11/05/ 2008

A UE ve irregularidades na concesión de explotacións no Courel

A Unión Europea (UE) alertou da existencia de catro concesións de explotación de lousa no Lugar de Interese Comunitario (LIC) Ancares-Courel, incluído na Rede Natura 2000, que incumpren varios artigos da normativa sobre a protección do medio ambiente que ten que acatar de forma obrigatoria todos os estados membros. Trátase dunha canteira situada no Courel e doutras tres situadas no municipio de Quiroga. (Publicado polo xornal o progreso)
(more…)

06/04/ 2008

Transxénicos e o mundo ao revés

No día de hoxe, sae aos medios, unha de tantas discusións, entre as Consellerías que se disputan o Medio (Ambiente e Rural) aínda que o que desvela o País é o mundo ao revés.

Mentres que Medio Ambiente, gustaríame saber que información manexan para tomar esta postura, está a favor dos experimentos de tranxénicos en galiza, Medio Rural está en contra pois danaría á imaxe de agricultura de calidade e ecolóxica dos nosos produtos.
(more…)

05/04/ 2008

Veciñas e veciños afectados pola contaminación electromagnética nas Barxas (Moaña): entregáronse ao concello 832 asinaturas

Xosé Manuel Taboa Couso, en nome das veciñas e veciños afectados pola contaminación electromagnética de As Barxas (MOAÑA) entregou 832 asinaturas no rexistro xeral do Concello de Moaña, contra o conglomerado de contaminación electromagnética desta zona residencial en expansión; composta polas antenas base de telefonía móbil (recentemente ampliadas) da torreta do edificio de Telefónica e dun transformador ambas as dúas na Rúa Barxas, o que se suma as lindeiras liñas de media tensión.

 

04/04/ 2008

Hoxe entrégase a saúde pública unha nova petición de estudo epidemiolóxico

Esta mañá, Beatriz Diz, portavoz dos veciños de santa Lucía de Moraña afectados pola contaminación electromagnética, entregou vía rexistro a petición de devandito colectivo á Dirección Xeral de Saúde Pública de:

 

A ria de Vigo está en serio perigo

Ampliación do porto, especulación e privatización do mar e o litoral

Nota de prensa da Rede A Ría Non Se Vende sobre as pretensións da Autoridade Portuaria para a ampliación do porto de Vigo, realizando mais de 230.000 m2 de novos recheos, son o proxecto dun atentado ecolóxico.

Máis

Verdegaia oponse á construcción dunha canteira que destruiría a riqueza natural e cultural do Monte Comunal de Sabaxáns

Filed under: Xestión Ambiental

Verdegaia presentou, en prazo de exposición pública, alegacións contra o proxecto da canteira que prevé construir a empresa Miñor Granitos S.L. no Monte Comunal da Parroquia de Sabaxáns, no Concello de Mondariz.
 

Unha canteira destruirá o entornonatural de Coto da Eira en Mondariz e Fonelos de Montes

A zona proposta como espazo natural non foi aprobada debido  ao proxecto da canteira

Unha canteira de granito promovida por Granitos Miñor SL destruirá o entorno natural do Coto da Eira. A zona afectada do Coto da Eira foi proposta hai escasos meses no pleno do Concello de Mondariz como Espazo Natural de Interese Local. Esta proposta foi votada favorablemente polos representantes do PS de G-PSOE e do BNG namentras que foi rexeitada polo goberno local do Partido Popular. ADEGA quere preguntar abertamente qué intereses defende o alcalde do Concello de Mondariz que prefire destruir o Coto da Eira a protexer un espazo de evidente interese natural.


 

Verdegaia denuncia o excesivo uso turístico do Parque Nacional das Illas Atlánticas

O grupo ecoloxista Verdegaia considera lamentable a instalación por parte do concello de Vigo de 28 sinais indicadores por toda a cidade co lema "Cíes, a mellor praia do mundo". Estes sinais, colocadas en puntos como a praza de España, Sanjurjo Badía ou Bouzas, difunden unha imaxe do Parque Nacional como un espazo turístico de sol e praia, algo que se opón frontalmente aos obxectivos de conservación e protección que inspiraron a súa creación.

