Unha rede furada
De seguido reproducimos dita nova.
(more…)
A Unión Europea (UE) alertou da existencia de catro concesións de explotación de lousa no Lugar de Interese Comunitario (LIC) Ancares-Courel, incluído na Rede Natura 2000, que incumpren varios artigos da normativa sobre a protección do medio ambiente que ten que acatar de forma obrigatoria todos os estados membros. Trátase dunha canteira situada no Courel e doutras tres situadas no municipio de Quiroga. (Publicado polo xornal o progreso)
(more…)
Mentres a Consellería de Medio Ambiente segue cunha mesa de negociación, que todo apunta a unha ZEPA cunha superficie ridícula, o pouco que hai protexido (A Veiga de Ponteliñares) está sendo destruída polos veciños baixo a promesa dunha inminente Concentración parcelaria da que non hai nin proxecto nin estudio de impacto ambiental. O son dos paxaros, está substituído polo son das motoserras, e tras a falla da típica néboa da Veiga, substitúese polo fume dos lumes que arrasan a beira norte do río Limia
|
Rematada a tempada de caza, e na que a maioría das especies están en plan época celo e cría, a Federación Galega de Caza está a organizar campionatos de caza de raposo sen os pertinentes permisos nin os pertinentes anuncios. Isto pon en perigo tanto ás especies, non so as especies (e non so as cinexéticas), se non tamén a poboación en xeral que quere exercer o seu dereito de uso e disfrute do monte os fin de semana. |
![]() |
ADEGA valora positivamente o incremento das contías e o feito de que que as novas indemnizacións para paliar os danos producidos polo lobo inclúan tamén ao gando extensivo, xa que este tipo de gandería é vital para a supervivencia do lobo no noso territorio. No entanto, ADEGA entende que o actual sistema de compensacións e axudas podería mellorarse procurando un consenso cos interesados, establecendo liñas de axuda ou novas baremacións para as zonas lobeiras e incrementando a eficiencia na atención aos damnificados e á poboación destas zonas. |
![]() |
O Ceida ven de anunciar que colaborará na recuperación da tartaruga boba para evitar as pragas de medusas.
A tartaruga boba é unha especie que está no catalogado coma especie vulnerable, no catálogo galego de especies ameazadas. Pero que se saiba, non foi unhaa especie residente. As poucas que se ven por Galiza son xuvenís ou subadultos.
A cuestión é: por que as Administracións que rixen o CEIDA (Concello de Oleiros, Universidade de a Coruña e a Consellería de Medio Ambiente), poñen a funcionar unha actuación coma esta, cando non están a facer nada polas que habitan habitualmente as nosas cstas ou os nosos montes. Coma é posible protexer especies noutros paises cando non somos capaces as que temos no noso territorio.
Por outro lado é curioso que fagan relación da presencia de medusas e augamares en Galiza coa sobre poboación que esá habendo no mediterraneo nos últimos anos. En Galiza sen houbo anos con presenza maior da normal destas traslucidas especies, pero é esporádico.
Pero o que máis utópico e que se chegue a pensar en poder criar tartarugas en Galiza (por si mesmas se entende). Non sei que pensarán os da CEMMA, que levan 15 anos recperando e estudando os mamíferos mariños e tartarugas que pasan polas nosas costas, e non se mencionan en ningún momento na nova
A Nova di (A Voz o 29/1/2008)
(more…)
|
Nun artigo publicado o sábado 12 de xaneiro de 2008 na sección “Galicia Ambiental” de “El Correo Gallego” o Sr. Benito García opina con lixeireza sobre o Plano de Xestión do Lobo, relacionando a falta de Plan co veleño no monte, e vertendo, iso sí, veleño contra os ecoloxistas, verdadeiro obxectivo do artigo. O autor responsabilízanos de non querer solucionar a "problemática" que orixina a pervivencia do lobo e cúlpanos de que o Plano de Xestión non estea aínda en vigor.
