ADEGA mostra a súa satisfacción polo compromiso da Xunta de informar desfavorablemente ao encoro de Navia
|
ADEGA ven de participar nas II Xornadas de intercambio de experiencias de "FOGARES VERDES" que tiveron lugar os días 27 e 28 de febreiro en Madrid. O programa FOGARES VERDES fai parte dunha iniciativa en rede estatal para a promoción de aforro no fogar e de loita contra o cambio climático a nível doméstico. Este programa está a piques de botar a andar en Compostela grazas a un convenio asinado por ADEGA, o INEGA e a Concellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sustentábel de Santiago. Esta xuntanza foi unha boa unha oportunidade para coñecer e aprender de aqueles/as que levan xa máis de un ano traballando neste proxecto.
|
![]() |
|
ADEGA denuncia novas agresións ao LIC Brañas do Xestoso que, xunto coas recentes obras dun parque eólico, significan a prática desaparición dos valores naturais deste espazo. Desecación da Lagoa Sacra de Olives, recheos das brañas, lumes provocados… É así como se xestiona un espazo que até o de agora acollía hábitats prioritarios para a UE, raras aves coma a avetarda (a meirande de Galiza) ou o sisón, en perigo de extinción?. A protección do noso patrimonio natural é cada vez máis virtual mentres se consuman todo tipo de agresións. De seguirmos así, só poderemos contemplar cómo era nosa natureza na web da consellería de Medio Ambiente.
|
![]() |
![]() |
![]() |
Logo dun primeiro intento o ano pasado denunciado por ADEGA e rexeitado polo Ministerio de Medio Ambiente, Iberdrola "contraataca" con un proxecto similar (Santo Estevo II) para construir unha central hidráulica soterrada no Sil. Iberdrola teima en furar o macizo granítico da marxe esquerda do río, facer unha caverna e quilómetros de túneis para turbinar a auga nunha central baixo o macizo. Contra o que poidera parecer, unha central soterrada non evitará o enorme impacto que provocarán 5 anos de obras na morfoloxía e a diversidade natural do canón do Sil. Hai quen segue crendo ter "dereito de pernada" sobre o noso patrimonio natural. |
|
![]() |
![]() |
Continuando coa campaña "POR UN NADAL MAIS ECOLÓXICO" ADEGA chama a atención sobre o desbaldimento de enerxía que supoñen moitos alumeados festivos, particularmente nestas datas. Recomendamos aos concellos non só coidar o tipo de luminarias (de baixo consumo ou tipo LED), senón tamén establecer datas e horarios máis restritivos. Neste senso van as iniciativas de concellos como o de Vigo, que deberían tamén extenderse ao resto do ano: un alumeado público ineficiente é unha das principais causas do afogo económico dos concellos, contribúe ao cambio climático e causa contaminación lumínica. |
| Mapa de contaminación lumínica da península.( 1997 www.pamplonetario.org) |
![]() |
![]() |
| O parque eólico da Toxiza no Concello de Mondoñedo está a afectar novamente ao maltratado LIC Serra do Xistral. As afecccións dos parques eólicos aos espazos protexidos prodúcense principalmente pola construcción de pistas de acceso, das cimentacións dos aeroxeneradores, as liñas eléctricas de evacuación e subestacións e outras infraestruturas de almacenaxe. Estas construccións destrúen a cuberta vexetal e, coma neste caso, drenan zonas húmidas brañentas ou turbosas destruindo totamente estes hábitats fogar de diversas especies de plantas protexidas | .![]() |
![]() |
A asociación ecoloxista Verdegaia denuncia que a cidade de Vigo, pertencente á Rede Española de Cidades polo Clima, terá este ano “o honor” de ser unha das primeiras do estado en acender as súas luces de nadal cun alumeado que non será “para nada insignificante”: téñense pensado instalar 4.000 motivos, tanto nas rúas céntricas como nas da periferia e nas parroquias. Máis aquí