 

01/04/ 2008

Mercadillo de troco

Filed under: Xestión Ambiental

 
Sábado 5 de abril, de 11:00 a 14:00 na Praza da Igrexa da Rúa de San Pedro, Compostela
      
 Sección especial para trocar obxectos de nenos e nenas entre 0 e 6 anos!
    
 De 11 a 13.30 – Recollida e exposición de obxectos

De 13.30 a 14:00- Troco, Máximo de 6 obxectos por persoa. Só se admitirán obxectos en bo estado
    
O troco é un sistema de mercado no que prima o valor real das cousas baseado na súa utilidade, non o seu prezo en moeda.

Supón unha reflexión previa sobre o que xa posuímos e as nosas necesidades reais, e pon en cuestión o valor dos cartos e o seu lugar na nosa sociedade, amosando un xeito á marxe do capitalismo para consumir.


 

31/03/ 2008

Verdegaia alerta sobre o deterioro ambiental que está a padecer a Marisma de Baixoi e a Praia Grande de Miño por diferentes proxectos urbanísticos.

Demanda dos organismos competentes a paralización destes proxectos, así como a recuperación ambiental deste espazo natural.

Verdegaia solicitará ademáis que a Praia Grande, a Marisma e o Rio Baixoi se incorporen ao L.I.C. Betanzos-Mandeo.
A asociación ecoloxista Verdegaia quere chamar a atención sobre a lamentábel situación da Marisma de Baixoi e da Praia Grande de Miño. Varias infraestructuras, instalacións e urbanizacións ameazan a integridade deste espazo natural esquecido, carente dunha figura de proteción especial de ámbito galego; pois só está "protexido" polo Plano Xeral de Ordeamento Municipal.


 

26/03/ 2008

Verdegaia, a USC e a Consellería de Medio Ambiente presentan o Programa de Préstamo de bicicletas

 
Verdegaia, a coordinación do Plan de Desenvolvemento Sostible da USC, dependente da Vicerreitoría de Calidade e Planificacióna e a Dirección Xeral de Desenvolvemento Sostible, poñen conxuntamente en marcha por segundo ano consecutivo un Programa de préstamo de bicicletas dirixido aos membros da comunidade universitaria tanto no campus de Lugo coma no de Santiago.
 

 

25/03/ 2008

Convocatoria aberta APDR Pontevedra venres 4 abril en Sargadelos

A Asociación Pola Defensa da Ría quere convocar a todos os colectivos implicados na loita contra o complexo ENCE-ELNOSA a unha xuntanza que terá lugar o vindeiro venres 4 de abril ás 20 horas, na Galería Sargadelos de Pontevedra. O motivo desta convocatoria é a busca de apoios para a manifestación que vimos de convocar para o 25 de abril en Pontevedra.


Ante a pasividade que están a mostrar as administracións implicadas na desaparición do complexo contaminanate, e trala campaña de alegacións contra a Autorización Ambiental Integrada, entendemos que é preciso deixar claro que non estamos dispostos a deixar que a falta de decisión perpetúe esta situación.


Contamos con todas e todos vós. Saúde


 

ADEGA presenta o seu programa ‘’FOGARES VERDES'’

Filed under: Xestión Ambiental

   
Este mércores 26 de marzo preséntase en Compostela o programa "FOGARES VERDES. Este proxecto impulsado polo INEGA, a concellería de Medio Ambiente de Santiago e ADEGA vai promocionar en medio cento de fogares da cidade o aforro de enerxía e auga. A meta será acadar un redución do consumo de enerxía eléctrica nun 5,2% e dun 10% no caso da auga. Para elo fáranse visitas períodicas a modo de acompañamento aos fogares para facilitarlles información e consellos coa fin de tentar mudar hábitos. Na primeira visita farase entrega dun kit de aforro composto por unha lámpada de baixo consumo e dous reductores de caudal para as billas.
                                                      

