica dos nosos produtos.
(more…)

05/04/ 2008

Veciñas e veciños afectados pola contaminación electromagnética nas Barxas (Moaña): entregáronse ao concello 832 asinaturas

Xosé Manuel Taboa Couso, en nome das veciñas e veciños afectados pola contaminación electromagnética de As Barxas (MOAÑA) entregou 832 asinaturas no rexistro xeral do Concello de Moaña, contra o conglomerado de contaminación electromagnética desta zona residencial en expansión; composta polas antenas base de telefonía móbil (recentemente ampliadas) da torreta do edificio de Telefónica e dun transformador ambas as dúas na Rúa Barxas, o que se suma as lindeiras liñas de media tensión.

 

04/04/ 2008

Hoxe entrégase a saúde pública unha nova petición de estudo epidemiolóxico

Esta mañá, Beatriz Diz, portavoz dos veciños de santa Lucía de Moraña afectados pola contaminación electromagnética, entregou vía rexistro a petición de devandito colectivo á Dirección Xeral de Saúde Pública de:

 

03/03/ 2008

Medio Ambiente autorizou a incineración de restos de coches no Oural

No mesmo lugar onde o TSXG prohibira queimar pneumáticos, a Consellería de Medio Ambiente autorizou á cementeira COSMOS S.A. a incinerar en probas durante 15 días 500 toneladas de resíduo lixeiro de fragmentadora de veículos fóra de uso (isto é tapicerías, plásticos etc.), amosando unha falta total de respecto polas decisións da xustiza. O tribunal fallara que que na cementeira de Oural non se poden incinerar rodas porque non se acadan as distancias de seguridade. A contaminación provocada pola queima destes resíduos é potencialmente maior que a xerada polos pneumáticos.
 

Nova denuncia da APDR contra ENCE por recheos nas balsas de decantación

 
A Asociación Pola Defensa da Ría ven de presentar unha nova denuncia –a terceira diante da Dirección Provincial de Costas, a segunda diante da Consellería de Medio Ambiente- contra ENCE polo recheo parcial, ilegal, da balsa de decantación número 4 do complexo industrial de Lourizán.
 Balsa 4 (centro) antes  

As denuncias que ten presentado a APDR foron estudadas e rexeitadas por ambas administracións que responderon á APDR cos argumentos da empresa; nas resolucións da Subdirección Provincial de Costas contéstase cunha cartas do director do Complexo Industrial de ENCE SA, Félix Pérez Gayol que chega a afirmar que "en ningún caso se trata dun recheo na zona tal e como se menciona na denuncia"
 

12/02/ 2008

A “APDR” inicia a recollida pública de alegacións contra a concesión da “Autorización Ambiental Integrada” a ENCE.

A “Asociación Pola Defensa da Ría” de Pontevedra ven de iniciar a recollida pública de alegacións contra a concesión da Autorización Ambiental Integrada á fábrica de ENCE en Lourizán por entender que a presencia do complexo industrial ENCE-ELNOSA na nosa Ría impide o desenvolvemento sustentábel da nosa bisbarra (un desenvolvemento que ten que vir da man da explotación racional dos recursos marisqueiros, pesqueiros, forestais e turísticos) e afecta negativamente ao medio ambiente, aos recursos naturais e á saúde e calidade de vida das persoas. Entende tamén a APDR que a concesión da AAI a ENCE suporía a consolidación do complexo na súa actual ubicación, algo que é rexeitado na actualidade pola inmensa maioría da poboación da bisbarra pontevedresa.
 

