28/03/ 2008

ADEGA denuncia casos de excesiva tolerancia co lume por parte de Medio Rural

Filed under: Montes e incendios

ADEGA denuncia o abuso das queimas "controladas" para a criazón de pasteiros en terreos de interese ecolóxico e alto risco de erosión. Concretamente na parroquia de Posmarcos (Pobra do Caramiñal) no val do río Salgueiros, autorizouse unha "queima controlada" de 10,86 Ha. O obxectivo era, segundo informou Medio Rural a solicitude de ADEGA, a obtención de pasto para o gando extensivo así como "a mellora do hábitat de animais silvestres, especialmente mamíferos e aves" SIC. Agora vai resultar que o lume favorece á fauna salvaxe… como en Australia.


 

23/02/ 2008

ZEPA da Limia: destrucción vento en popa a toda vela


Unha Concentración non declarada, está Destruíndo o LIC de a Veiga de Ponteliñares


Mentres a Consellería de Medio Ambiente segue cunha mesa de negociación, que todo apunta a unha ZEPA cunha superficie ridícula, o pouco que hai protexido (A Veiga de Ponteliñares) está sendo destruída polos veciños baixo a promesa dunha inminente Concentración parcelaria da que non hai nin proxecto nin estudio de impacto ambiental. O son dos paxaros, está substituído polo son das motoserras, e tras a falla da típica néboa da Veiga, substitúese polo fume dos lumes que arrasan a beira norte do río Limia

                                                    


 

19/02/ 2008

Roteiro polo Courel. Vilamor- Vilar- Froxán ‘’O Courel Mediterráneo'’

Discorre ao sur da canteira da Campa, polo territorio que queren deixar fóra do Parque Natural, aínda que xa está protexido pola Rede Natura. O Camiño vai seguindo o curso do Lor a media ladeira. Coñeceremos aspectos naturais desta singular zona e os impactos que as canteiras están a ter sobre a conca do río Lor.
 

15/01/ 2008

A irregular Certificación Forestal baixo estándares FSC de NORFOR, un fraude que crece

Filed under: Montes e incendios

A Asociación pola defensa da Ría ven de remitir á dirección executiva do sistema de certificación forestal do FSC (Forest Stewardship Council) o seu rexeitamento ao resumo público do informe da auditoría realizada pola súa propia entidade de certificación, ASI (Acreditation Service International) para comprobar as malas prácticas, opostas aos estándares do sistema, que realiza a empresa forestal filial de ENCE, NORFOR, que se atopa en posesión do certificado de xestión forestal sostible do FSC. Estas malas prácticas veñen sendo denunciadas por organizacións ecoloxistas dende que se concedeu o selo e supoñen unha xestión forestal claramente insostible a nivel ambiental, económico e social.

 

27/11/ 2007

A Consellería de Medio Rural detrás dunha importante agresión á Rede Natura 2000


O movemento ecoloxista expresa a súa máis enérxica repulsa a un modelo de concentración parcelaria que imita a política que o PP realizou en 16 anos.


A FEG poñera en coñecemento da Fiscalía de Medio Ambiente sobre o inicio das actuacións de  execución dunha concentración parcelaria na parroquia de Vilatuxe no Concello de Lalín, para que investigue se hai indicios de delito e de irregularidades administrativas en canto ao incumprimento da normativa ambiental e de protección sobre espazos naturais protexidos e sobre a protección do solo protexido.

06/11/ 2007

SAPOCONCHOS: Programa de Educación ambiental en Vigo

En novembro arrincamos cun novo proxecto dentro da área de Educación Ambiental en Verdegaia-Vigo. É o proxecto “SAPOCONCHOS”. Vai dirixido a todos/as aquelas/es nenas/os, de entre 5 e 14 anos, que queiran acompañarnos. Son actividades abertas e gratuitas. O que procuramos dende “sapoconchos” é promover o coñecemento e a comprensión das cuestións ambientais, así como impulsar a toma de conciencia crítica perante os problemas do noso entorno.

(more…)

24/10/ 2007

Presentación do informe “O escándalo NORFOR-SGS”

Filed under: Montes e incendios

Greenpeace denuncia ou escándalo dá auditoría Ambiental ao grupo ENCE

A auditora SGS concede o selo forestal máis ecolóxico a plantacións de piñeiro e eucalipto que invaden a rede Natura, provocan erosión e abusan dos químicos

Greenpeace lanza hoxe o informe "O escándalo NORFOR-SGS" no que denuncia as graves irregularidades e fallos do proceso de auditoría da multinacional SGS, empresa responsable de outorgar o certificado forestal FSC (1) á empresa forestal NORFOR, pertencente ao Grupo ENCE.
(more…)

Ence logrou de forma irregular o selo forestal de calidade nunha plantación

Filed under: Montes e incendios

Ainda que o titular ten algún erro (pois non é a unha plantación) sae aos medios unha resolución que xa se coñecía fai algúns días.

