26/03/ 2008

Verdegaia, a USC e a Consellería de Medio Ambiente presentan o Programa de Préstamo de bicicletas

 
Verdegaia, a coordinación do Plan de Desenvolvemento Sostible da USC, dependente da Vicerreitoría de Calidade e Planificacióna e a Dirección Xeral de Desenvolvemento Sostible, poñen conxuntamente en marcha por segundo ano consecutivo un Programa de préstamo de bicicletas dirixido aos membros da comunidade universitaria tanto no campus de Lugo coma no de Santiago.
 

 

08/02/ 2008

A Xunta incumpre o seu compromiso de presentar un Plano de Redución das Emisións de Gases de Efecto Invernadoiro

Verdegaia propón un decálogo de medidas contra o cambio climático

A asociación ecoloxista Verdegaia denuncia que a Xunta continúa sen cumprir o seu compromiso de presentar un Plano de Redución das Emisións de Gases de Efecto Invernadoiro (GEI). O último prazo superado para a presentación deste Plano, anunciado en numerosas ocasións desde o comezo da lexislatura e sucesivamente adiado, foi o do 1 de xaneiro, fixado na Estratexia Española de Cambio Climático e Enerxía Limpa (EECC e EL). Verdegaia esixe que non se atrase máis a presentación do Plano e propón á Xunta 10 medidas relevantes para reducir as emisións de gases causantes do cambio climático.

16/01/ 2008

Próximo roteiro de ADEGA: bicicletada por Lugo

Filed under: Convocatoria, Transporte

 Este mes, dentro do noso programa de roteiros 2007-2008, adicados ó cambio climático, ADEGA proponvos unha bicicletada pola cidade de Lugo.
 
 

15/01/ 2008

Ecoloxistas en Acción e Verdegaia avalían a capacidade destrutiva dos 4x4

 Diante da crecente presenza destes vehículos nas cidades, Ecoloxistas en Acción elaborou un exhaustivo estudo baixo o epígrafe “4×4 = – Planeta”, traducido e presentado en Galicia por Verdegaia, que vén a demostrar a alta capacidade de destrución ambiental que posúen estes vehículos. Do informe despréndese que se ben os impactos que ocasionan estes vehículos son comúns a todos os automóbiles, o grao de incidencia dos mesmos é moito máis acusado nos 4×4.


 
 

29/11/ 2007

Verdegaia organiza unha charla e unha exposición sobre Cambio Climático


Instituto de Ensinanza Secundaria A Guía, en Teis, acolle dende a semana pasada ata o próximo martes 4 de Decembro unha exposición sobre Cambio Climático promovida pola asociación ecoloxista Verdegaia e a confederación ecoloxista estatal Ecologistas en Acción.

13/11/ 2007

Verdegaia solicita á DGT que regale bicicletas no canto de financiar permisos de conducir

Filed under: Transporte

Fronte á Campaña da Dirección Xeral de Tráfico, pola que correrá a cargo dos xuros de ata 1000 euros a 36 meses, para que as persoas de entre 17 e 25 anos poidan sacarse o carné de conducir; a Verdegaia solicitou a este organismo que, polo mesmo custo, regale bicicletas como medio transporte non agresivo, saudable e respectuoso co medio ambiente. Ler máis premendo eiquí

06/11/ 2007

SAPOCONCHOS: Programa de Educación ambiental en Vigo

En novembro arrincamos cun novo proxecto dentro da área de Educación Ambiental en Verdegaia-Vigo. É o proxecto “SAPOCONCHOS”. Vai dirixido a todos/as aquelas/es nenas/os, de entre 5 e 14 anos, que queiran acompañarnos. Son actividades abertas e gratuitas. O que procuramos dende “sapoconchos” é promover o coñecemento e a comprensión das cuestións ambientais, así como impulsar a toma de conciencia crítica perante os problemas do noso entorno.