08/02/ 2008

A Xunta incumpre o seu compromiso de presentar un Plano de Redución das Emisións de Gases de Efecto Invernadoiro

Verdegaia propón un decálogo de medidas contra o cambio climático

A asociación ecoloxista Verdegaia denuncia que a Xunta continúa sen cumprir o seu compromiso de presentar un Plano de Redución das Emisións de Gases de Efecto Invernadoiro (GEI). O último prazo superado para a presentación deste Plano, anunciado en numerosas ocasións desde o comezo da lexislatura e sucesivamente adiado, foi o do 1 de xaneiro, fixado na Estratexia Española de Cambio Climático e Enerxía Limpa (EECC e EL). Verdegaia esixe que non se atrase máis a presentación do Plano e propón á Xunta 10 medidas relevantes para reducir as emisións de gases causantes do cambio climático.

17/01/ 2008

O forte temporal no mar arrastra ´chapapote´ ao litoral arousán

Filed under: Litoral, Contaminación

Este é o titular que sacou hoxe pola maña o Faro de Vigo. Pero a alrma saltou onte cando os ornitólogos, auténticos vixias das costas, mandan ao seu foro o aviso: máis de trinta aves de varias especies totalmente manchadas de fuel na enseada de Dena (Sanxenxo se non lembro mal), e menor nº no morrazo, e algunha na ría de Muros – Noia.

A cuestión é:
O lugar mais afectado, en chegada de chapapote foi a illa de Arousa e en menor medida zonas de mar aberto (A Lanzada ou Corrubedo non hai novas). Estamos diante dun fuel intelixente, que sabe dirixirse e entrar sen problema na ría de Arousa, esquivando o litoral do O Grove, a illa de Sálvora e os illotes asociados, foi casualidade, ou o vertido foi dentro da ría.

Por outro lado, fai dous meses, celebramos con todos os honores, o cabo de ano do Prestige, mellorouse algo desde entón?. ¿onde van os barcos polivalentes(menos un que si se sabe onde está), os radares para controlar os vertidos.

Supoño que será outro bo motivo para pedir competencias en salvamento e seguridade mariña. Pero, si foi dentro da ría, coma así penso, xa temos as competencias, e seguimos sin saber que facer.

O faro publicou:
(more…)

15/01/ 2008

Ecoloxistas en Acción e Verdegaia avalían a capacidade destrutiva dos 4x4

 Diante da crecente presenza destes vehículos nas cidades, Ecoloxistas en Acción elaborou un exhaustivo estudo baixo o epígrafe “4×4 = – Planeta”, traducido e presentado en Galicia por Verdegaia, que vén a demostrar a alta capacidade de destrución ambiental que posúen estes vehículos. Do informe despréndese que se ben os impactos que ocasionan estes vehículos son comúns a todos os automóbiles, o grao de incidencia dos mesmos é moito máis acusado nos 4×4.


 
 

29/11/ 2007

Verdegaia organiza unha charla e unha exposición sobre Cambio Climático


Instituto de Ensinanza Secundaria A Guía, en Teis, acolle dende a semana pasada ata o próximo martes 4 de Decembro unha exposición sobre Cambio Climático promovida pola asociación ecoloxista Verdegaia e a confederación ecoloxista estatal Ecologistas en Acción.

21/11/ 2007

Efectos do prestige (V. 3.0.0.)

O prestige segue de moda, e seguen a sair datos informes e estudos das súas consecuencias.
Primeiro foi o informe dos efectos causados nos voluntarios da limpeza; logo o estudo do CSIC e dos niveis de hidrocarburos en sangue nas gaivotas patiamarelas; e agora sae aos medios os efectos sobre os corvos mariños cristado. Este informe non é novo, e xa fora publicado no ano 2005 na revista Marine Ecology (ver resumo), e eu coñecino, o estudo, ao estar traballando unha tempada con un dos autores. O raro é que non se publicitara antes.
Atribúen este problema da redución reprodutiva a un dos peixes básicos na época de cría, o bolo, e a verdade é que, e por poñer un exemplo, antes do prestige na lonxa do Grove/Ogrobe (amiña misión e resolver este entorto) puxábase este peixe, e o ano pasado e este, na mesma lonxa non vin ningunha caixa (e nas mesmas datas, pura observación, non pretendo que sexa dogma).
Polo que o corvo mariño cristado nos está a dicir, que non todo está recuperado.
(more…)

20/11/ 2007

“un problema de todos” e chama á mobilización cidadá en defensa da “calidade ambiental e o dereito á saúde”.