O problema xa non son as irregularidades de Norfor, senón á Certificadora nas que agora queda entredito a súa credibilidade, que xa non era moita.

Neste sentido, Greenpeace, anuncia que no día de hoxe, publicarán as súas valoracións, así coma actos en contra da certificadora.

A Voz publicou: 

A auditora que concedeu o certificado á filial Norfor incorreu en tres faltas graves e seis menores
 "A empresa Norte Forestal (Norfor), filial do grupo Ence, obtivo de forma irregular o certificado forestal internacional FSC, o selo de calidade de maior prestixio e apoiado pola maioría das asociacións ecoloxistas e sociais que garante a xestión forestal sostible, para as súas máis de 12.000 hectáreas de plantacións de eucaliptos e piñeiro en Galicia, Asturias e Cantabria."

(more…)

17/10/ 2007

Quen mira polas nosas árbores?

Todos os meses chegan a ADEGA denuncias de talas de árbores senlleiras que amosan a crecente preocupación da sociedade polo seu patrimonio vexetal. Aínda que as árbores son só unha pequena parte da enorme diversidade vexetal de Galiza, resulta moi significativo que as voces de alarma xurdan da veciñanza preocupada pola perda deste patrimonio.

(more…)

16/10/ 2007

talados, por orde municipal, exemplares centenarios dunha carballeira de propiedade publica

en trámite de ser incluída no catálogo de árbores senlleiras.
    Son ben escasas as carballeiras de propiedade pública con que contamos tanto na provincia de Lugo coma no resto de Galiza. Na parroquia de Rioxoán, no concello lucense de POL, conservamos aínda unha carballeira de exemplares centenarios na que, ata non hai moito tempo, se celebraba unha importante romería, aorredor da capela adicada a Santa Petronila que hai no medio da carballeira e na que se conserva un valioso retablo barroco de mediados do século XVII, incluído, xunto coa capela, no inventario de bens catalogados. Na carballeira celebrababase tamén, – ata o 1947 -, unha importante feira quincenal, da que aínda ata non hai moito tempo se conservaban na carballeira alguns peitoriles de pedra usados como expositores. Trátase, pois, dun entorno que, – a maiores de constituir unha área de lecer natural para todos os veciños de Rioxoán e a maiores dos servizos ambientais que, como regulador do microclima e como paisaxe de singular interese, sempre ofrece unha carballeira -, constitúe un elemento inequívoco do noso patrimonio etnográfico e cultural.

(more…)

06/09/ 2007

Plantas endémicas ameazadas por cultivos e plantacións de eucaliptos

Diversas especies endémicas presentes no LIC Serra do Careón ven ameazada a súa supervivencia pola continuación das políticas de desenvolvemento dos cultivos forestais, a ausencia de instrumentos reguladores e a falta de organización entre Consellerías.

(more…)

06/08/ 2007

Incendios forestais 2006: a fiscalía deixa en evidencia á xunta

Filed under: Montes e incendios

As asociacións ecoloxistas reafírmanse nas súas análises e propostas

A xuízo de varias organizacións ecoloxistas, a memoria sobre os incendios forestais do ano 2006 presentada pola Fiscalía de Galicia confirma as posicións defendidas por elas e desacredita as especulacións sen fundamento manexadas sobre as causas dos incendios, constituíndo unha chamada de atención sobre a importancia dos incendios debidos ao uso tradicional do lume no medio rural. Asemade, pode lerse como un “tirón de orellas” para todos os políticos que, no ano pasado ou antes, usaron irresponsablemente os lumes como arma partidaria e pretenderon reducir o complexo problema social dos lumes principalmente a unha cuestión técnica e policial.
(more…)

23/07/ 2007

S.O.S Matogueiras do Morrazo

Luita Verde alerta sobor da progresiva desaparición nestas últimas tres décadas do monte baixo e de matogueira na península do Morrazo.