(more…)

26/10/ 2007

ADEGA e outros colectivos ecoloxistas presentan alegacións ao trazado do AVE por Cerdedo

Filed under: Denuncia, Transporte

ADEGA presentará mañá sábado día 27 de outubro ás 12 h. na Subdelegación do Governo en Pontevedra unha alegación ao trazado do tramo do TAV Barro-O Carballiño (por Cerdedo) xunto con outros colectivos culturais e ecoloxistas.
Esta alegación conxunta está consensuada polos colectivos GAS (Grupo de Axitación Social)-Vigo, Asociación Cultural “Kaleidoskopio” (Vigo), Centro Social “A Revolta” (Vigo), Vaipolorío (Vilaboa-Pontevedra), Colectivo Nacionalista de Marín, APDR, ADEGA, Asociación Medioambiental e Cultural “Cañon de Pau” (Cotobade), e Asociación Ecoloxista e Cultural da Terra de Montes “Verbo Xido”.

(more…)

25/10/ 2007

Outra mobilidade é posible: adiante a Masa Crítica de Ponteareas!

Filed under: Convocatoria, Transporte

Con pé firme está a botar a andar a Masa Crítica de Ponteareas. Así, agora despareceron os logotipos e nace a Masa Crítica como tal, un colectivo que tentará traballar a prol da mellora do transporte colectivo na Comarca do Condado, defendendo o uso da bici como medio de transporte ideal para as pequenas e medias distancias.

(more…)

01/10/ 2007

Informe de sustentabilidade do transporte

Filed under: Transporte

COMPARATIVA URBANA DE MEDIOS DE TRANSPORTE EN VIGO

 Verdegaia ben de publicar os resultados finais da "carreira dos medios de transporte" que organizou en Vigo o pasado día 18 de setembro.

(more…)

24/09/ 2007

Medio ambiente, transporte e saude

Filed under: Prensa, Transporte

Igual que para coñecer o sistema sanitario o mellor é pasar por enfermo uns meses, entre médicos, ambulatorios e hospitais; para coñecer o sistema penal non hai mellor cousa que durmir unhas semanas nas mazmorras dalgunha dos cárceres do país, para coñecer o transporte urbano propoño sacar a bici do faiado logo dos paseos estivais e desprazarse ao traballo polo interior das vísceras do sistema urbano, para experimentar intensamente os fumes, berros, ruídos, insultos da variada fauna humana que cando se sobe a un coche saca o peor que leva dentro e converte a rúa nunha auténtica xungla.

(more…)

21/09/ 2007

Verdegaia realiza unha comparativa de medios de transporte urbanos en Compostela, Ferrol, Ourense e Vigo

Filed under: Transporte

A bicicleta resultou o medio máis eficaz para desprazase pola cidade empregando a metade de tempo que o automóbil e unha terceira parte que o autobús

(more…)

20/09/ 2007

O sábado 22 de setembro celébrase a primeira Masa Crítica Galega

Filed under: Convocatoria, Transporte

O vindeiro sábado 22 de setembro, Día Europeo sen Coches, terá lugar a 1ª masa Crítica Galega. Sairá ás 12:30 da Alameda de Santiago de Compostela, realizando un percorrido polas rúas da cidade. Achegaranse ciclousuarios e ciclousuarias de toda Galicia. Posteriormente terán un xantar colectivo no Parque de Bonaval completándose o programa de actividades coa proxección do documental “Return of the Scorcher” ás 17:00 no centro social O Pichel na rúa Sta. Clara. Este documental describe os inicios do "movemento" da masa crítica en San Francisco. Ao remate da proxección desenvolverase unha mesa redonda coa participación de representantes de grupos de ciclousuarios/as participantes sobre a situación da bici en Galicia e o seu futuro.

(more…)

18/09/ 2007

Semana europea da mobilidade… todo o ano!

Filed under: Transporte

O tráfego urbano é a principal causa de deterioración da calidade de vida nas nosas vilas e cidades. A contaminación atmosférica e acústica do tráfego degrada o ambiente con consecuencias negativas para a nosa saúde (doenzas respiratorias, estrés, perda de audición…). O coche ocupa a maior parte do espazo público, convertendo as rúas e prazas en lugares principalmente de paso, perigosos pola presenza ameazadora do automóbil e sen condicións para cumprir as súas funcións de encontro e de xogo, funcións ás que non debemos renunciar. Cómpre dar un xiro radical na forma de entender o transporte, aplicando criterios ecolóxicos e de sustentabilidade na súa xestión. Neste campo, a bicicleta ten demostrado a súa utilidade polo que é preciso recuperar o seu papel central na mobilidade das persoas.