21/03/ 2008

Luita Verde denuncia que un campionato de trial, afecta á Rede natura no Morrazo

Luita Verde e Amig@s do Morrazo Verde denunciaron formalmente e por escrito ante a Dirección Xeral de Conservación da Natureza da Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible a instalación de parte do circuito de saltos nas proximidades de Menduíña, na parroquia de Aldán do concello de Cangas, dentro da zona protexida do Lugar de Importancia Comunitario (LIC) de Udra, da Rede Natura, con motivo da celebración o pasado domingo 16 de marzo do campeonato galego de trial organizado pola Federación Galega de Motociclismo e a colaboración da Fundación Deporte Galego, a Consellería de Cultura e Deporte, a Diputación de Pontevedra e  Caixanova, solicitando a apertura dun expediente sancionador e que se prohiba a celebración deste tipo de eventos no futuro para que non se volte a repetir o sucedido, como tamén a circulación de vehículos motorizados polo citado LIC de Udra, do que temos constancia que está a ser unha costume ó longo do ano.

                                                      

 

11/03/ 2008

O Concello de Moaña, non atende ás alegacións ao PXOM

Filed under: Xestión Ambiental

O Concello de Moaña rexeitou 34 páxinas de alegacións máis outras 40 de anexos sobre a importancia e protección dos espazos naturais do municipio apresentadas por Luita Verde o 20 de decembro de 2005 ao PXOM (onde “tendo en conta as moitas  irregularidades que contiña, moitas delas de tal calibre que implicaban na realidade unha modificación total do mesmo” se solicitaba “a anulación total do PXOM presentado e partindo do documento como un documento de inicio de cara á realización dun verdadeiro plan xeral que satisfaga, como primeira premisa, os habitantes de Moaña e os seus intereses”), respostando con data de 11 de febreiro de 2007 de saída do concello (ou sexa despóis de máis de dous anos sen respostar) que “os puntos 1,2,3,5,6,7 e 8 se desestiman” a secas, os puntos 4 “estase actualizando e realizarase un estudo arqueolóxico do municipio” e o 9 “corrixirase erros da memoria”, sen máis, e por engadido despóis de tanto tempo transcurrido, máis abaixo nos cita “O que lle comunico para o seu coñecemento a efectos, indicándolle que o presente acordo non é susceptible de recurso, por tratarse dun acto de trámite, a expensas da aprobación definitiva do Plan Xeral que corresponderá a Dirección Xeral de Urbanismo”.

 

06/03/ 2008

A Asemblea do Suído, presenta alegacións contra os novos proxectos de canteiras da Serra do Suído e coto de Eira

 A Asemblea do Suído presentou sendas alegacións polos proxectos mineiros da Chan da Andoriña no Coto de Eira, en Mondariz e do Coto de Bidueiros e Portela das Travesas en Covelo e Fornelos de Montes, ante as Consellarías de Innovación e Industria e Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostíbel. Amais avisa da existencia de moitos máis proxectos na zona aos que xa presentou alegacións no seu día e que aínda están en vigor
Narcissus cyclamineus  
 

O Concello de Covelo otorgou no ano 2005 licenza para investigación mineira á canteira que agora critica

Daquela non só non presentou ningunha alegación (como si que o fixo a Asemblea do Suído) senón que outorgoulle unha licenza para facer prospeccións mineiras. (Copia da licenza premendo sobre estas palabras)
 

03/03/ 2008

Medio Ambiente autorizou a incineración de restos de coches no Oural

No mesmo lugar onde o TSXG prohibira queimar pneumáticos, a Consellería de Medio Ambiente autorizou á cementeira COSMOS S.A. a incinerar en probas durante 15 días 500 toneladas de resíduo lixeiro de fragmentadora de veículos fóra de uso (isto é tapicerías, plásticos etc.), amosando unha falta total de respecto polas decisións da xustiza. O tribunal fallara que que na cementeira de Oural non se poden incinerar rodas porque non se acadan as distancias de seguridade. A contaminación provocada pola queima destes resíduos é potencialmente maior que a xerada polos pneumáticos.
 