 Áreas recreativas, tendidos eléctricos de alta tensión, excavacións, recheos, construcción de pistas de tiro ao prato, de aeromodelismo e de motocross, construcción e ancheado de pistas forestais, masiva presenza de vehículos motorizados, monocultivo de árbores forestais e incendios forestais, son en xeral as principais causas por efecto humano polo que estes ecosistemas naturais están desaparecendo a pasos axigantados na comarca. Lugares de gran importancia na comarca con monte baixo coma o monte da Paralaia, o monte Gagán, Chan das Bolas, Chans de Cela ou Chans de Pastoriza, ó igual que outras áreas como Cabo Udra, Outeiro do Cruceiro ou o Alto da Esculca, están a ser agredidos nas últimas décadas ata a actualidade, en especial dende o último lustro, por moitas das causas mencionadas, a maioría dentro de monte comunal.
(more…)

25/06/ 2007

Galicia é a comunidade autónoma española con maiores emisións de gases de efecto invernadoiro debidas aos incendios

Filed under: Montes e incendios

O DATO APARECE RECOLLIDO NO INFORME “INCENDIOS FORESTALES: ANÁLISIS Y PROPUESTAS”, DE ECOLOGISTAS EN ACCIÓN

Segundo un estudo  ao que fai referencia un informe sobre incendios que vén de divulgar a confederación ecoloxista estatal Ecologistas en Acción, Galicia emitiu máis dun millón de toneladas de carbono por incendios forestais no período 1981-2002, sendo a comunidade autónoma con maiores emisións de gases causantes do cambio climático debidas a incendios. Este feito é a consecuencia de que Galicia teña sido a comunidade con maiores volumes de madeira queimados durante o devandito período.
(more…)

23/06/ 2007

As organizacións ecoloxistas rexeitan a política de comunicación de NORFOR

Filed under: Montes e incendios

Os grupos ecoloxistas non acudirán a unha  xornada sobre xestión forestal de plantacións que organiza a filial do Grupo ENCE

Organizacións ecoloxistas de ámbito estatal, asturiano, galego e local rexeitan a política de comunicación coa sociedade da empresa NORFOR (Grupo ENCE) e materializan ese rexeitamento na negativa a participaren no encontro organizado pola empresa no seu centro loxístico de Ortigueira para o próximo día 23 de xuño, ao que algunhas destas organizacións teñen sido convidadas.
(more…)

24/05/ 2007

Denuncia a NORFOR

A ASEMBLEA DO SUÍDO E A ASOCIACIÓN POLA DEFENSA DA RÍA (APDR) VEÑEN DE PRESENTAR UNHA DENUNCIA CONTRA A EMPRESA NORFOR POR INCUMPRIMENTO DO DECRETO 81/1989 NUNHA PARCELA DA COMUNIDADE DE MONTES DE PIÑEIRO, NO CONCELLO DE COVELO
(more…)

04/04/ 2007

A Federación Ecoloxista Galega, ven de celebrar a súa Asemblea anual en Neda

Filed under: Montes e incendios

A POLÍTICA FORESTAL E DE RESÍDUOS, FORON OS TEMAS TRATADOS POLAS MESAS DE TRABALLO.

 

Nesta fin de semana, A Federación Ecoloxista Galega celebrou a súa Asemblea anual, nesta ocasión celebrada en Neda e organizada pola Asociación Neboa. Ademais da presentación e aprobación dos informes anuais e decisións de orde interno, analizouse a situacións actual do Medio Ambiente en Galiza, e concretamente a política forestal e de residuos, debatidas en sendas mesas de traballos. Pasamos a informar das conclusións da mesa de política forestal.

 

(more…)

27/03/ 2007

Actividades de educación ambiental de ADEGA

As actividades realizaranse nos concellos de Santiago de Compostela, Ponteareas ou Carballo

Nos últimos dias de marzo ADEGA vai desenvolver un intenso programa de actividades inscritas nos seus programas de Educación Ambiental. A finalidade das actividades é achegar aos cidadáns diversas problemáticas ambientais mediante diferentes metodoloxías.

 

(more…)

23/03/ 2007

Nin un euro máis para o eucalipto!

Filed under: Montes e incendios

O recente Decreto 105/2006 polo que establecen determinadas medidas para a prevención dos lumes forestais supón un notábel intento por achegar racionalidade e aumentar a seguranza das explotación forestais, e deste xeito atallar algúns dos factores responsábeis dos incendios. No entanto, ADEGA quere chamar a atención sobre a contradicción que supón apostar por unha política forestal sustentábel e ao mesmo tempo, insinuar a posibilidade de axudas ao eucalipto (ver artigo 27.2.A). Subvencionando eucaliptos non se preveñen os lumes!

