05/04/ 2008

O C.E.S. celebra a súa Asamblea anual no centro comarcal do Salnés

Filed under: Convocatoria

O Colectivo Ecoloxista do Salnés celebrará o domingo 6 de abril a súa asemblea anual no Centro Comarcal do Salnés, en Cambados, ás 12:00 (11:30 en 1ª convocatoria ).

Esta Asemblea ten como obxectivos:
- Facer un balance do ano 2007
- Renovar a Xunta Directiva. Na Asemblea Xeral Ordinaria celebrada o 5 de marzo de 2006 foi elixida a actual Xunta Directiva para un período de catro anos. O vindeiro 6 de Abril renovaranse algúns postos.


A orde do día será:
1. Lectura da acta anterior
2. Memoria anual de socios 2007
3. Memoria anual de actividades 2007
4. Memoria anual económica 2007
5. Renovación da Xunta Directiva
6. Rogos e preguntas
 

25/03/ 2008

Convocatoria aberta APDR Pontevedra venres 4 abril en Sargadelos

A Asociación Pola Defensa da Ría quere convocar a todos os colectivos implicados na loita contra o complexo ENCE-ELNOSA a unha xuntanza que terá lugar o vindeiro venres 4 de abril ás 20 horas, na Galería Sargadelos de Pontevedra. O motivo desta convocatoria é a busca de apoios para a manifestación que vimos de convocar para o 25 de abril en Pontevedra.


Ante a pasividade que están a mostrar as administracións implicadas na desaparición do complexo contaminanate, e trala campaña de alegacións contra a Autorización Ambiental Integrada, entendemos que é preciso deixar claro que non estamos dispostos a deixar que a falta de decisión perpetúe esta situación.


Contamos con todas e todos vós. Saúde


 

19/02/ 2008

Roteiro pola Ribeira Sacra: a xestión da auga

Seguindo co programa de roteiros 2007-2008 de ADEGA-Lugo, este domingo 24 de febreiro achegarémonos ás terras de Chantada, na Ribeira Sacra, en pleno Val do Miño, cun roteiro a carón dos encoros de Belesar e dos Peares. Cruzaremos en barca o río máis importante de Galiza para, alén de desfrutar dunha xornada en contacto coa natureza, reivindicar unha mellor xestión da auga en Galiza. Os usos domésticos, ambientais e agrogandeiros deben prevalecer sobre os enerxéticos!
 

Roteiro polo Courel. Vilamor- Vilar- Froxán ‘’O Courel Mediterráneo'’

Discorre ao sur da canteira da Campa, polo territorio que queren deixar fóra do Parque Natural, aínda que xa está protexido pola Rede Natura. O Camiño vai seguindo o curso do Lor a media ladeira. Coñeceremos aspectos naturais desta singular zona e os impactos que as canteiras están a ter sobre a conca do río Lor.
 

08/02/ 2008

ADEGA participa no I Encontro Estatal de Compostaxe

Filed under: Residuos, Convocatoria

  Do 6 ao 9 de febreiro ten lugar en Barcelona o I Encontro Estatal de Compostaxe. ADEGA leva aló a súa experiencia de anos na promoción da compostaxe como opción prioritaria para o tratamento da fracción orgánica dos RSUs. O traballo de ADEGA neste eido plasmouse no deseño dun proxecto de compostaxe caseira que comezou no 2002, baseado na separación en orixe e compostaxe da fracción orgánica. Até hoxe desenvolvéronse 16 programas de compostaxe caseira que abranguen mil vivendas en 10 concellos galegos, coa colaboración de asociacións veciñais, universidades (USC e UDC), SOGAMA e a Consellería de Medio Ambiente. Baixa o POSTER (691.98 KB)

Verdegaia organiza un roteiro pola Foz do Miñor e “Devesa da costa”

Verdegaia organiza un roteiro pola Foz do río Miñor e pola “Devesa da costa” (concellos de Nigrán e Baiona) o vindeiro domingo 10 de febreiro.