ADEGA participa nas II Xormadas do proxecto ‘’FOGARES VERDES'’

 
 ADEGA ven de participar nas II Xornadas de intercambio de experiencias de "FOGARES VERDES" que tiveron lugar os días 27 e 28 de febreiro en Madrid. O programa FOGARES VERDES fai parte dunha iniciativa en rede estatal para a promoción de aforro no fogar e de loita contra o cambio climático a nível doméstico. Este programa está a piques de botar a andar en Compostela grazas a un convenio asinado por ADEGA, o INEGA e a Concellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sustentábel de Santiago. Esta xuntanza foi unha boa unha oportunidade para coñecer e aprender de aqueles/as que levan xa máis de un ano traballando neste proxecto.
 

28/02/ 2008

A Asemblea do Suído denuncia varias agrasións ao Patrimonio nunha obra do Concello de Covelo

Filed under: Xestión Ambiental

 A entidade municipal destrúe unha cruz de pedra e extrae de xeito ilegal terra do Castro de Covelo, no transcurso das obras de acondicionamento e asfaltado da estrada do barrio de Carballeda. Os feitos xa foron denunciados ante a Consellaría de Cultura e Deporte e ante a Consellaría de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostíbel

Verdegaia demanda que Galicia sexa declarada zona libre de transxénicos

    Solicita aos Concellos que tamén declaren os seus territorios como zonas libres de transxénicos

 

 

Verdegaia demanda que Galicia sexa declarada pola Xunta e polo Parlamento como zona libre de transxénicos, seguindo o exemplo de Asturias e do País Basco e de máis de 170 rexións e países de toda Europa.  Con este xesto, as institucións galegas amosarían inequivocamente o  seu rexeitamento á introdución de transxénicos na agricultura e na alimentación, que está a acontecer sen suficientes garantías ambientais e sanitarias. Verdegaia tamén solicita aos Concellos que declaren os seus territorios zonas libres de transxénicos, como xa fixeron milleiros de municipios no resto de Europa.

 

26/02/ 2008

Verdegaia solicita aos concellos da comarca de Compostela que se declaren zonas libres de transxénicos

Filed under: Xestión Ambiental

En Val do Dubra, autorizouse en 2007 un campo experimental de millo transxénico
Verdegaia-Compostela enviou cartas a todos os alcaldes dos concellos da comarca de Santiago solicitándolles que promovan a declaración dos seus respectivos municipios como zonas libres de transxénicos, seguindo o exemplo de milleiros de concellos do resto de Europa. Con este xesto, amosarían inequivocamente o seu rexeitamento á introdución de transxénicos na agricultura e na alimentación, que está a acontecer sen suficientes garantías ambientais e sanitarias. Nun municipio da comarca, Val do Dubra, o Goberno central autorizou en 2007 un cultivo de ensaio de variedades de millo transxénico NK603 x MON810, tolerantes ao herbicida glifosato  e resistentes a pragas causadas por bolboretas.
 

21/02/ 2008

Os políticos están Enfadados, perdidos e sen rumbo V 2.0.0

Malo cando os políticos non saben defenderse doutro xeito que descalificando. Mítico (e dificilmente superabel) foi cando un Delegado do Goberno e despois conselleiro (Diz Guedes) chamou aqueles que se mobilizaban en contra de SOGAMA como cachorros de Jarrai. A máis graciosa é cando nos tildan de facer política, coma algo que nos descalificara; se facer política e malo, eles son peores que viven diso.

