28/02/ 2008

Requiem polo LIC Brañas de Xestoso

   
ADEGA denuncia novas agresións ao LIC Brañas do Xestoso que, xunto coas recentes obras dun parque eólico, significan a prática desaparición dos valores naturais deste espazo. Desecación da Lagoa Sacra de Olives, recheos das brañas, lumes provocados… É así como se xestiona un espazo que até o de agora acollía hábitats prioritarios para a UE, raras aves coma a avetarda (a meirande de Galiza) ou o sisón, en perigo de extinción?. A protección do noso patrimonio natural é cada vez máis virtual mentres se consuman todo tipo de agresións. De seguirmos así, só poderemos contemplar cómo era nosa natureza na web da consellería de Medio Ambiente.
 

12/12/ 2007

ADEGA solicita que a Declaración de Impacto Ambiental sexa negativa

Graves impactos na flora endémica e especies protexidas dos parques eólicos Muxía I e I

IADEGA ven de coñecer a resposta da empresa promotora ás alegacións contra os proxectos de parques eólicos Muxía I e Muxía II, que pretenden instalar 76 aeroxeneradores nas inmediacións do Cabo Touriñán. Os dous proxectos van supoñer unha brutal agresión un entorno litoral de especias valores naturais, que merecen ser protexidos e conservados.

29/11/ 2007

ADEGA denuncia as afeccións á Rede Natura do parque eólico da Toxiza en Mondoñedo

O parque eólico da Toxiza no Concello de Mondoñedo está a afectar novamente ao maltratado LIC Serra do Xistral. As afecccións dos parques eólicos aos espazos protexidos prodúcense principalmente pola construcción de pistas de acceso, das cimentacións dos aeroxeneradores, as liñas eléctricas de evacuación e subestacións e outras infraestruturas de almacenaxe. Estas construccións destrúen a cuberta vexetal e, coma neste caso, drenan zonas húmidas brañentas ou turbosas destruindo totamente estes hábitats fogar de diversas especies de plantas protexidas .

29/10/ 2007

Eólica mariña: non todo vale para producir kilovatios

Filed under: Litoral, Eólicas

O tirapuxa entre a Xunta e o Ministerio de Industria polos parques eólicos mariños está a desviar a atención sobre a cuestión de fondo: o desenvolvemento das renovábeis en Galiza está baseado no produtivismo e non na eficiencia. A Xunta segue coa teima de triplicar a producción eólica no 2011 e o Ministerio quere implantar a eólica mariña en todo o estado. En Galiza o desenvolvemento eólico tivo custos ambientais e sociais moi altos: privatizáronse os beneficios e socializáronse os impactos. Agora meter muíños na costa alén de innecesario, podería ter graves consecuencias sobre os nosos recursos mariños.
(more…)

09/10/ 2007

ADEGA esixe ao Consello da Xunta que salve o LIC Brañas de Xestoso

A empresa "Fomensa Hispania S.L." iniciou as obras do parque eólico do Couto de San Sebastián no LIC Brañas de Xestoso sen ter aprobado o Proxecto Sectorial de Incidencia Supramunicipal, trámite que debe cumplimentar o Consello da Xunta. Os traballos xa causaron prexuizos irreparábeis nos hábitats e especies, algunhas prioritarias, protexidas pola Directiva de Hábitats. Diante destes feitos, ADEGA solicita ao Consello da Xunta que non aprobe o último trámite (incidencia supramunicipal) e proceda á paralización inmediata das obras á vista do proceder da empresa, que aplica a coñecida fórmula dos "fe¡tos consumados". Grazas a F. Azurmendi, A. Barbeito e D. Porto polas fotos. Ver QUERCUS 259

(more…)

05/10/ 2007

ADEGA denuncia que Fomensa Hispania comezou as obras sen dispor de licenza

O PARQUE EÓLICO DO COUTO DE SAN SEBASTIÁN (BRAÑAS DE XESTOSO) CARECE DA APROBACIÓN DO PROXECTO SECTORIAL DE INCIDENCIA SUPRAMUNICIPAL
O espazo natural da Rede Natura “Brañas de Xestoso”, situado entre os concellos de Silleda, A Estrada e Forcarei, está sendo obxecto dun grave atentado ecolóxico por parte da empresa Fomensa Hispania S.L. e a súa asociada ENEL-Unión Fenosa Renovables.