07/02/ 2008

8-2-8: proxección de ‘’O salario do silencio'’

Verdegaia-Vigo organizará unha proxección do documental “O salario do silencio”

 

 

16/01/ 2008

Próximo roteiro de ADEGA: bicicletada por Lugo

Filed under: Convocatoria, Transporte

 Este mes, dentro do noso programa de roteiros 2007-2008, adicados ó cambio climático, ADEGA proponvos unha bicicletada pola cidade de Lugo.
 
 

13/12/ 2007

Inauguración do novo local social de Amarante e Verdegaia en Ourense.

Filed under: Convocatoria

Sábado 15 as 13h na Avenida da Habana nº 64 de Ourense

Camelle NON se vende, e Merexo mobilízase contra o Plano Acuícola

A veciñanza de Camelle e Arou non está disposta a quedar arrodeada por 318.000 m2 de piscinas de cemento e lonas negras. ADEGA expuxo os seus argumentos contra o Plano Acuícola no decurso dun multitudinario acto este día 12 en Camelle, e a conclusión foi unánime: CAMELLE NON SE VENDE! Tamén, este domingo 16-D a xente de Merexo (Muxía) convócanos a participar nunha CADEA HUMANA para escenificar o rexeitamento á ampliación da piscifatoría de Stolt até os 270.000 m2. Mobilízate en defensa do noso litoral!

11/12/ 2007

Loita contra o plano acuícola: actividades


TOD@S A MEREXO: MANIFESTACIÓN E CADEA HUMANA O DOMINGO 16, ÁS 12 HORAS

A Plataforma Veciñal de Merexo e ADEGA convoca para o domingo 16 de decembro, ás 12 horas en Merexo (Muxía) un multitudinario acto reivindicativo coa celebración dunha Cadea Humana. Pretendemos delimitar visualmente o perímetro da superficie que a Consellería de Pesca pretende expropiar (270.000 metros cadrados) para incluir no Plano Acuícola. Tamén se lerá por parte de destacadas figuras un manifesto contra o Plano Acuicola Galego.
http://www.merexononsevende.com/


CHARLA INFORMATIVA EN CAMELLE, O DÍA 12 ÁS 19:30

Este mércores 12 de decembro terá lugar na Casa da Cultura de Camelle ás 19:30 unha charla informativa para expor a problemática das piscifatorías. En Camelle, no Concello de Camariñas, está prevista a construcción da piscifatoría de Xandriña que non contempla depuración das augas residuais do proceso productivo ademais dun enorme impacto ambiental e social.

26/11/ 2007

AXENDA: Actividades e convocatorias

28, 29 e 30 de novembro
"Semana de Cine Submariño en Vigo"

28 e 29 de novembro
"ciclo de conferencias titutado O mar a través dun obxetivo"

Sábado i de decembro Premios semente/cemento (entrega)

20/11/ 2007

Nace a web de troco e cesión VIGOTROCA

Dende hai xa uns cantos meses, un grupo de asociacións de Vigo estamos desenvolvendo actividades para potenciar na nosa contorna o troco e a cesión de bens como un medio alternativo, ecolóxico e fondamente xusto de cubrir as nosas necesidades habituais. máis na FEG  
A dirección da web é: http://vigotroca.arkipelagos.net

“un problema de todos” e chama á mobilización cidadá en defensa da “calidade ambiental e o dereito á saúde”.

ADEGA da Coruña sumarase á concentración convocada pola Asociación Veciñal dos Castros o próximo xoves diante á Autoridade Portuaria

A delegación coruñesa da Asociación para a Defensa Ecolóxica da Galiza (ADEGA) vén de decidir o seu apoio á decisión da Asociación Veciñal Oza –A Gaiteira –Os Castros de retomar a mobilización social contra os negativos efectos sobre o medio ambiente e a saúde das descargas de carbón e outras substancias no recinto portuario da Coruña. Así, ADEGA estará presente xunto ás veciñas e veciños das zonas máis próximas ao recinto no que se efectúan as descargas na concentración convocada para o próximo xoves 22 de novembro ás oito do serán frente ao edificio da Autoridade Portuaria coruñesa. máis na web da FEG.