Neste blog, xa se comentou o de o Conselleiro de Medio Ambiente e de Paco Rodríguez a raiz da manifestación de Galiza non se Vende (Ver Os políticos están Enfadados, perdidos e sen rumbo), pero agora as descalificacións veñen por outro motivo.
(more…)

Galicia non se vende pide a dimisión do Conselleiro de Medio Ambiente

 
Manuel Vázquez, Conselleiro de Medio Ambiente da Xunta, en declaracións recollidas polos medios respecto á manifestación de GALIZA NON SE VENDE que tivo lugar o domingo en Compostela afirma que os manifestantes "non representaban á sociedade galega senón que defendían intereses particulares: Só ían polo que hai do meu".
Mais premendo aquí

Paralisada a concentración parcelaria en Vilatuxe (LIC O Candán)

ADEGA e a FEG denunciaron en novembro pasado que as obras da concentración parcelaria en Vilatuxe (Lalín) carecían dos permisos preceptivos, nomeadamente do estudo de impacto ambiental necesario por afectar ao LIC Serra do Candán, pertencente á Rede Natura. Agora Medio Rural, a instancias da D. X. de Calidade e Avaliación Ambiental ven de paralisar as obras até rematar co trámite ambiental. Qué tería pasado se ADEGA e a FEG non denunciaran os feitos?

                                                                        

ADEGA denuncia ante o SEPRONA unha concentración parcelaria en Vilatuxe (Lalín)

A Consellería de Medio Rural detrás dunha importante agresión á Rede Natura 2000

As obras da concentración parcelaria de Vilatuxe (Lalín) (ampliación da emitida onte 27 de novembro de 2007)

20/02/ 2008

Verdegaia denuncia a súa exclusión do Consello Municipal de Medio Ambiente de Santiago

Filed under: Xestión Ambiental

Acusa de sectarismo á concelleira Elvira Cienfuegos


A asociación ecoloxista Verdegaia denuncia a súa exclusión inxustificada do Consello Municipal de Medio Ambiente por parte da Concellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible, á fronte da cal está a concelleira Elvira Cienfuegos. O Concello non informou a Verdegaia do proceso de renovación dos membros deste Consello, que tivo lugar no último trimestre do ano pasado, polo que non tivo a oportunidade de participar na escolla dos tres representantes dos grupos ecoloxistas de Santiago que forman parte do Consello. Consideramos sectaria e antidemocrática a actitude de desprezo cara a Verdegaia amosada pola concelleira Elvira Cienfuegos.

 

12/02/ 2008

A “APDR” inicia a recollida pública de alegacións contra a concesión da “Autorización Ambiental Integrada” a ENCE.

A “Asociación Pola Defensa da Ría” de Pontevedra ven de iniciar a recollida pública de alegacións contra a concesión da Autorización Ambiental Integrada á fábrica de ENCE en Lourizán por entender que a presencia do complexo industrial ENCE-ELNOSA na nosa Ría impide o desenvolvemento sustentábel da nosa bisbarra (un desenvolvemento que ten que vir da man da explotación racional dos recursos marisqueiros, pesqueiros, forestais e turísticos) e afecta negativamente ao medio ambiente, aos recursos naturais e á saúde e calidade de vida das persoas. Entende tamén a APDR que a concesión da AAI a ENCE suporía a consolidación do complexo na súa actual ubicación, algo que é rexeitado na actualidade pola inmensa maioría da poboación da bisbarra pontevedresa.
 

Pesca rexeita a ampliación da piscifatoría de Seráns

 Plano Acuícola, primeira vitoria:

A Xunta está a respostar ás alegacións ao Plano Acuícola presentadas polas plataformas. Na maioría dos casos (Quilmas, Arou) Pesca mantense enrocada na defensa da acuicultura industrial, caia quen caia. Mais en Seráns, e malia a rexeitar os principais argumentos dos afectados, a consellería resolveu sorpresivamente reducir a superficie dos 115.000 até os 24.885 m2. Terían algo que ver as declaracións da empresa de rexeitar máis terreo? Como é posíbel que se escoiten as demandas da patronal e non as da cidadanía?. Sabemos que este "agasallo" non é máis que o "chocolate do loro", pero representa unha primeira vitoria xa que o Plano Acuícola non é intocábel. Nin Seráns, nin Corrubedo, Quilmas, Arou, Camelle, Merexo, Seiruga… FÓRA O PLANO ACUÍCOLA!