(more…)

27/09/ 2007

As obras dun parque eólico destrúen por completo un espazo protexido da Rede Natura

GRAVE ATENTADO MEDIOAMBIENTAL NO LIC BRAÑAS DE XESTOSO
As Brañas de Xestoso, espazo integrado na Rede Natura 2000 de Galiza e que partillan os concellos de Silleda, A Estrada e Forcarei están sendo destruidas neste mesmo intre polas obras dun parque eólico.

(more…)

05/09/ 2007

A construción do Parque Eólico Albariño I estragará unha parte importante da Serra da Groba

Verdegaia ven de presentar alegacións á construción deste Parque Eólico situado nos Concellos de Baiona, Gondomar, Oia e Tomiño. A súa construción significaría afeccións a espazos considerados hábitats prioritarios pola UE e un importante impacto faunístico, ademais de afectar a Cova da Moura, ás Mámoas do Arreiro e a distintos grupos de petroglifos.

(more…)

26/06/ 2007

A FEG rexeita a instalación de aeroxeradores na franxa de cantís da Costa Da Morte situados entre Touriñán e Muxía

A construcción dos dous parques poden chocar coa oferta paisaxística do futuro Parador Nacional

A FEG considera fundamental para a preservación do litoral da Costa da Morte evitar continuar ocupando con aeroxeradores áreas inmediatas aos cantís  ou a costa, e pide que a Xunta de Galicia propoña unha banda de protección de alomenos 1500 metros de protección terra adentro para os parques de Muxía.
(more…)

23/04/ 2007

Verdegaia propón un novo modelo eólico para a sustentabilidade

Filed under: Enerxía, Eólicas

A pesar de ser Galicia o país do mundo con maior intensidade de instalación de enerxía eólica (88 kW/Km2), o desenvolvemento desta enerxía renovable pouco contribuiu á súa sustentabilidade ambiental, social e económica. Ademais, ten sido unha causa de deterioración dalgúns espazos naturais. No documento “Enerxía eólica para a sustentabilidade”, a asociación ecoloxista Verdegaia propón un novo modelo eólico e, malia recoñecer algunhas melloras importantes, denuncia que a política eólica da Xunta segue marcada por unha visión produtivista e non garante o respecto a todos os espazos de maior interese natural.

(more…)

23/02/ 2007

A Asemblea do Suído (FEG) apoia a decisión da Xunta de Galiza de desestimar a construción de tres novos parques eólicos (PPEE) na Serra do Suído

Os novos PPEE promovidos por EUROVENTO, S.L. foron desestimados pola Resolución do 29 de xaneiro de 2007 da Consellería de Industria, publicada no DOG do 6 de febreiro de 2007. A razón da denegación é a afección sobre espazos que deben ser obxecto de especial protección, xa que a Consellería de Medio Ambiente contempla incluír á Serra do Suído na rede Natura 2000. Deste xeito cúmprese unha vella reclamación do noso colectivo e vénsenos a dar a razón sobre a importancia ecolóxica da Serra do Suído e sobre a necesidade da súa preservación.

(more…)

30/11/ 2006

A Federación Ecoloxista Galega presenta ante o Consello Galego de Medio Ambiente 48 preguntas nas que se piden explicacións sobre o rumbo da xestión da Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible.

A ORDEN DO DÍA NON INCLÚE TEMAS FUNDAMENTAIS PARA A EXECUCIÓN DUNHA CLARA XESTIÓN TERRITORIAL E AMBIENTAL

A Lei de protección do litoral, a Lei da de protección da Paisaxe, ou os orzamentos da Consellería son temas que non se tratan na orde do día.

(more…)

04/06/ 2006

A FEG lamenta que non haxa unha moratoria eólica en Galiza e que Industria adxudique outros 750 MW sen existir un plano eólico estratéxico.