ADEGA da Coruña sumarase á concentración convocada pola Asociación Veciñal dos Castros o próximo xoves diante á Autoridade Portuaria

A delegación coruñesa da Asociación para a Defensa Ecolóxica da Galiza (ADEGA) vén de decidir o seu apoio á decisión da Asociación Veciñal Oza –A Gaiteira –Os Castros de retomar a mobilización social contra os negativos efectos sobre o medio ambiente e a saúde das descargas de carbón e outras substancias no recinto portuario da Coruña. Así, ADEGA estará presente xunto ás veciñas e veciños das zonas máis próximas ao recinto no que se efectúan as descargas na concentración convocada para o próximo xoves 22 de novembro ás oito do serán frente ao edificio da Autoridade Portuaria coruñesa. máis na web da FEG.

18/11/ 2007

En relación ao incendio de carbón na “MEDUSA” do porto da Coruña

Filed under: Denuncia, Contaminación

Dende o pasado día 14 esta a producirse unha combustión no almacén para a descarga de carbón que a empresa Unión Fenosa ten no porto da Coruña, popularmente coñecido como “ A Medusa”. O cheiro “a fume” e a “gas” é percibido por moitos dos ciudadans. Máis na páxina da FEG

15/11/ 2007

5 años do Prestige. 5 anos sen solucións

Filed under: Litoral, Contaminación

Impactos ambientais que continúan e non se avalían, marea cincenta de urbanizacións e infraestruturas, avanzos lexislativos insuficientes, problemas para a saúde, e un modelo de transporte que xerará máis desastres no futuro, é o balanzo do accidente do Prestige 5 anos despois para Ecologistas en Acción, a Federación Ecoloxista Galega e Verdegaia. Máis premendo sobre estas liñas

 
     

14/11/ 2007

Verdegaia chama a participar no apagón contra o cambio climático

Filed under: Enerxía, Contaminación


Demanda accións para reducir as emisións

O apagón “Fronte ao cambio climático: actúa xa” é unha iniciativa cidadá convocada por 152 organizacións e entidades de todo o Estado español, entre elas a asociación ecoloxista galega Verdegaia. Celebrarase mañán 15 de novembro, de 20:00 a 20:05 h, e o seu obxectivo é sensibilizar sobre a necesidade de adoptar medidas urxentes perante a ameaza do cambio climático. Verdegaia demanda accións á Xunta e aos Concellos para reducir as emisións de Gases de Efecto Invernadoiro (GEI) desde Galicia, que aumentaron un 30% entre 1990 e 2004, o último ano para o que a Xunta divulgou datos. Máis premendo aquí

ADEGA demanda medidas estruturais na xestión da auga

Filed under: Enerxía, Contaminación

Ante a seca, ADEGA demanda medidas estruturais na xestión da auga


O grave episodio de seca que estamos a viver nestes meses na Galiza non é un suceso puntual, pola contra vense engadir aos que xa sufrimos nos últimos anos. Lamentablemente a problemática da auga só está de actualidade durante as épocas de seca, e deixa de estalo unha vez chegadas as chuvias, é dicir unha vez “solucionado" o problema. Máis premendo nesta liña

15-N: APAGÓN contra o cambio climático

Filed under: Enerxía, Contaminación

Con motivo da presentación do Informe Científico da ONU sobre o cambio climático esta semana en Valencia, organizacións ecoloxistas, sindicais, sociais e cidadáns do Estado español convocan un APAGÓN co lema “FRONTE AO CAMBIO CLIMÁTICO: ACTÚA XA”, para o día 15 de novembro de 2007 entre as 20,00 e as 20,05 da tarde. A convocatoria é aberta e consiste na desconexión do consumo eléctrico en vivendas, centros de traballo, instalacións e equipamentos públicos neses 5 minutos en favor do planeta. Convidamos a adherirse ás persoas e entidades que desexen chamar atención da sociedade e das institucións sobre a necesidade de tomar medidas urxentes ante esta grave ameaza.