|
|
|
Nas inmediacións do faro d´A Frouxeira, concello de Valdoviño, pódense ollar unhas gabias abertas en plena zona dunar – hábitat prioritario código Rede Natura 2130* (dunas grises) -, conformando un rectángulo de aprox. 1 Ha. Nas esquinas cimentáronse uns marcos cilíndricos de 1 m de altura. Estas actuacións provocaron unha importante alteración na morfoloxía do hábitat e na vexetación dunar, ambos protexidos. Alén disto, as obras leváronse a cabo nun Lugar de Importancia Comunitaria (LIC ES1110002 Costa Ártabra) da Rede Natura 2000. Á desfeita provocada pola urbanización da Frouxeira, xa denunciada por ADEGA, únese agora este novo atentado contra unha Rede Natura de "pim-pam-pum". |
![]() |
![]() |
|
ADEGA apoiará e participará nas mobilizacións contra “Liga Popular da Caza do Raposo” de Escairón (O Saviñao-Lugo) este vindeiro sábado 15 de decembro. A cita é ás 10h fronte á casa do Concello de O Saviñao en Escairón, para logo partir ao monte e voltar ás 13h cunha concentración diante do concello.
A Plataforma Matar por matar non, ven de denunciar a ilegalidade destas “matanzas” está fundada, principalmente, no exceso de individuos que, segundo os tecores, existen desta especie. Tamén se fundamenta en que, o número de raposos a ser abatidos neses “campionatos”, está sempre dentro dos cupos, autorizados por Medio Ambiente, que teñen outorgados os tecores para ese ano. |
|
![]() |
|
O mesmo día en que ADEGA presenta o folleto informativo da CAMPAÑA EN DEFENSA DO LOBO GALEGO, a consellería de Medio Ambiente pretende autorizar batidas no concello lugués de Muras. O Plano de Xestión do Lobo aínda sen aprobar, pretende manter a este cánido como especie cinexética, pregándose ao "lobby" da escopeta. ADEGA e destacados membros da comunidade científica reclaman que o lobo sexa especie protexida, ao igual que en Asturias, Portugal e sur do Douro. En todo caso, calquera actuación debería agardar á aprobación do Plano de Xestión da especie. |
![]() |


|
Achegamos unha reportaxe publicada en varios medios de prensa escrita (El correo gallego), onde os compañeiros da CEMMA contan detalles dunha das nosas xoias do litoral; A Toniña. Esto nos pode levar a un problema aínda non resolto en Galiza ¿Quen ten competencia en conseración da Natureza nas nosas costas? ¿Quen vai conservar ou realizar plans de xestión para protexer estas especies ameazadas?.
De todos é sabido que o litoral, a parte da terra que linda co mar, son dúas Administracións e tres Departamentos; Costas, Consellería de Medio Ambiente e Consellería de Pesca, pero no mar redúcese a Costas, Pesca (Ministerio) e Pesca (Consellería). Pero ¿Algunha destas se responsabiliza da conservación dos seus ecosistemas e especies? Ningunha. |
![]() |
Grupos ecoloxistas, sindicatos agrarios e administración chegan a un principio de acordo para desenvolver a ZEPA (Zona de Especial Protección de Aves) da Limia. Para ADEGA a ZEPA da Limia era irrenunciábel, polo que só cumpría desvencellar a cuestión da loita política e desactivar as reticencias dalgúns sectores que vían esta figura de protección intrinsecamente negativa para os seus intereses. ADEGA sempre mantivo que non só é posíbel senon que tamén é necesario conxugar a protección das aves co aproveitamento sustentábel dos recursos da chaira limiá. |
![]() |
| O parque eólico da Toxiza no Concello de Mondoñedo está a afectar novamente ao maltratado LIC Serra do Xistral. As afecccións dos parques eólicos aos espazos protexidos prodúcense principalmente pola construcción de pistas de acceso, das cimentacións dos aeroxeneradores, as liñas eléctricas de evacuación e subestacións e outras infraestruturas de almacenaxe. Estas construccións destrúen a cuberta vexetal e, coma neste caso, drenan zonas húmidas brañentas ou turbosas destruindo totamente estes hábitats fogar de diversas especies de plantas protexidas | .![]() |
![]() |
Varios efectivos tratan de localizar a un grupo de visóns que a primeiras horas desta mañá, por causas que se tratan de esclarecer, escaparon dunha granxa da zona de San Marcos-Lavacolla, próxima á cidade de Santiago de Compostela.
Segundo confirmaron a Europa Press fontes do Servizo 112, sobre as 6.30 horas de hoxe tívose coñecemento, a través da chamada dun particular, de que se escaparon entre 20 e 30 visións dunha granxa próxima á capital galega.