15/11/ 2007

Estamos de Apagón

Filed under: Convocatoria, Enerxía

Durante cinco minutos a FEG apagouse

01/11/ 2007

Roteiro polo río Sor

Verdegaia convoca para o vindeiro domingo 11 de novembro un roteiro polo Río Sor, no concello de Mañón.

Trátase dunha magnífica ocasión para achegarse a un espazo natural pouco coñecido pero moi ben conservado, onde se pode disfrutar dunha paz e unha paisaxe difíciles de igualar. Ademais da excelente calidade das súas augas, o Río Sor ofrece aínda excelentes manchas de fraga de ribeira autóctona.
(more…)

30/10/ 2007

Non ao Plan de Acuícultura

Filed under: Convocatoria, Litoral

MARCHA NACIONAL POLA DEFENSA DO LITORAL CORRUBEDO, 4 DE NOVEMBRO DE 2007, 12 horas

O catedrático Xosé Manuel Beiras, a actriz Patricia Vázquez, o actor Luís Tosar e mailo director e músico Antón Reixa, lerán o Manifesto de Corrubedo o vindeiro domingo como colofón á Marcha Nacional pola Defensa do Litoral en Corrubedo.
(more…)

25/10/ 2007

XVIII Micolóxicas do Condado

E van XVIII xornadas micolóxicas no condado, organizadas pola Asociación para Defensa da Natureza do Condado (ADENCO). Este ano conta coa novidade dos LUNS MICOLÓXICOS: . Como case todo o mundo acostuma a saír ao monte durante as fins de semana, os luns das Xeiras serán luns micolóxicos, é dicir, Adenco establecerá unha hora e lugar para que a xente que teña dúbidas asista a estes encontros para aclaralas. Serán os días 29 de Outubro e 5, 12 e 19 de Novembro, a partir das 20:00h na Casa da Triga de Ponteareas, na Praza Maior.

 Os programas son:
(more…)

Outra mobilidade é posible: adiante a Masa Crítica de Ponteareas!

Filed under: Convocatoria, Transporte

Con pé firme está a botar a andar a Masa Crítica de Ponteareas. Así, agora despareceron os logotipos e nace a Masa Crítica como tal, un colectivo que tentará traballar a prol da mellora do transporte colectivo na Comarca do Condado, defendendo o uso da bici como medio de transporte ideal para as pequenas e medias distancias.

(more…)

24/10/ 2007

O Proxecto Ríos realiza unha saída formativa no concello do Barco de Valdeorras

O PROFESORADO DO BARCO ACHEGARASE A METODOLOXÍA DO PROXECTO RÍOS

Co inicio do curso academico o Proxecto Ríos comezou a campaña de outono. O Proxecto Ríos é unha iniciativa de Educación e Voluntariado Ambiental promovida por ADEGA. A finalidade deste programa é dar a coñecer o importante papel dos cursos fluviais, amosar as súas problemáticas así como fomentar iniciativas que permitan á cidadanía o mantemento e a mellora dos ríos proporcionando as ferramentas que garantan a súa participación.
(more…)

19/10/ 2007

Este fin de semana o Proxecto Ríos realiza a terceira xornada do campamento de voluntariado ambiental no río Tea.

Durante o campamento realizaranse inspeccións e roteiros polo río Tea, nos arredores de Ponteareas e Salvaterra do Miño.
O Proxecto Ríos é unha iniciativa de Educación e Voluntariado Ambiental promovida por ADEGA. A finalidade deste programa é dar a coñecer o importante papel dos cursos fluviais, amosar as súas problemáticas así como fomentar iniciativas que permitan á cidadanía o mantemento e a mellora dos ríos proporcionando as ferramentas que garantan a súa participación.

(more…)

17/10/ 2007

O Proxecto ríos realiza unha saída formativa co IES “12 DE OUTUBRO” de Ourense o mércores 17

OS ALUMNOS DO CENTRO REALIZARÁN UNHA INSPECCIÓN DO RÍO LONIA
Co inicio do curso académico o Proxecto Ríos comezou a campaña de outono. O Proxecto Ríos é unha iniciativa de Educación e Voluntariado Ambiental promovida por ADEGA. A finalidade deste programa é dar a coñecer o importante papel dos cursos fluviais, amosar as súas problemáticas así como fomentar iniciativas que permitan á cidadanía o mantemento e a mellora dos ríos proporcionando as ferramentas que garantan a súa participación.