As organizacións que convocan este apagón son:

Ecologistas en Acción, Greenpeace, WWF/Adena, Amigos de la Tierra, SEO/BirdLife, Movimiento Clima, CCOO, UGT, Confederación de STES, Fundación Nueva Cultura del Agua, Paz Ahora, Coordinadora de ONG de Desarrollo, Entrepueblos, Fundación IPADE, Fundación Natura, Fundación Tierra, ACSUR, Asociación Permacultura, Mountain Wilderness, CECU, Justicia y Paz, Intermón-Oxfam, Fundación Ecología y Desarrollo, ADEGA, ADENEX, Acció Ecologista-AGRO, Coordinadora Ecologista d’Asturies, Organització Ecologista L´Escurçó (Tarragona), Fundació Terra, Verdegaia, Asociación Medioambiental La Cirigüeña de Morcín, Colectivo Ecologista de Aviles, Agrupacion Colectivos Asturianos, Avall de Llanes, Green de Carreño, Grupu d’Ornitoloxia Mavea, Ereba, Ecologia y Patrimonio, Jóvenes Verdes, Liberación-Amauta, Pedalibre, Plataforma 2015 y más, Federación Regional de Asociaciones de Vecinos de Madrid, CGT de Madrid, Campaña ¿Quién Debe a Quién?, Globalízate, Plataforma Jarama Vivo, Plataforma Ciudadana Contra la Refinería, Térmicas No-Aire Limpio, Plataforma Antitérmica de la Pereda (Mieres-Asturias), Intersindical Valenciana…

13/11/ 2007

Quinto ano da era Prestige

Cinco anos, cinco, queda menos. Durante estes días falouse, fálase e falarase moito do Prestige, pola súa conmemoración, e moitas veces, de balde. Pero queda demasiado por coñecer e que irá saíndo pinga a pinga, ou fio a fio. Mostras son os estudos sobre a influenza na saúde dos que se foron as praias a limpar, o que non facían por aquel as Administracións (proba que o voluntariado é algo solidario, pero tamén reivindicativo, outra forma de denuncia, e non algo que ten que dirixir e mandar as institucións oficiais), ou o que acontece co estudio das gaivotas patiamarelas, presentado polo CSIC.

Pensar que Nunca máis haberá, é unha utopía, pero haberá que tentalo e forzar políticas para evitalo.
(more…)

5 Anos despois, outro PRESTIGE aínda é posible

O accidente do buque Prestige ocasionou unha auténtica catástrofe ecolóxica nas costas galegas. Numerosos enclaves naturais, entre eles 20 Lugares de Interese Comunitario da Rede Natura 2000, o Parque Nacional das Illas Atlánticas, seis zonas húmidas do convenio internacional Ramsar no noso litoral e tamén Zonas Especiais para a Protección das Aves (ZEPAS), foron afectados. Máis de 120.000 persoas víronse directa ou indirectamente afectadas no seu medio de vida (a pesca, o marisqueo, turismo…). Máis premendo eiquí

26/10/ 2007

Galiza e o cambio climático: evidencias cada vez máis preocupantes

Fronte ás declaracións irresponsábeis dalgúns políticos que confunden o clima co tempo, ou a mercantilización do fenómeno por quenes nada fixeron cando tiñan oportunidade, cada día son máis as evidencias de que o cambio climático xa está eiquí e está mudando as nosas vidas. En Galiza, as consecuencias do quecemento global apontan a importantes mudanzas a medio prazo: perda de fertilidade dos solos, diminución dos recursos hídricos, maior incidencia dos lumes, e mesmo impactos na saúde. O derradeiro informe que aponta unha diminución da produtividade biolóxica das rías, debería ser motivo máis que suficiente para encender todas as luces de alarma. Catastrofismo?. Non, teimuda realidade. Artigo DÍAZ-FIERROS