Así, deuse aviso do sucedido ao Corpo Nacional de Policía, á Policía Local, a Protección Civil, ao Seprona da Garda Civil e á Consellería de Medio Ambiente, á vez que se activou un operativo para tratar de capturar a estes animais.
O Servizo 112 pide aos cidadáns que non intenten atrapar a un visón, xa que son agresivos, e recomenda chamar para que sexan os efectivos activados ao efecto os que se encarguen de recuperar ao animal.
Fontes da Consellería de Medio Ambiente indicaron a Europa Press que na granxa na que se atopaban os visóns atópanse membros do departamento de Conservación dá Natureza e do Seprona, co obxectivo de coñecer o número exacto de animais fuxidos e investigar as causas do sucedido.
Dáse a circunstancia de que a principios de xullo de 2005 produciuse a Fronte de Liberación Animal liberou intencionadamente á maioría dos 35.000 visóns dunha granxa na mesma zona.
A FEG poñera en coñecemento da Fiscalía de Medio Ambiente sobre o inicio das actuacións de execución dunha concentración parcelaria na parroquia de Vilatuxe no Concello de Lalín, para que investigue se hai indicios de delito e de irregularidades administrativas en canto ao incumprimento da normativa ambiental e de protección sobre espazos naturais protexidos e sobre a protección do solo protexido.

![]() |
O prestige segue de moda, e seguen a sair datos informes e estudos das súas consecuencias.
Primeiro foi o informe dos efectos causados nos voluntarios da limpeza; logo o estudo do CSIC e dos niveis de hidrocarburos en sangue nas gaivotas patiamarelas; e agora sae aos medios os efectos sobre os corvos mariños cristado. Este informe non é novo, e xa fora publicado no ano 2005 na revista Marine Ecology (ver resumo), e eu coñecino, o estudo, ao estar traballando unha tempada con un dos autores. O raro é que non se publicitara antes.
Atribúen este problema da redución reprodutiva a un dos peixes básicos na época de cría, o bolo, e a verdade é que, e por poñer un exemplo, antes do prestige na lonxa do Grove/Ogrobe (amiña misión e resolver este entorto) puxábase este peixe, e o ano pasado e este, na mesma lonxa non vin ningunha caixa (e nas mesmas datas, pura observación, non pretendo que sexa dogma).
Polo que o corvo mariño cristado nos está a dicir, que non todo está recuperado.
(more…)
E van XVIII xornadas micolóxicas no condado, organizadas pola Asociación para Defensa da Natureza do Condado (ADENCO). Este ano conta coa novidade dos LUNS MICOLÓXICOS: . Como case todo o mundo acostuma a saír ao monte durante as fins de semana, os luns das Xeiras serán luns micolóxicos, é dicir, Adenco establecerá unha hora e lugar para que a xente que teña dúbidas asista a estes encontros para aclaralas. Serán os días 29 de Outubro e 5, 12 e 19 de Novembro, a partir das 20:00h na Casa da Triga de Ponteareas, na Praza Maior.
Os programas son:
(more…)
Nos últimos días saíu nos medio de Comunicación un problema, que non é novo en Galiza, e que por desgraza, estase a converter en crónico nos nosos montes.
(more…)
Todos os meses chegan a ADEGA denuncias de talas de árbores senlleiras que amosan a crecente preocupación da sociedade polo seu patrimonio vexetal. Aínda que as árbores son só unha pequena parte da enorme diversidade vexetal de Galiza, resulta moi significativo que as voces de alarma xurdan da veciñanza preocupada pola perda deste patrimonio.
Son ben escasas as carballeiras de propiedade pública con que contamos tanto na provincia de Lugo coma no resto de Galiza. Na parroquia de Rioxoán, no concello lucense de POL, conservamos aínda unha carballeira de exemplares centenarios na que, ata non hai moito tempo, se celebraba unha importante romería, aorredor da capela adicada a Santa Petronila que hai no medio da carballeira e na que se conserva un valioso retablo barroco de mediados do século XVII, incluído, xunto coa capela, no inventario de bens catalogados. Na carballeira celebrababase tamén, – ata o 1947 -, unha importante feira quincenal, da que aínda ata non hai moito tempo se conservaban na carballeira alguns peitoriles de pedra usados como expositores. Trátase, pois, dun entorno que, – a maiores de constituir unha área de lecer natural para todos os veciños de Rioxoán e a maiores dos servizos ambientais que, como regulador do microclima e como paisaxe de singular interese, sempre ofrece unha carballeira -, constitúe un elemento inequívoco do noso patrimonio etnográfico e cultural.