(more…)

20/03/ 2007

21 de marzo. Día forestal mundial: Por un monte diverso e sustentable

Filed under: Montes e incendios


No día no que se reivindica os valores dos bosque en todo o mundo, no que a superficie forestal está en clara regresión, non podemos esquecer os problemas dos bosques galegos, tamén en clara regresión fronte a terreos de produción forestal empobrecendo do produto forestal. Neste día a Federación Ecoloxista Galega reclama un golpe de temón na política forestal, a favor dunha produción diversificada e calidade.

(more…)

ADEGA invita a cidadania a celebrar o día forestal

Filed under: Montes e incendios

Dez ideas para celebrar o día da árbore (sen plantar unha árbore).

 

O día da árbore é xunto co do medio ambiente unha das celebracións máis arraigadas e extendidas nas actividades a favor do medio. O Día Forestal Mundial ou a Día Internacional das Árbores celabrada cada 21 de marzo coñecida como a “Festa da árbore” conta cunha fonda tradición e a súa orixe faría remontarnos ás primeiras décadas do século pasado. Estas celebracións tiñan unha forte compoñente didáctica, de feito muitas delas estaban promovidas por entidades pedagóxicas, cívicas ou concellos, coa intención de impulsar a protección e cuidado das árbores. As actividades realizadas ao redor da Festa eran moi variadas e aínda que actividades como plantacións e edicións de folletos alusivos á defensa dos bosques semellen algo moi de hoxe, o certo é que vai máis alá de cen anos a historia deste acontecemento que como outros moitos a guerra civil se encardou de borrar. En certa maneira nestes acontecemento está a orixe do ecoloxismo actual.

(more…)

15/03/ 2007

Nova quenda de prantacións de ADEGA e o dispositivo do Voluntariado en Defensa do Monte no Barbanza

Filed under: Montes e incendios

Este sábado día 17 prantaremos preto de 1500 árbores de especies autóctonas nos montes da CVMMC de Santa Cruz de Lesón
 
Este vindeiro sábado día 17, ecoloxistas e voluntarios/as coordenados por monitores do programa “Vive en Defensa do Monte Galego” de Vicepresidencia, levarán a cabo a terceira fase da prantación que ADEGA, en colaboración coa CVMMC de Santa Cruz de Lesón (Pobra do Caramiñal) ten proxectado nos montes do Barbanza afectados polo lume.

(more…)

05/03/ 2007

ADEGA e o dispositivo do Voluntariado en Defensa do Monte repoboan terreos no Barbanza

Nesta quenda, prantaranse preto de 1500 árbores de especies autóctonas nos montes da CVMMC de santa Cruz de Lesón.

Será o martes 6 e o sábado 10 de marzo Este vindeiro martes día 6, alunos e alunas de diversos colexios de Galiza, coordenados por monitores do programa “Vive en Defensa do Monte Galego” de Vicepresidencia, levarán a cabo a segunda fase da prantación que ADEGA, en colaboración coa CVMMC de Santa Cruz de Lesón, ten proxectado nos montes do barbanza afectados polo lume.

(more…)

02/03/ 2007

Grupos “mafiosos” boicotean a extracción de madeira queimada en Pontevedra

Filed under: Montes e incendios

Máquinas de tres empresas da madeira sufriron graves ataques nas últimas semanas en Cotobade. Os empresarios están a ser ameazados telefonicamente. Segundo puido saber Vieiros, as causas poden estar nos cambios introducidos nas poxas da madeira, que están a crear un profundo malestar en determinados sectores. Na orixe estarían as medidas impulsadas por Medio Rural logo da crise incendiaria do pasado verán. (more…)

28/02/ 2007

@S GALEG@S PLÁNTANSE CONTRA O LUME

La Región

La Voz, Ourense e tamen esta

26/02/ 2007

@s Galeg@s Plántanse contra o lume

A actividade pretende reivindicar os valores do monte fronte ás chamas Diversos centros educativos e entidades ecoloxistas celebrarán en diversas localidades do país, mañá, 27 de febreiro, unha plantación humana, seguida dunha plantación forestal, para reivindicar a importancia dos nosos montes e a súa protección logo dos devastadores efectos das chamas.