(more…)

“Galicia ten dez mil ríos, pero vive a costas deles”

Colgo desta bitácora, unha entrevista, publicada por El correo gallego, dun profesor universitario, Biólogo, Hidrobiólogo, amante da natureza, pescador…. Nesta entrevista fai crítica, en ocasións con retranca, da sociedade e a Administración galega, respecto á actitude que temos con unha parte do noso patrimonio natural; OS RÍOS. A parte do seu traballo, é a súa afición. Trátase de Fernando Cobo, que non dubida en colaborar con todos os que loitamos pola conservación das venas do noso territorio.

(more…)

24/10/ 2007

Un problema antigo, con solución estancada

VELENOS NOS MONTES GALEGOS

Nos últimos días saíu nos medio de Comunicación un problema, que non é novo en Galiza, e que por desgraza, estase a converter en crónico nos nosos montes.
(more…)

11/10/ 2007

Esixen aos Concellos de Rasmirás e Cartelle solucionar a contaminación do río Arnoia

 A Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza (ADEGA) denuncia publicamente a situación do Río Arnoia ao seu paso polos concellos de Cartelle e Ramirás. Desde fai tres meses un control sanitario efectuado pola Delegación da Consellaría de Sanidade, ao comezo da tempada de verán, detectou problemas graves de contaminación das augas que levaron ás autoridades sanitarias competentes a tomar a drástica decisión de prohibir o baño na área recreativa da Pontenova. Éste importante espazo de lecer é unha gran zona de baño moi frecuentada polos veciños de toda a comarca da Terra de Celanova compartido administrativamente polos concellos de Ramirás e Cartelle.

(more…)

03/10/ 2007

Contaminación persistente de OREMBERG no Polígono de San Cibrao das Viñas

Filed under: Contaminación

A Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza (ADEGA) leva un tempo facendo seguimento do problema que teñen os veciños de Reboredo (San Cibrao das Viñas). Levamos a sorpresa de que o control das medicións da contaminación atmosférica faise en dúas estacións que posúe a Consellaría de Medio Ambiente na Rúa Eulogio Gómez Franqueira (xunto a Estación de Buses) e no Alto do Rodicio (Maceda).

(more…)

01/10/ 2007

A Fiscalía ordena unha investigación para localizar as verteduras incontroladas de explotacións gandeiras

Filed under: Contaminación

Pretende articular sancións administrativas ou penais se as dilixencias abertas así o determinan (Europa press)
A Fiscalía do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia ordenou ao Servizo de Protección da Natureza da Garda Civil (Seprona) que investigue o alcance das verteduras incontroladas de explotacións gandeiras en Galicia co fin de articular, no que caso de que así proceda, posibles sancións administrativas ou penais por estas prácticas contaminantes.

(more…)

26/09/ 2007

As boas prácticas ambientais deben comezar no propio país

Filed under: Prensa, Contaminación

O grupo parlamentario do PSOE presentou na cuarta feira unha proposición non de lei que aprobaron todos os partidos, para establecer políticas de loita contra as alteracións climáticas na propia administración Vieiros.

CANDO SE CONVERTIRÁN ESTAS BOAS INTENCIÓNS EN BOS FEITOS????

ESTÁ NA ONDA O BIPARTITO nas cuestións ambientais?

A herdanza ambiental de Fraga foi nefasta, mais ao ver de Xabier Vázquez Pumariño a xestión do bipartito tamén encerra sombras en eidos como a política enerxética ou a preservación da biodiversidade. (notas reproducidas de Vieiros ).

(more…)

22/09/ 2007

Que pasa coa telefonía mobil en Pontevedra

Filed under: Contaminación

Mañá sábado 22 de Setembro, a Asociación Pola Defensa dá Ría solicitará ao Concello de Pontevedra, vía rexistro, información detallada sobre as antenas base de telefonía móbil instaladas e en funcionamento na actualidade na nosa cidade que contan coa prescritíbel “Licencia Municipal”, necesaria para poder realizar a súa actividade.