(more…)

11/10/ 2007

Campamentos do proxecto ríos

Este fin de semana o Proxecto Ríos realiza a segunda xornada do campamento de voluntariado ambiental no río Tea.
Durante o campamento realizaranse inspeccións e roteiros polo río Tea, nos arredores de Ponteareas e Mondariz.

(more…)

S.O.S Courel, leva ás Canteiras oas tribunais, e pide axuda

Filed under: Convocatoria

Pese as denuncias públicas do colectivo SOS Courel (a presentación á administración de máis de 20.000 sinaturas contra o aproveitamento mineiro da Serra do Courel e a favor da súa conservación e da posta en marcha de iniciativas de emprego e conservación ambiental, e a movilización cidadá) o Courel continúa a estar ameazado pola presión dunha industria que nada ten que ver co desenvolvemento sustentable e coa conservación dun dos territorios de maior interese ambiental e etnográfico do noso país.

Unha vez que o goberno bipartito semella volver a dar as costas á cidadanía, nun continuismo incomprensible de submisión aos intereses económicos duns poucos e que recorda a tempos pasados, desde SOS Courel vémonos na obriga de emprender accións xudiciais para defender a legalidade.

Como o custo de todos estes procedementos, desgraciadamente é sempre proporcional a “magnitude da desfeita”, non temos máis remedio que pedir e aceptar doazóns. Por iso para todas e todos aqueles que estean interesados na defensa ambiental e cultural do Courel poñemos a súa disposición o noso nº de conta en La caixa:

2100 | 2183 | 56 | 0200181109

10/10/ 2007

Marcha nacional contra o Plano Acuícola. Corrubedo 4-N, 12h.

Filed under: Convocatoria, Litoral

 Este mércores 10 de outubro presentouse públicamente en Compostela a MARCHA NACIONAL CONTRA O PLANO ACUÍCOLA convocada por plataformas sociais e colectivos de afectados/as de toda a costa galega. Baixo o lema POLA TUA COSTA, POLO TEU MAR: NON AO PLANO ACUÍCOLA faise un chamado a todas as xentes de ben do país a berrar contra esta aberración ambiental, social e económica á que nos quere condear a Xunta. Será no Porto de Corrubedo, o domingo 4 de novembro de 2007 ás 12:00 da mañá. NON LLE FALLES AO NOSO LITORAL, NON LLE FALLES AO PAÍS!.

(more…)

09/10/ 2007

Roteiro en defensa da Ría de Vigo

Filed under: Convocatoria, Litoral

Os días 11,12,13, e 14  de Outubro, a plataforma a “ría non se vende” integrada por colectivos como: Foro Social de Cangas, Luita verde, Plataforma defensa Enseada de San Simón, OARedondela, Verdegaia, Voces polo Litoral Teis, CS A Revolta, CS Faísca, Salvemos Monteferro,  Bouzas Móvete,  GAS Vigo, Caleidoskopio, organiza un roteiro pola ría de Vigo para denunciar os pontos negros que está a sofrer o noso litoral.

(more…)

26/09/ 2007

V Premio Nano Cambeiro de periodismo á web de Salvemos Monteferro

O Premio de Xornalismo NANO CAMBEIRO foi instituído polo Instituto de Estudos Miñoranos para lembrar ao xornalista e ao amigo. Cumprindo co establecido na convocatoria, faise pública a súa resolución ao cumprirse o sexto aniversario da irreparable perda do xornalista Nano Cambeiro.

Aproveitamos a ocasión para felicitar a todos os nosos simpatizantes, e pedir axuda para espallar a nova, xa que pouco cabe esperar da prensa "tradicional"

(more…)

25/09/ 2007

O Currículo oculto antiecolóxico dos libros de texto:

Curso: O Currículo oculto antiecolóxico dos libros de texto: unha educación para o Desenvolvemento SosteMible?