(more…)

05/09/ 2007

Desfeita ambiental no LIC Monte e Lagoa de Louro

A protección efectiva da Rede Natura está moi lonxe de ser unha realidade. Aos numerosos proxectos agresivos de iniciativa privada (piscifatorías, LICs litorais, parques eólicos, Brañas de Xestoso, canteiras (Courel e Xistral)… en espazos protexidos, hai que engadir algunhas actuacións promovidas organismos públicos que comprometen gravemente a viabilidade ambiental destes espazos. Casos como as desafortunadas intervencións de Costas en Valdoviño, Baldaio ou O Pindo, ou agora esta "autoestrada" no Monte Louro, amosan un preocupante descoñecemento do conceito xestión ambiental.

(more…)

06/06/ 2007

D.E.P. Círculo Lítico da Mourela: 3000 AC-5 de xuño de 2007

día de loito para o Patrimonio Cultural de Galiza. Na mañá do Día Mundial do Medio Ambiente, a necrópole da Mourela foi arrasada por dúas escavadoras. Sen facer públicos os traballos arqueolóxicos sobre o Circulo Lítico, sen estudar outras alternativas ao trazado previsto, sen valorar a posibilidade de construir un túnel por baixo da necrópole como propuña ADEGA, e sen termos constancia de que a D. X. de Patrimonio dera o visto bo, a CPTOPV arrasou o monumento, enclave crucial do megalismo galego. Rematan así 5.000 anos de historia do Círculo Lítico da Mourela. ADEGA e a Plataforma pola Defensa do Patrimonio das Pontes esiximos responsabilidades por esta desfeita.
(more…)

05/06/ 2007

Reinvindicación do uso da “Bicicleta” no “Dia mundial do Medio Ambiente”

Filed under: Convocatoria, Transporte

O “Grupo de traballo pola bici do IES Xunqueira II”, o Colectivo “PEDALADAS” e a “Asociación Pola Defensa da Ría”, no “Día Mundial do Medio Ambiente” teñen tomado a decisión de reivindicar de forma conxunta a utilización da “bici” como medio de transporte na cidade de Pontevedra, unha vella reivindicación que mesmo ven avalada pola Dirección Xeral de Tráfico, que no número correspondente ao mes de maio da súa revista, chama a atención sobre a necesidade de recurrir á bicicleta para o transporte na cidade tanto polo seu interese na solución dos problemas de tráfico como polo seu papel na loita contra a contaminación ambiental urbana.
(more…)

08/04/ 2007

Verdegaia e Ecologistas en Acción promoven a exposición “Freemos o cambio climático”

A asociación ecoloxista galega Verdegaia e a confederación ecoloxista estatal Ecologistas en Acción promoven en Galicia a exposición itinerante “Freemos o cambio climático”. Esta exposición explica que é o cambio climático, as súas causas, os seus efectos a nivel mundial e na Península Ibérica e as súas solucións. A exposición, que consta de 14 paneis, ponse a disposición de asociacións, centros de ensino e institucións de toda Galicia.

(more…)

03/04/ 2007

O transporte marítimo en situación de perigo na ría de Vigo

Filed under: Litoral, Transporte

Luita Verde reproba a subida de 10 céntimos das tarifas do servicio de transporte marítimo na ría de Vigo por parte da empresa Mar de Ons, pero tamén culpabiliza á Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Transporte por autorizala, que tamén é extensible ós concellos de Moaña e Cangas pola súa torpeza e feble  implicación .

 

(more…)

16/03/ 2007

Verdegaia, a USC e a Dirección Xeral de Desenvolvemento Sostible poñen en marcha un programa de préstamo de bicicletas nos campus de Lugo e Santiago

Filed under: Transporte

Este programa diríxese a todos os membros da comunidade universitaria co obxectivo de fomentar o uso de medios de transporte alternativos ao coche, fornecendo unha ferramenta práctica para visualizar a viabilidade da bicicleta como modo de transporte, e estudar as particularidades do seu uso en Santiago e Lugo.