Esta petición continua o estudo desenvolvido e presentado por esta asociación aos medios de comunicación en xuño deste ano cun mapa das 20 antenas base detectadas na cidade así como das zonas sensíbeis afectadas (colexios, lugares de recreo, centros de maiores, centros sanitarios, …). Todo iso enmárcase na preocupación polo aumento consecutivo dunha polución invisibel como a da electrocontaminación, base da campaña informativa que a APDR está e seguirá levando durante este e os vindeiros meses.

31/07/ 2007

Troiticidio no Río Sar, un ano sen reposta

O desleixo de Augas de Galiza por atopar aos culpables evidencia a indefensión dos veciños


O 17 de xullo do ano 2006 un verquido industrial iniciado na zona de Conxo provocou a morte de centos de troitas e escalos no río Sar ao seu paso polas parroquias de Vidán e Laraño.
(more…)

23/07/ 2007

ADEGA denuncia a central de Sabón poden entrar en funcionamento sen a autorización ambiental nen licenzas municipais

Apoia así as reivindicacións das veciñas e veciños da parroquia de Oseiro, que temen un aumento da contaminación electromagnética que veñen padecendo desde hai anos
(more…)

15/07/ 2007

Verdegaia envía carbón aos conselleiros de Industria e de Medio Ambiente

Filed under: Enerxía, Contaminación

Pola súa compracencia cara as “fábricas de cambio climático” das Pontes e Meirama

A asociación ecoloxista Verdegaia enviou senllos paquetes con carbón ao conselleiro de Innovación e Industria, Fernando Blanco, e mais ao de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible, Manuel Vázquez, pola súa compracencia cara as centrais térmicas de carbón de As Pontes e Meirama. Mentres Fernando Blanco se felicita pola continuidade das térmicas de carbón máis alá do inminente esgotamento do carbón galego, Manuel Vázquez olla para outro lado perante estas enormes fábricas de cambio climático. A das Pontes foi a novena central eléctrica de Europa con maiores emisións relativas (en gramos de CO2 por kilovatio hora) en 2006, segundo un estudo de WWF.
(more…)

26/06/ 2007

Depuración industrial: outra asignatura pendente

O grave déficit no tratamento das augas residuais urbanas de moitos concellos, pon a Galiza á cola no cumprimento da Directiva de Augas no estado. Malia que esta situación está tratando ser revertida mediante un plano de choque contra os vertidos e a masiva construcción de depuradoras, o tratamento dos efluentes industriais, os seus impactos e custos, seguen a ser soportados maioritariamente pola cidadanía. Case todos os polígonos industriais carecen de EDAR, algúns mesmo de sumidoiros, e verten os seus residuos á depuradora pública ou directamente ao medio, criando non poucos problemas.
(more…)

23/06/ 2007

O CES afirma que a estrada do Vao pode sinalizarse adecuadamente evitando a contaminación lumínica

Pode definirse a contaminación lumínica como o escape da luz artificial cara a lugares onde se fai innecesaria como consecuencia dun alumado ineficiente e mal deseñado, o que provoca o prexuízo da calidade ambiental e da biodiversidade, malgasta enerxía eléctrica e obstrúe a visión do firmamento. A minimización desta contaminación non implica deixar as rúas ás escuras nin poñer en perigo a vida das persoas, senón un alumado axeitado a cada caso e que reduza ó máximo os efectos nocivos.
(more…)

22/06/ 2007

Contaminación electromagnética:

Filed under: Contaminación

o lixo máis de moda

Este 24 de xuño é o Día Internacional contra a CONTAMINACIÓN ELECTROMAGNÉTICA. A electropolución é a exposición continua a campos electromagnéticos, principalmente liñas de alta tensión e subestacións eléctricas, así como antenas de telefonía móbil e sistemas Wifi-Wimax. Nesta data, organizacións de afectad@s e ecoloxistas queremos denunciar o medre insustentábel da electropolución pola proliferación descontrolada de infraestruturas eléctricas e redes de telecomunicación, que se está a convertir nun problema ambiental e de saúde. Porén, demandamos un cambio lexislativo profundo nas normativas que regulamentan este tipo de actividades.
(more…)

06/06/ 2007

Novos verquidos en Redondela e Compostela

O máis grave en Redondela de carácter industrial.