A empresa "Fomensa Hispania S.L." iniciou as obras do parque eólico do Couto de San Sebastián no LIC Brañas de Xestoso sen ter aprobado o Proxecto Sectorial de Incidencia Supramunicipal, trámite que debe cumplimentar o Consello da Xunta. Os traballos xa causaron prexuizos irreparábeis nos hábitats e especies, algunhas prioritarias, protexidas pola Directiva de Hábitats. Diante destes feitos, ADEGA solicita ao Consello da Xunta que non aprobe o último trámite (incidencia supramunicipal) e proceda á paralización inmediata das obras á vista do proceder da empresa, que aplica a coñecida fórmula dos "fe¡tos consumados". Grazas a F. Azurmendi, A. Barbeito e D. Porto polas fotos. Ver QUERCUS 259
O conselleiro de Medio Ambiente, Manuel Vázquez e o delegado xeral en Galicia de la Caixa, Jesús de la Pedraja; Hernán Crespo, de Obra Social “la Caixa” e o director xeral de Conservación da Natureza, Xosé Benito Reza presentaron hoxe os primeiros proxectos medioambientais froito do convenio de colaboración firmado entre ambas institucións para potenciar e preservar as areas naturais de Galicia. Este acordo, que ten unha vixencia de tres años, suporá un investimento de 4,5 millóns de euros nas áreas protexidas de Galicia e prioriza a contratación de colectivos de persoas en risco de exclusión social. O monitoreo de hábitats de interese e prioritarios, a promoción de programas de atención e difusión ou a realización de material divulgativo sobre espazos naturais foron algunhas das actuacións que se realizan con cargo a este convenio
Mañá constitúese unha plataforma contraria a esa iniciativa da Consellería de Medio Ambiente. O alcalde de Xinzo, Isaac Vila, explica que hai "preocupación" en toda a comarca desde que se publicou o decreto que iniciou os trámites.- Haberá que ver quenes se suman á plataforma -.
(more…)
A asociación ecoloxista Verdegaia alerta de que a pesar das denuncias realizadas a finais do mes de xuño, a empresa Transportes Marsou segue a obrar ilegalmente nunha parcela clasificada como Solo Rústico de Protección de Espazos Naturais (SRPEN) no PXOM porriñés.
ADEGA e o SLG (Sindicato Labrego Galego) propoñemos á administración unha mesa de negociación cos sindicatos agrarios e os ecoloxistas para analizar a problemática da Zona de Especial Protección de Aves (ZEPA) na Limia. Os obxectivos desta mesa de negociación deben ser coñecer polo miúdo as implicacións que esta ZEPA terá para a comarca da Limia e buscar a compatibilización da protección das aves cos intereses dos labregos e das labregas. Na foto, un sisón (Tetrax tetrax), ave da Limia en perigo de extinción.
Verdegaia prosegue coa súa campaña de erradicación de herba do coitelo dos areais galegos no Parque Nacional das Illas Atlánticas de Galicia
Diversas especies endémicas presentes no LIC Serra do Careón ven ameazada a súa supervivencia pola continuación das políticas de desenvolvemento dos cultivos forestais, a ausencia de instrumentos reguladores e a falta de organización entre Consellerías.
A mala xestión dun proxecto desenvolvido pola Demarcación de Costas está provocando unha grave alteración da lagoa costeira de Baldaio.

ZEPA DA LIMIA, BOA PARA O AMBIENTE E PARA AS PERSOAS
As asociacións galegas de defensa ambiental defenden a declaración da Limia como ZEPA e amosan a súa sorpresa perante o rexeitamento desta por parte dalgunhas persoas e colectivos con presenza na comarca. Os ecoloxistas coidan que a declaración como ZEPA terá beneficios ambientais e sociais na Limia e entenden que isto debe ser explicado á cidadanía.
Get free blog up and running in minutes with Blogsome | Theme designs available here