(more…)

12/02/ 2007

A Federación Ecoloxista Galega Aposta Por Un Tren De Cercanías En Lugar Da Alta Velocidade

OS ECOLOXISTAS PIDEN A PROTECCIÓN DAS RIBEIRAS DO MERO E O BOSQUE ANIMADO
 

A FEG critica o Estudo Informativo da liña de tren de alta velocidade entre Ferrol e Coruña, e o seu Estudio de Impacto Ambiental, pois alén de presentar unha serie de incorreccións, implicaría unha grave afección ao importante bosque de ribeira do río Mero e contribúe aínda máis à desor-ganización do territorio que caracteriza á conurbación Coruña-Ferrol, onde se dan trazados inde-pendentes para unha autovía, unha autoestrada e dúas liñas de tren.

(more…)

NON AO TRAZADO DO AVE TREN DE CERCANÍAS XA II

"Concentración en Cambre para pedir o cambio no trazado do AVE " (Galicia Hoxe)

Cambre y Bergondo escenifican en una concentración su rechazo al trazado del AVE (La Voz)

La protesta por el trazado del AVE reúne a casi mil personas en Cambre (La Opinión)

09/02/ 2007

NON AO TRAZADO DO AVE TREN DE CERCANÍAS XA

Estes días está exposición pública varios tramos do AVE A Coruña Ferrol, entre eles o tramo entre as localidades entre Betanzos e A Coruña, Tramo que pon en perigo o que queda da coñecida Fraga de Cecebre, inspiración do “Bosque animado” de Wenceslao Fernández Florez. Pero o pobo se mobiliza.

(more…)

31/01/ 2007

Boas palabras, pero poucos feitos e balóns fóra agoiran un futuro pesimista para o xacemento

A BUROCRACIA E O DESLEIXO PODEN ACABAR COA MOURELA

 

No día de onte, tivo lugar a agardada entrevista co Director Xeral de Obras Públicas, Sr. Morato, para coñecer a opinión do seu departamanto encol do proxecto presentado por ADEGA e a Plataforma pola Defensa do Patrimonio das Pontes para salvar o círculo lítico da Mourela. Lembremos que este proxecto propuña a construcción dun túnel en troques dunha trincheira que arrasaría o xacemento e fendería a zona arqueolóxica veciña.

(more…)

01/12/ 2006

Verdegaia demanda unha planificación seria para promover o uso da bicicleta como medio de transporte no Concello de Compostela

Filed under: Transporte

O anuncio realizado onte polo Concello relativo ao proxecto de construción dun carril-bici na rúa Berlín en Fontiñas é unha mostra máis da ausencia dunha aposta seria, planificada e estructurada para fomentar o uso cotián da bicicleta na nosa cidade.
 
(more…)

30/11/ 2006

A Federación Ecoloxista Galega presenta ante o Consello Galego de Medio Ambiente 48 preguntas nas que se piden explicacións sobre o rumbo da xestión da Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible.

A ORDEN DO DÍA NON INCLÚE TEMAS FUNDAMENTAIS PARA A EXECUCIÓN DUNHA CLARA XESTIÓN TERRITORIAL E AMBIENTAL

A Lei de protección do litoral, a Lei da de protección da Paisaxe, ou os orzamentos da Consellería son temas que non se tratan na orde do día.

(more…)

03/07/ 2006

Non máis herbicidas nas nosas estradas

ADEGA denuncia o uso de herbicidas para "acondicionar" as marxes dalgunhas estradas galegas.

Estas práticas, ademáis de contribuir á contaminación química dos acuíferos e ao envelenamento do medio, son un factor engadido de risco de incendios pola cantidade de biomasa vexetal seca que se amorea nas cunetas. ADEGA reclama o abandono destas práticas e a substitución por traballos de rozado mecánico con recuperación da materia orgánica.

(more…)

08/04/ 2006

Transporte colectivo público, Ecoloxico, social e regulado

Filed under: Transporte

Luita Verde denuncia que a Administración Pública, Concellos, Mancomunidades e Xunta de Galicia, son as grandes culpables da lamentable situación do transporte colectivo no Morrazo, na ría de Vigo e por engadido de toda Galicia.

(more…)

30/03/ 2006

Por un transporte digno e efectivo no Morrazo

Filed under: Transporte

Luita Verde denuncia que a Administración Pública, Concellos, Mancomunidades e Xunta de Galicia, son as grandes culpables da lamentable situación do transporte colectivo no Morrazo, na ría de Vigo e por engadido de toda Galicia.

(more…)






















Get free blog up and running in minutes with Blogsome | Theme designs available here