Que o deterioro da biosfera aumenta a unha velocidade cada vez maior parece estar xa fora de toda dúbida. A globalización capitalista, precisa de inxentes cantidades de materias primas para o mantemento do nivel de vida do 10% da poboación mundial que posúe o 85% do capital (Wider, 2006), ignorando a situación dos 5400 millóns de persoas restantes As consecuencias: un desequilibrio social e ambiental, que paralelo ao crecemento exponencial do consumo e nivel de vida (que non necesariamente calidade de vida), dese 10% rico, comeza a amosar o rostro dun Dr. Jekill, que xa non precisa de Mr. Hyde para portarse mal.

(more…)

22/09/ 2007

O Proxecto Ríos inicia a súa campaña de outono 07

Entre as actividades previstas para esta campaña están  a realización de saídas formativas, un curso de formación e un campamento de voluntariado ambiental no río Tea.

Dende o 1 de setembro que comezou a campaña de outono do Proxecto Ríos, e que se prolongará até o 15 de outubro participarán 215 grupos de voluntarios/as de todo o país.

(more…)

21/09/ 2007

Acto en Vigo para a conservación do Courel.

O vindeiro domingo 23 de setembro de 11:00 h. a 14:00 h. a Plataforma “A ría non se vende” organiza un acto lúdico-reivindicativo terá lugar na pista de patinaxe de Samil para solicitar a correcta conservación da Serra do Courel

(more…)

20/09/ 2007

O sábado 22 de setembro celébrase a primeira Masa Crítica Galega

Filed under: Convocatoria, Transporte

O vindeiro sábado 22 de setembro, Día Europeo sen Coches, terá lugar a 1ª masa Crítica Galega. Sairá ás 12:30 da Alameda de Santiago de Compostela, realizando un percorrido polas rúas da cidade. Achegaranse ciclousuarios e ciclousuarias de toda Galicia. Posteriormente terán un xantar colectivo no Parque de Bonaval completándose o programa de actividades coa proxección do documental “Return of the Scorcher” ás 17:00 no centro social O Pichel na rúa Sta. Clara. Este documental describe os inicios do "movemento" da masa crítica en San Francisco. Ao remate da proxección desenvolverase unha mesa redonda coa participación de representantes de grupos de ciclousuarios/as participantes sobre a situación da bici en Galicia e o seu futuro.

(more…)

04/09/ 2007

Unha Xornada achegará o dereito ambiental como ferramenta para protexer o medio ambiente

Filed under: Convocatoria

 As xornadas pretenden servir de base ao ecoloxista activo e ao cidadán concienciado sobre a necesidade que temos de coñecer a diferente normativa que está á nosa disposición e que moitas veces descoñecemos. Que facer? Que ferramentas xurídicas utilizar? A que autoridades recurro? A cuestións como estas intentarase dar resposta dividindo en varias áreas competenciais as xornadas, abordando dende a normativa comunitaria á municipal, pasando polas competencias estatais e autonómicas, que se complementan con experiencias prácticas.

(more…)

03/09/ 2007

O Proxecto Ríos inicia a súa campaña de outono 07

Entre as actividades previstas para esta campaña están  a realización de saídas formativas, un curso de formación e un campamento de voluntariado ambiental no río Tea.

(more…)

Actividades de SYME

O Colectivo Asociación Medio Ambiental e Universitaria SYME, ven de presentar as actividades para este inicio do curso 2007-2008 e comeza cunhas xornadas sobre medio ambiente, un concurso de fotografía e natureza e unha campaña de Aforro enerxético. Ditos cursos preséntanse a continuación:

(more…)

16/08/ 2007

A “APDR” expresa a súa solidariedade co colectivo “A REVIRA”

Filed under: Denuncia, Convocatoria

A Xunta Direitiva da “Asociación Pola Defensa da Ría” quere expresar, en primeiro lugar, a súa solidariedade coa Asociación Cultural Revira, que hai uns días sufriu o incendio provocado do seu local social na pontevedresa rúa Arcebispo Malvar. Por sorte non houbo desgracias persoais e mesmo as perdas económicas non foron todo o graves que poideron ser.
(more…)

08/08/ 2007

Sae á rúa unha nova edición da revista CERNA

Filed under: Convocatoria, Prensa

A revista Cerna é a única publicación galega especializada en medio ambiente de Galiza e promovida desde o eido ecoloxista.