 

08/02/ 2008

A Xunta incumpre o seu compromiso de presentar un Plano de Redución das Emisións de Gases de Efecto Invernadoiro

Verdegaia propón un decálogo de medidas contra o cambio climático

A asociación ecoloxista Verdegaia denuncia que a Xunta continúa sen cumprir o seu compromiso de presentar un Plano de Redución das Emisións de Gases de Efecto Invernadoiro (GEI). O último prazo superado para a presentación deste Plano, anunciado en numerosas ocasións desde o comezo da lexislatura e sucesivamente adiado, foi o do 1 de xaneiro, fixado na Estratexia Española de Cambio Climático e Enerxía Limpa (EECC e EL). Verdegaia esixe que non se atrase máis a presentación do Plano e propón á Xunta 10 medidas relevantes para reducir as emisións de gases causantes do cambio climático.

07/02/ 2008

8-2-8: proxección de ‘’O salario do silencio'’

Verdegaia-Vigo organizará unha proxección do documental “O salario do silencio”

 

 

Posible traslado da planta de Ence-Elnosa a As Pontes

Verdegaia oponse rotundamente ao traslado da planta de Ence-Elnosa dende Pontevedra a As Pontes por tratarse dunha industria altamente contaminante que ademais xa foi condenada por delito ecolóxico. Considera ademais que este tipo de industrias xa non teñen cabida en Galicia dentro dunha política de desenvolvemento sostible, polo que a única vía posible é o seu peche definitivo.
 
 

04/02/ 2008

Alerta por ensaio de cultivos transxénicos en Galiza

ADEGA ven de saber que o Ministerio de Medio Ambiente, através da Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental pretende autorizar un  ENSAIO MASIVO con cultivos do millo transxénico en varias zonas do estado, incluindo Galiza. Trátase de avaliar o risco da liberación no ambiente dun híbrido derivado do cruce de dúas liñas de millo modificadas xeneticamente (NK603 x MON 810), pertencentes á empresa Monsanto Agricultura España, S.L. ADEGA demanda das consellerías de Medio Rural e Medio Ambiente que non autoricen ensaios con plantas transxénicas no ambiente e solicita do Parlamento que declare a Galiza, tal como aconteceu cos refugallos nucleares, territorio libre de cultivos transxénicos.  

 

13/12/ 2007

Camelle NON se vende, e Merexo mobilízase contra o Plano Acuícola

A veciñanza de Camelle e Arou non está disposta a quedar arrodeada por 318.000 m2 de piscinas de cemento e lonas negras. ADEGA expuxo os seus argumentos contra o Plano Acuícola no decurso dun multitudinario acto este día 12 en Camelle, e a conclusión foi unánime: CAMELLE NON SE VENDE! Tamén, este domingo 16-D a xente de Merexo (Muxía) convócanos a participar nunha CADEA HUMANA para escenificar o rexeitamento á ampliación da piscifatoría de Stolt até os 270.000 m2. Mobilízate en defensa do noso litoral!

12/12/ 2007

ADEGA solicita que a Declaración de Impacto Ambiental sexa negativa

Graves impactos na flora endémica e especies protexidas dos parques eólicos Muxía I e I

IADEGA ven de coñecer a resposta da empresa promotora ás alegacións contra os proxectos de parques eólicos Muxía I e Muxía II, que pretenden instalar 76 aeroxeneradores nas inmediacións do Cabo Touriñán. Os dous proxectos van supoñer unha brutal agresión un entorno litoral de especias valores naturais, que merecen ser protexidos e conservados.