  A FEG lamenta que a Consellería de Industria e Innovación (sic) sega unha liña peor que continuista no crecemento das centrais eólicas en Galiza. Dita Consellería ven de anunciar a adxudicación de 750 novos MW o que supón un pouco menos da metade do instalado actualmente nos nosos montes, tendo en conta que hai moitas centrais adxudicadas que aínda non foron construídas.

(more…)

24/05/ 2006

A neveira foi destruída por unha pa escavadora que estaba a abrir unha pista, nas obras dos novos parques eólicos da Serra do Suído

EUROVENTO DESTRÚE UNHA NEVEIRA NA SERRA DO SUÍDO

 

A neveira, situada no lugar dos Canos da Neveira e datada no século XVIII, estaba formada por un gran foxo de pedra, que servía para gardar neve despois do inverno para seren utilizada como conservante do peixe e de outros produtos alimentarios, transportados pola antiga ruta comercial coñecida como Camiño dos Arrieiros, que atravesaba a Serra do Suído dende os antigos portos pesqueiros da Ría de Pontevedra ata a comarca do Ribeiro. (more…)

24/04/ 2006

Por unha planificación eólica sustentábel

O Plano Sectorial Eólico aprobado pola anterior Xunta e aínda en vigor, ten sido obxecto de importantes críticas por parte das organizacións ambientalistas galegas e, en particular, por parte da Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza (ADEGA). Estas críticas non son o resultado da falta de visión global dos problemas ambientais nin dunha actitude fundamentalista. Somos conscientes de que a única enerxía realmente verde é a que non é preciso producir porque nunca se consumirá, e que todos os xeitos de producción enerxética –tamén as de baixo impacto ambiental, como os parques eólicos – ocasionan danos ambientais que hai que tentar minimizar.

(more…)

Os novos accesos ameazan as Fragas do Eume

Guerrilleir@s das Fragas-FEG apoia o desenrolo das Enerxías Alternativas (Solar, Eólica, Minihidráulica) pero non a costa dos nosos Espacios Naturais máis emblemáticos.

Nos concellos coruñeses de Monfero e Aranga no perímetro exterior do Parque Natural das Fragas do Eume, esta primavera retomáronse as obras do Parque Eólico de Cisterna-Raño–Penafesa paralizadas durante dous anos por supostos danos no patrimonio arqueolóxico. A construción dunha pista de terra de 10 Km. mellorará significativamente a accesibilidade á zona, normalmente estas actuacións non se avalían correctamente nos E.I.A´s e agudizan o impacto dos Parque Eólicos.

Por exemplo: Coa construción do Parque Eólico de Sotavento no ano 1999 entre os Concellos de Xermade (Lugo) e Monfero (Coruña) tamén no perímetro exterior do Parque Natural das Fragas do Eume, os novos accesos favoreceron a transformación de preto 100 Ha. de superficies de matogueiras en:

- Repoboacións de piñeiros e eucaliptos.

- Pastizais. Por outra banda apareceron novas ameazas como:

- visitas organizadas dende autobuses

- acceso incontrolado de quads

- aumento do furtivismo.

02/03/ 2006

O novo goberno galego continúa coa destrucción ambiental de Galiza

PSOE e BNG afondan na vía do neoliberalismo. O goberno galego dá vía libre aos proxectos eólicos e mineiros na Serra do Suído  A Xunta de Galiza aprobou os proxectos eólicos da empresa EUROVENTO, S.L. na Serra do Suído (última serra da Dorsal Galega libre de instalacións eólicas), amparándose na situación avanzada dos expedientes e na falla de protección legal do espazo (o paradoxo é que o mesmo goberno é o responsábel de dotar de protección a este lugar). Por outra banda, decenas de permisos de investigación mineira continúan vixentes, sen que o goberno se teña pronunciado sobre os mesmos.

(more…)

08/02/ 2006

A Consellería de Industria inicia os trámites para a autorización dun novo parque eólico nun espacio natural protexido a pesar do anuncio da moratoria da consellería de Medio Ambiente.