(more…)

10/02/ 2007

Por unha acuicultura sustentábel: achegas de ADEGA ao novo Plano Sectorial

ADEGA ven de apresentar alegacións ao documento marco que establece as condicións para o desenvolvemento da acuicultura en terra, no proceso de Avaliación Ambiental Estratéxica. As nosas suxestións pretenden achegar criterios de sustentabilidade e xustiza social a unha actividade que ten provocado fortes impactos ambientais e grande controversia. O actual governo ten a oportunidade de racionalizar e regulamentar un sector que até o de agora privatizou os beneficios e socializou os impactos, cunha planificación baseada no criterio de "todo vale". (more…)

07/02/ 2007

ADEGA e Fixonia colaboran nun proxecto de reforestación dos montes queimados

Prantaranse preto de 3500 árbores de especies autóctonas nos montes do Barbanza

Este vinteiro xoves día 8, a partir das 11:30 da mañán, voluntarios/as de ADEGA, comuneiros/as de Santa Cruz de Lesón e persoal da empresa IMC Cosmetics-Fixonia, iniciarán as actividades de prantación forestal para a recuperación dos montes queimados na Península do Barbanza, concello de A Pobra do Caramiñal. A cita é a esta hora no cumio do monte Curotiña, dende onde partiremos cara a zona de prantación. (more…)

29/12/ 2006

A FEG fai balanzo ambiental do 2006.

O MELLOR E O PEOR DO ANO

 

A FEG fai un balanzo do que foi o ano a nivel ambiental, no que no bo, tivo moito que ver o movemento social e as novas normativas que veñen de Europa, mentres as malas, pese a ser recorrentes, non deixan de ser noticias e en este ano foron destacados polo medios de comunicación. (more…)

Verdegaia denuncia falta de planificación e clientelismo na organización do voluntariado en defensa do monte galego

Filed under: Montes e incendios

CONSIDERA QUE SE ESTÁ A DESVIRTUAR O VOLUNTARIADO FORESTAL

Verdegaia denuncia que a Dirección Xeral de Xuventude e Solidariedade da Vicepresidencia da Xunta está a promover o voluntariado en defensa do monte galego sen un plano estruturado e practicando o clientelismo. A asociación ecoloxista é partidaria dun voluntariado forestal crítico e transformador promovido desde as organizacións sociais coa posibilidade de recibiren fondos públicos. Pola contra, rexeita que fose xestionado directamente desde a Xunta para suscitar o apoio acrítico á súa xestión e para cubrir as enormes carencias provocadas polo escaso esforzo realizado polas institucións (Goberno central, Xunta e Concellos) para defender o monte, en particular para reducir as perdas de solo coas chuvias de outono en terreos queimados.

(more…)

28/12/ 2006

Pirómanos pasivos, Pirómanos covardes

Filed under: Montes e incendios

No día de onte, un representante da FEG participou no Consello Forestal Galego, no que se nos convocou so para decirnos que recibiran moitas alegacións ao proxecto de Lei de prevención e e defensa contra os incendios forestais. No mesmo se comentou que se estaba a revisar o documento que será enviado a aprobar ao Consello da Xunta e de alí ao Parlamento.
Que se estaba a valorar o de eliminar as taxas pola extinción de lumes, aqueles donos que non limpan o monte, que veciños entren a limpar as fincas que non cumpran a normativa (un tanto lóxico) e que ían revisar as distancias dos perímetros secundarios.
Pero tal foi a sorpresa, cando escoitando a radio, declaracións do Director de Montes dicindo que o Consello había aprobado quitar ou eliminar esas partes da Lei. So se pode dicir unha cousas: A Consellería de Medio Rural e unha COVARDE. Covarde por non plantexar directamente o que ían facer, e covardes por ceder ás presións da industria e os propietarios, pois son as únicas alegacións admitidas.
Curiosamente Ignacio Ramonet, e antes de que acontecera isto, viña a dicir o mesmo, con outras verbas, no xornal El Pais e que pasamos a reproducir, e traducido ao galego (more…)

24/12/ 2006

A Asociación pola Defensa da Ría sumase á denuncia da consellería de medio rural contra NORFOR, a filial forestal de ENCE

Filed under: Montes e incendios

A APDR ven de presentar unha solicitude para sumarse á denuncia que ten presentado a delegación provincial de Pontevedra da Consellería de Medio Rural contra a empresa NORFOR, filial forestal de ENCE, por incumprimento do Decreto 81/1989 do 11 de maio, sobre medidas de ordenación das novas plantacións co xénero Eucaliptus, en dúas plantacións da provincia xestionadas pola empresa, en Cuñas, no Concello de Ponte Caldelas e Quintás, no concello da Estrada.