10/12/ 2007

Verdegaia apoia a reducción do gasto enerxético no alumado navideño de Vigo

Verdegaia comparte a medida do Concello de Vigo de reducir o gasto enerxético no alumado de nadal que se vai acender este ano na cidade de Vigo

A asociación ecoloxista Verdegaia apoia a filosofía de reducción do gasto enerxético no alumado navideño do Concello de Vigo que pasará dun consumo de 160.474 Quilovatios a 63.781 Quilovatios e que diminuirá o gasto económico dos 20.000 ós 7.949 euros. Deste xeito, o consumo enerxético reducirase nun 60.3% e o gasto económico en perto de 12.000 euros, todo grazas ao retraso no acendido previsto para o día 12 e no apagado previsto para o día 6 de xaneiro, e na restricción do acendido diario que rematará ás 23:00 h. en días entre semán e ás 24:00 h. na fin de semán, ó contrario que o ano pasado no que o alumado permanecía acendido ate as 3:00 h.

05/12/ 2007

ADEGA esixe a Medio Ambiente que non autorice batidas de lobos

O mesmo día en que ADEGA presenta o folleto informativo da CAMPAÑA EN DEFENSA DO LOBO GALEGO, a consellería de Medio Ambiente pretende autorizar batidas no concello lugués de Muras. O Plano de Xestión do Lobo aínda sen aprobar, pretende manter a este cánido como especie cinexética, pregándose ao "lobby" da escopeta. ADEGA e destacados membros da comunidade científica reclaman que o lobo sexa especie protexida, ao igual que en Asturias, Portugal e sur do Douro. En todo caso, calquera actuación debería agardar á aprobación do Plano de Xestión da especie.

 

03/12/ 2007

Avante coa ZEPA da Limia!

 Grupos ecoloxistas, sindicatos agrarios e administración chegan a un principio de acordo para desenvolver a ZEPA (Zona de Especial Protección de Aves) da Limia. Para ADEGA a ZEPA da Limia era irrenunciábel, polo que só cumpría desvencellar a cuestión da loita política e desactivar as reticencias dalgúns sectores que vían esta figura de protección intrinsecamente negativa para os seus intereses. ADEGA sempre mantivo que non só é posíbel senon que tamén é necesario conxugar a protección das aves co aproveitamento sustentábel dos recursos da chaira limiá.

29/11/ 2007

Verdegaia organiza unha charla e unha exposición sobre Cambio Climático


Instituto de Ensinanza Secundaria A Guía, en Teis, acolle dende a semana pasada ata o próximo martes 4 de Decembro unha exposición sobre Cambio Climático promovida pola asociación ecoloxista Verdegaia e a confederación ecoloxista estatal Ecologistas en Acción.

28/11/ 2007

ADEGA denuncia ante o SEPRONA unha concentración parcelaria en Vilatuxe (Lalín)

Filed under: Xestión Ambiental

A Asociación pola Defensa Ecolóxica de Galiza (ADEGA) ven de denunciar ante o Seprona de Lalín o inicio dunha concentración parcelaria na parroquia de Vilatuxe (Concello de Lalín). Membros do Seprona confirmaron a ADEGA que o inicio das obras carece dos permisos preceptivos, como por exemplo un estudo de impacto ambiental necesario por afectar ao LIC (Lugar de Interese Comunitario) Serra do Candán, pertencente á Rede Natura. A empresa responsable da desfeita é “Francisco Gómez y Cia S.L.” de Touro, posiblemente subcontratada por SPI con enderezo en Santiago de Compostela, adxudicataria das obras.

As obras da concentración parcelaria de Vilatuxe (Lalín) (ampliación da emitida onte 27 de novembro de 2007)

A concentración parcelaria, está sometido a procedemento de Estudio de impacto Ambiental, que a día de hoxe está a exposición pública, polo que estas obras non teñen Declaración de Impacto Ambiental.