O apagón “Fronte ao cambio climático: actúa xa” é unha iniciativa cidadá convocada por 152 organizacións e entidades de todo o Estado español, entre elas a asociación ecoloxista galega Verdegaia. Celebrarase mañán 15 de novembro, de 20:00 a 20:05 h, e o seu obxectivo é sensibilizar sobre a necesidade de adoptar medidas urxentes perante a ameaza do cambio climático. Verdegaia demanda accións á Xunta e aos Concellos para reducir as emisións de Gases de Efecto Invernadoiro (GEI) desde Galicia, que aumentaron un 30% entre 1990 e 2004, o último ano para o que a Xunta divulgou datos. Máis premendo aquí
O grave episodio de seca que estamos a viver nestes meses na Galiza non é un suceso puntual, pola contra vense engadir aos que xa sufrimos nos últimos anos. Lamentablemente a problemática da auga só está de actualidade durante as épocas de seca, e deixa de estalo unha vez chegadas as chuvias, é dicir unha vez “solucionado" o problema. Máis premendo nesta liña
Con motivo da presentación do Informe Científico da ONU sobre o cambio climático esta semana en Valencia, organizacións ecoloxistas, sindicais, sociais e cidadáns do Estado español convocan un APAGÓN co lema “FRONTE AO CAMBIO CLIMÁTICO: ACTÚA XA”, para o día 15 de novembro de 2007 entre as 20,00 e as 20,05 da tarde. A convocatoria é aberta e consiste na desconexión do consumo eléctrico en vivendas, centros de traballo, instalacións e equipamentos públicos neses 5 minutos en favor do planeta. Convidamos a adherirse ás persoas e entidades que desexen chamar atención da sociedade e das institucións sobre a necesidade de tomar medidas urxentes ante esta grave ameaza.
As organizacións que convocan este apagón son:
O tirapuxa entre a Xunta e o Ministerio de Industria polos parques eólicos mariños está a desviar a atención sobre a cuestión de fondo: o desenvolvemento das renovábeis en Galiza está baseado no produtivismo e non na eficiencia. A Xunta segue coa teima de triplicar a producción eólica no 2011 e o Ministerio quere implantar a eólica mariña en todo o estado. En Galiza o desenvolvemento eólico tivo custos ambientais e sociais moi altos: privatizáronse os beneficios e socializáronse os impactos. Agora meter muíños na costa alén de innecesario, podería ter graves consecuencias sobre os nosos recursos mariños.
(more…)
A empresa "Fomensa Hispania S.L." iniciou as obras do parque eólico do Couto de San Sebastián no LIC Brañas de Xestoso sen ter aprobado o Proxecto Sectorial de Incidencia Supramunicipal, trámite que debe cumplimentar o Consello da Xunta. Os traballos xa causaron prexuizos irreparábeis nos hábitats e especies, algunhas prioritarias, protexidas pola Directiva de Hábitats. Diante destes feitos, ADEGA solicita ao Consello da Xunta que non aprobe o último trámite (incidencia supramunicipal) e proceda á paralización inmediata das obras á vista do proceder da empresa, que aplica a coñecida fórmula dos "fe¡tos consumados". Grazas a F. Azurmendi, A. Barbeito e D. Porto polas fotos. Ver QUERCUS 259
O espazo natural da Rede Natura “Brañas de Xestoso”, situado entre os concellos de Silleda, A Estrada e Forcarei, está sendo obxecto dun grave atentado ecolóxico por parte da empresa Fomensa Hispania S.L. e a súa asociada ENEL-Unión Fenosa Renovables.
As Brañas de Xestoso, espazo integrado na Rede Natura 2000 de Galiza e que partillan os concellos de Silleda, A Estrada e Forcarei están sendo destruidas neste mesmo intre polas obras dun parque eólico.
Malia á suspensión en 2005 da concesión de 32 aproveitamentos hidroeléctricos e á aprobación da ILP en Defensa dos Ríos no 2006, son aínda moitas as minicentrais que amezan a vida dos nosos ríos. As concesións feitas na era Fraga poden efeitivizarse en calquera momento, xa que abonda con meter unha pá no río nos dous anos seguintes á concesión para validar o "comezo" das obras, podendo logo demorarse sine die. Esta trécola permite que as empresas, moitas delas sen capacidade económica, teñan aferrollados numerosos treitos de ríos para especular cos aproveitamentos.