(more…)

21/12/ 2006

Para subliñar a millor e pior actuación ambiental deste ano en Galiza

ADEGA CONCEDE OS PREMIOS OSÍXENO E DIOXINA 2006 

Un ano máis, e van xa 6 edicións, a Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza (ADEGA) falla os premios OSÍXENO e DIOXINA. Estes galardóns pretenden recoñecer a millor e pior actuación de persoas ou colectivos a prol (premio osíxeno) ou en contra (premio dioxina) do medio natural. (more…)

30/11/ 2006

A Federación Ecoloxista Galega presenta ante o Consello Galego de Medio Ambiente 48 preguntas nas que se piden explicacións sobre o rumbo da xestión da Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible.

A ORDEN DO DÍA NON INCLÚE TEMAS FUNDAMENTAIS PARA A EXECUCIÓN DUNHA CLARA XESTIÓN TERRITORIAL E AMBIENTAL

A Lei de protección do litoral, a Lei da de protección da Paisaxe, ou os orzamentos da Consellería son temas que non se tratan na orde do día.

(more…)

29/11/ 2006

O voluntariado en defensa do monte galego remata con éxito os seus traballos en Vilagarcia e Forcarei

Filed under: Montes e incendios

Mariñeiros e comuneiros felicitaron aos ecoloxistas
 
As recentes cheas en Vilagarcia, Rianxo e outras vilas galegas confirman o feito de que os montes e as rías son medios intimamente relacionados. Un dos impactos máis importantes que trae consigo o lume é á perda de solo. O solo é o resultado da interación da materia mineral e os restos vexetais que se degradan pola acción dos microorganismos, formándose o humus ou mantiño que aporta fertilidade e estrutura ao solo. Despois dun incendio esta estrutura fica destruída e a capa supeficial transfórmase nun pó negro que rexeita a auga (non se empapa, é hidrófobo) e que se vai coas primeiras enxurradas, formando eses lameiros negros que cubren os bancos marisqueiros matando as larvas e crias dos organismos mariños. Moitos comuneiros/as afirman preocupados que Vilagarcia, o Barbanza e outras zonas costeiras afectadas este verán polos lumes e agora polas enchentes, viviron sempre de costas aos seus montes.

(more…)

28/11/ 2006

Luita Verde achaca á mala ordenación, o empeoramento das causas da vaga de riadas

Luita Verde denuncia que a destrucción física e a alteración da dinámica natural dos ríos e regatos, unido este ano á vaga de lume nos montes no verán son os principais causantes da vaga de riadas e asolagamentos en vivendas e núcleos urbanos este outono na comarca do Morrazo.

(more…)

26/11/ 2006

Conferencia sobre os “efectos dos lumes forestais sobre as rías galegas”

Como remate ás Xornadas sobre “EUCALIPTIZACIÓN: DESASTRE ECOLÓXICO” que a “Asociación Pola Defensa da Ría” veu celebrando ao longo dos últimos 15 días, este martes 28 de novembro ás 20,30 horas vai ter lugar unha nova Conferencia-colóquio nos locais da Galería Sargadelos, na rúa Oliva.
(more…)

02/11/ 2006

Informe da Federación Ecoloxista Galega para a “Comisión de Estudo sobre as causas e consecuencias dos incendios Forestais”

Filed under: Montes e incendios

O pasado 31 de outubro, a FEG foi convocada para participar na Comisión que estuda a vaga de incendios deste ano. Para ver todo texto, premede aquí

20/10/ 2006

A FEG e Amigos da Terra critican a actitude pouco participativa do consello forestal

Filed under: Montes e incendios

O PASADO 10 DE OUTUBRO, A FEG E AMIGOS DA TERRA ASISTIRON Á ANSIADA CONVOCATORIA DO CONSELLO FORESTAL

 

O 2 de decembro de 2004, o Consello do Goberno galego aprobou o decreto que regulaba este órgano de carácter consultivo para potenciar a participación e interacción entre a Administración e as entidades implicadas na xestión do monte. (more…)

05/10/ 2006

Os lumes, as fortes chuvias e unha xestión insostíbel do dominio público hidráulico, causas das enchentas

O modelo mediterráneo de ocupación intensiva do territorio, traslada a Galiza as graves consecuencias das enchentes

 

As recentes inundacións sufridas nalgunhas vilas da Costa da Morte e noutros concellos costeiros galegos, produxo imaxes máis propias da zona mediterránea e do levante español, acostumados ás enchentes periódicas por trombas de auga.

(more…)