A FEG denuncia o inicio de tramitación para un novo parque eólico en Rede Natura 2000. O DOGA de hoxe faise eco dun anuncio da Delegación provincial de Industria de A Coruña pola que se solicita un novo parque eólico baixo a denominación de “Muxía 1º fase” promovido pola empresa Desarrollos Eólicos S.A con domicilio social en Sevilla, concibido para o entorno inmediato ao Cabo Touriñán e afectando un treito do LIC “Costa da Morte”.

(more…)

03/02/ 2006

A Federación Ecoloxista Galega considera que poucos son os espazos que recibiran o indulto das eólicas.

É necesaria a moratoria ao Plano Eólico no seu conxunto. Hai que poñer remedio a anárquica situación derivada co aproveitamento eólico en Galiza nunha situación na que nestes momentos se pode considerar de absoluta improvisación na toma de decisións. A planificación eólica galega aséntase nas bases dun modelo de xestión do recurso obsoleto e cunha forte pegada ambiental e no que os promotores acadaron tódalas concesións reivindicadas ao anterior goberno. Así o deseño do plano eólico non tivo en conta posibles zonas de exclusión relacionadas cos espazos naturais galegos e con territorios sensibles pola súa fauna, flora ou paisaxe.

(more…)

25/01/ 2006

Os ecoloxistas piden a revisión do plan sectorial eólico e solicitan unha entrevista co conselleiro de industria sobre o mesmo.

Filed under: Enerxía, Eólicas

Onte recollían os medios de comunicación unhas declaracións da Consellería de Industria anunciando que nos próximos tres meses se poderían adxudicar 2.500 Mw máis de potencia eólica en Galiza. Ante estas previsións, a Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza (ADEGA) e a Federación Ecoloxista Galega (FEG) queren expresar a súa inquietude, por canto aínda non se ten avanzado nada na definición do correspondente plan Sectorial Eólico nin tampouco no respecta á exclusión dos espazos da Rede Natura e demais espazos protexidos: a adxudicación agora desta potencia non cabe dubida que pode comprometer aos poucos espazos protexidos exentos hoxe destas infraestruturas.

(more…)

22/01/ 2006

“Protexamos a Serra do Suído. Non aos cemiterios eólicos. Fóra canteiras do Suído”

Mércores 25 de xaneiro ás 12:00 horas na Federación de Asociacións de Veciños de Vigo “Eduardo Chao”, Praza da Princesa nº 7, Vigo Con este acto queremos demandar unha vez máis, unha figura de protección legal para un dos espazos de media montaña máis importantes de Galiza, a Serra do Suído (situada nos concellos da Lama, Covelo, Fornelos de Montes, Avión e Beariz), xa que está exposta a múltiples actuacións que poñen en serio perigo a conservación dos importantes valores naturais, paisaxísticos e culturais que posúe

(more…)

28/12/ 2005

Grupos Ecoloxistas Entrevístanse co Director Xeral de Industria en relación aos parques eólicos da Serra do Suído

No día de hoxe, a Asemblea do Suído, a Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza (ADEGA) e a Federación Ecoloxista Galega (FEG) vimos de manter unha reunión co Director Xeral de Industria sobre os parques eólicos proxectados para a Serra do Suído (Fonteavia e Bidueiros) na que solicitamos unha vez máis a paralización dos mesmos, tal como vimos solicitando dende o limiar das tramitacións.

(more…)

12/12/ 2005

A Asemblea do Suído denuncia obras ilegais nun río por parte da empresa Eurovento, S.L.

En colaboración co servizo de gardas forestais da Xunta de Galiza, a Asemblea do Suído – Federación Ecoloxista Galega denuncia as obras ilegais realizadas por Eurovento, S.L. (empresa promotora dos parques eólicos na Serra do Suído), no río Pardellas na parroquia de San Salvador de Prado en Covelo.

(more…)

21/11/ 2005

A FEG demanda a revisión urxente do Plano Sectorial Eólico

 

Pide á Xunta que evite a construción de parques eólicos na Serra do Suído

(more…)






















Get free blog up and running in minutes with Blogsome | Theme designs available here