A única publicación galega especializada na temática medioambiental da nosa terra e a máis antiga de Galiza, a revista “Cerna”, publica o seu número 52, que se destribuirá en librarías de toda Galiza, bibliotecas, centros de ensino e outras institucións, nomeadamente aquelas máis relacionadas e con responsabilidades no eido medioambiental galego, ademáis do millar e medio de exemplares que se envía regularmente a persoas subscritas e colaboradoras.
(more…)

06/08/ 2007

Festa Revolta no Courel

O vindeiro 11 de Agosto en Froxán varios colectivos sociais galegos (SOS Courel, Asociación Fonte do Milagro, Burla Negra, Rede de Acción Socio-Cultural Arredemo e a Federación Ecoloxista Galega) convocan unha xornada de loita festiva en solidariedade cos colectivos do Courel que están a defender a serra contra a ameaza de espolio e destrución patrimonial que pode supor a legalización masiva de canteiras por parte da Xunta e a mínima expresión á que vai quedar reducido o Parque Natural do Courel. A xornada contará con distintas actividades como o Roteiro da Arte, a proxección dos documentais "As Encrobas a ceo aberto" e "O Salario do Silencio" sobre o conflito de Reganosa, Charlas e debate con científicos e ecoloxistas, Animación na Eira para nenas e nenos e a Ultranoite Obelix e Cia especialmente adicada a SOS CAUREL coa participación de diversos e diversas artistas, como Os da Ría, Pablo Trasno, Chévere, O Mago Romarís, Mónica García, Os Cantos Rodados, Bernardo Martínez, Clara Gayo, Carlos Santiago, Expo e o Último Uruguayo, Blanca Novoneyra, Comba Campoy… Le de seguida o comunicado e súmate á convocatoria. Infórmate sobre como chegar e onde procurar aloxamento.
(more…)

05/07/ 2007

Roteiro en Pico Vello (As Pontes)

Organizacións ecoloxistas e cidadáns de Ferrol e comarca organizan un roteiro reivindicativo o vindeiro día 15 de xullo para solicitar a paralización do proxecto de mina de andalucita en Pico Vello (As Pontes).
(more…)

26/06/ 2007

A Fundación Luis Tilve concede un premio ao C.E.S.

Filed under: Convocatoria

O Colectivo Ecoloxista do Salnés quere manifestar públicamente a gratitude á Fundación Luis Tilve por ternos concedido o premio na categoría “Defensa do medio ambiente e dos bens comúns – 2007”. Dita fundación, ligada ao mundo sindical, ten como obxectivo principal a difusión e potenciación dos movementos asociativos e solidarios na sociedade galega, premiando anualmente a asociacións, empresas e particulares que destaquen polas súas accións solidarias para cos máis desfavorecidos na nosa sociedade e respectuosas co noso entorno natural. Así, outros anos a Fundación Luis Tilve premiou, entre outros, á empresa Sargadelos ou a Asociación Naturalista do Baixo Miño (ANABAM).
(more…)

05/06/ 2007

Reinvindicación do uso da “Bicicleta” no “Dia mundial do Medio Ambiente”

Filed under: Convocatoria, Transporte

O “Grupo de traballo pola bici do IES Xunqueira II”, o Colectivo “PEDALADAS” e a “Asociación Pola Defensa da Ría”, no “Día Mundial do Medio Ambiente” teñen tomado a decisión de reivindicar de forma conxunta a utilización da “bici” como medio de transporte na cidade de Pontevedra, unha vella reivindicación que mesmo ven avalada pola Dirección Xeral de Tráfico, que no número correspondente ao mes de maio da súa revista, chama a atención sobre a necesidade de recurrir á bicicleta para o transporte na cidade tanto polo seu interese na solución dos problemas de tráfico como polo seu papel na loita contra a contaminación ambiental urbana.
(more…)






















Get free blog up and running in minutes with Blogsome | Theme designs available here