Verdegaia ven de presentar alegacións á construción deste Parque Eólico situado nos Concellos de Baiona, Gondomar, Oia e Tomiño. A súa construción significaría afeccións a espazos considerados hábitats prioritarios pola UE e un importante impacto faunístico, ademais de afectar a Cova da Moura, ás Mámoas do Arreiro e a distintos grupos de petroglifos.
Ante a eminente posta en marcha da central de ciclo combinado de ENDESA en As Pontes, o grupo ecoloxista Guerrilleiros das Fragas quere poñer de manifesto o perigo que pode supoñer esta central, debido á súa cercanía ó núcleo urbán será un foco de contaminación grave para a saúde pública. Cremos necesario pois esixir ós organismos competentes e á empresa o máximo rigor, polo que pedimos que se someta a totalidade da central a unha certificación ambiental tipo EMAS.
"O proxecto de construción dunha nova central hidroeléctrica da compañía Iberdrola no Canón do Sil acaba de sufrir un novo revés. Tras o informe desfavorable da Xunta de Galicia, o Goberno central, sobre o que recae a decisión definitiva, acaba de informar de que se solicitou á eléctrica "a consideración de emprazamentos alternativos" para evitar "danos potenciais" nos recursos da Ribeira Sacra.Pese a ser unha peque na victoria, ¿Está todo ganado?. Non, a resposta non é negativa. ¿Que significa que a Administración pida a Iberdrola un novo proxecto?, ¿A Administración Central que interese ten en montar algo no sil?
Son moitas preguntas
ADEGA alerta desta situación para os próximos meses
Apoia así as reivindicacións das veciñas e veciños da parroquia de Oseiro, que temen un aumento da contaminación electromagnética que veñen padecendo desde hai anos
Pola súa compracencia cara as “fábricas de cambio climático” das Pontes e Meirama
A asociación ecoloxista Verdegaia enviou senllos paquetes con carbón ao conselleiro de Innovación e Industria, Fernando Blanco, e mais ao de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible, Manuel Vázquez, pola súa compracencia cara as centrais térmicas de carbón de As Pontes e Meirama. Mentres Fernando Blanco se felicita pola continuidade das térmicas de carbón máis alá do inminente esgotamento do carbón galego, Manuel Vázquez olla para outro lado perante estas enormes fábricas de cambio climático. A das Pontes foi a novena central eléctrica de Europa con maiores emisións relativas (en gramos de CO2 por kilovatio hora) en 2006, segundo un estudo de WWF.
(more…)
A construcción dos dous parques poden chocar coa oferta paisaxística do futuro Parador Nacional
A FEG considera fundamental para a preservación do litoral da Costa da Morte evitar continuar ocupando con aeroxeradores áreas inmediatas aos cantís ou a costa, e pide que a Xunta de Galicia propoña unha banda de protección de alomenos 1500 metros de protección terra adentro para os parques de Muxía.
A TRAMA DAS ENERXIAS RENOVÁVEIS (I)
O alcalde de Chandrexa de Queixa, Francisco Rodríguez Rodríguez preside a empresa Hidroeléctrica del Rio Grande S.L. que ten por obxecto a construcción dunha minicentral dentro da Rede Natura e máis do futuro Parque Natural do Macizo Central.
(more…)
A asociación ecoloxista galega Verdegaia e a confederación ecoloxista estatal Ecologistas en Acción promoven en Galicia a exposición itinerante “Freemos o cambio climático”. Esta exposición explica que é o cambio climático, as súas causas, os seus efectos a nivel mundial e na Península Ibérica e as súas solucións. A exposición, que consta de 14 paneis, ponse a disposición de asociacións, centros de ensino e institucións de toda Galicia.
(more…)
A Consellería de Medio Ambiente precisou en contestación por escrito diante do COGAMA que o proxecto do lago da mina das Pontes conta xa coa respectiva Declaración de Impacto Ambiental e autorización de vertido e captación sobre o Eume. A FEG quere saír o paso das declaracións realizadas hoxe polo Conselleiro de Medio Ambiente, sobre o reproche feito cara este colectivo no que se referiu á intención da FEG de trasladar a súa queixa á Unión Europea, e onde recriminou que “o normal será que viñeran a falar con nós antes de ir a Europa” .