5 de xuño, día do medio ambiente. ADEGA quere dar a coñecer novos verquidos na xeografía galega. O máis grave en Redondela que tinguiu de amarelo dende primeiras horas da mañá a auga do rio Alvedosa. Esta inusual cor indícanos a procedencia industrial do verquido. A procedencia podería estar situada no Polígono Industrial de Amoedo, feitos que foron investigados pola Policía Local de Redondela e máis por membros do SEPRONA. Sen embargo os membros do SEPRONA non destacaron precisamente pola súa celeridade xa que chegaron 4 horas despois do primeiro aviso do verquido e sen equipo necesario para a toma de mostras. Isto provocou o malestar dos veciños xa que aparentemente existiu falta de interese por resolver o problema. Quizais a falta de medios do SEPRONA está na causa das deficiencias detectadas para poder investigar a orixe do verquido, pero isto afecta aos cidadáns que descoñecen as substancias que contaminaron onte Redondela, e como puido afectar á Ría deVigo ou mesmo se pode ser un problema de saúde pública.
(more…)

02/05/ 2007

Axuda urxente para o Courel !

veciñ@s do Courel; territorio da Galiza, cuns valores culturais, naturais, xeolóxicos, paisaxísticos, educativos e científicos, únicos en Europa, foi incluído na Rede Natura 2000, é Patrimonio de tod@s. Propiedade común son tamén as augas que todos estes montes recollen da néboa do Océano, e voltan Galiza e Portugal, ata o Mar por milleiros de regatos e ríos; atravesando terras de Asturias, León,
(more…)

22/04/ 2007

Bicifestación: “Contra o Cambio Climático, Menos CO2”

O próximo 22 de abril celebrarase o Día da Terra e con este motivo, as 5 principais organizacións ecoloxistas de Galiza ADEGA, Amigos da Terra, FEG, SGHN e Verdegaia propoñen que a meirande número de persoas leven este día un lazo verde co propósito de sensibilizar a todas e todos as cidadás e cidadáns que a problemática do cambio climático está a ser producida maioritariamente pola actividade humana.

(more…)

20/04/ 2007

Os residuos da limpeza do rio bouzós (Cangas)

Os residuos de poda e desbroce, que se ven mesturados con todo tipo de plásticos, caixas, chatarras, pezas de tubería, etc., despóis de rematada a limpeza por brigadas contratadas pola Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible, permanecen depositados en varias pillas á beira do río Bouzós, dentro dos 5 metros de servidume, nunha zona de difícil acceso entre cultivos, muíños e bosque de ribeira que percorre o lugar de Reboredo na parroquia canguesa de Coiro.

 

(more…)

18/04/ 2007

Caso EXLABESA: penas de cárcere por contaminar o Sar

A fiscalía ven de solicitar 6 anos de prisión para os directivos de EXLABESA, empresa denunciada por ADEGA en 2004 por vertidos continuados de metais pesados ao río Sar. ADEGA saúda esta iniciativa, que supón un novo chanzo na loita contra a contaminación dos nosos ríos. Os atentados continuados contra o ambiente e a saúde pública non poden quedar impunes, e os responsábeis deberán facer fronte ás responsabilidades civís e penais que se deriven da súa conduta insolidaria. Esta caso debería servir de exemplo e disuasión para aquelas empresas que non cumpren os seus deberes ambientais.

 

(more…)






















Get free blog up and running in minutes with Blogsome | Theme designs available here