Argumentos conservacionistas

1- BENEFICIOS DOS RAPOSOS E OUTROS PREDADORES
 Os predadores pertencen a un todo que é a Natureza, costituindo pezas fundamentais para o seu equilibrio e bo funcionamento. Só por iso xa teñen razón e dereito de existir.
 Teñen un papel fundamental na agricultura e na saúde pública, pois controlan a densidade de ratos, insectos e outros animais, evitando que se volvan pragas. (Sempre que os raposos foron erradicados das áreas rurais, as poboacións de roedores aumentaron de xeito significativo).
 Os predadores aliméntanse de animais doentes e fracos, volvendo estas poboacións máis saudables. Na ausencia de predadores, a mixomatose e outras doenzas dos coellos avanzan rapidamente, provocando grandes mortalidades nas súas poboacións.

O seu exterminio ou disminución pode ter consecuencias negativas e imprevisibles para o ecosistema e para a caza.

2- ¿É CERTO QUE HAI SUPERPOBOACIÓN DE RAPOSOS EN GALICIA E EN ESPAÑA?
É posible, mais non existen estudios científicos que o proben.

A Administración debería encargarse de facer estudios serios sobre as poboacións desta especie, antes de autorizar a súa "regulación".

3- ¿POR QUE é posible que haxa SUPERPOBOACIÓN?
Antes de que o home trastocara o equilibrio natural, a poboación de raposos mantíñase baixo o límite que marcaban a abundancia dos seus recursos alimenticios e a densidade dos seus predadores.

Hoxe en día, as especies máis adaptables, capaces de comer de todo e vivir en calquera sitio –parecidas ó home na súa falta de especialización- experimentan en ocasións unha explosión demográfica semellante á humana. (Pombas, gaivotas, ratas,,,). Así, os raposos comen en basureiros de pobos e cidades e instálanse na periferia das grandes urbes e matadeiros.

Esta especie conta con moi poucos enemigos naturais (lobo, lince ou águia real). Estes superpredadores teñen moi mermadas as súas poboacións, a cal favorece ó raposo. Así, comprobouse que o raposo tende a aumentar cando desaparecen os lobos dunha zona.

4- ¿É CERTO QUE A ESCASEZA DE COELLOS, PERDIZ E LEBRE É DEBIDA Ó EXCESO DE POBOACIÓN DO RAPOSO?
A depredación por parte dos raposos non causa o declive de poboacións naturais de coellos, pero sí pode retrasar a súa recuperación cando estas diminuiron por outras causas:

 Degradacións do hábitat , que produce escaseza de abrigo e alimento.
 Doenzas e contaminación (pesticidas e outros)
 Sobreexplotación cinexética: caza en exceso, furtivismo, mala xestión da zona de caza…
 Presencia de especies exóticas que compiten cos coellos autóctonos, lebres e perdices.

Estudios científicos nos que se analizaron tubos dixestivos de raposos en Galicia, conclúen que a dieta do raposo está constituída só nun 10% por coello, nun 20% por restos de lixo e nun 50% por restos de granxas. (O 20% restante son froitas, aves, roedores e invertebrados).

En zonas onde hai moitos ratos, insectos e froitos, os raposos raramente capturan coellos.

A maior parte da súa dieta está relacionada coa activiade humana, polo que en principio un exceso de pobaoción non sería un perigo para as súas presas naturais (incluidas as cinexéticas). Esto é lóxico, xa que o raposo prefire consumir alimentos dispoñibles, de doado acceso, pouco traballo e baixo risco, posto que estamos a falar dun predador oportunista.

5- ¿COMO SE DEBERÍA LEVAR A CABO UNHA CAMPAÑA DE CONTROL DA SÚA POBOACIÓN?
Unha vez evidenciado o exceso de poboación con estudios científicos, e no caso de que isto supuxese un perigo para o ecosistema ou para as poboacións doutras especies, as medidas correctoras pasarían por:

• Conservar na medida do posible as poboacións de superpredadores naturais do raposo (lobo, águias..)

• No caso de que fose extrictamente intervención humán na corrección da superpoboación de raposos, esta corrección debería cumprir unha serie de requisitos:
1- Ser realizada por persoal cualificado (técnicos ou guardas do Servicio de Medio Ambiente).
2- Uso de métodos selectivos. As campañas de control de raposos nas que se usan métodos non selectivos poderían favorecer a longo plazo as súas poboacións, pois unha vez reducido o nº de carnívoros de distintas especies, os raposos teñen unha maior capacidade de recuperación e de colonización, o que lles permite ocupar os nichos que os outros carnívoros deixaron vacíos.

Sen embargo, hai que ter en conta que en moitas zonas de caza a corrección de densidades destes predadores foi inútil. Rápidamente viñeron outros raposos a ocupar a área libre.


6- ¿QUE CONSECUENCIAS PODE TER UN CONTROL DESCONTROLADO DA SÚA POBOACIÓN?
• En España, as campañas de cepeo, laceo e envenenamento ilegal están causando un perxuicio enorme a outros carnívoros e ás rapaces amenazadas. Os lazos para capturar raposos son quizais a primeira causa de mortalidade dos linces en Sierra Morena, e entre 1990 e 1993 atopáronse alomenos 33 águias imperiais envenadas só no centro de España. (A poboación mundial da especie apenas supera as 140 parellas).

• A autorización de batidas e campeonatos coa excusa de regular unha suposta superpoboación só pode traer perxuicios para o monte, xa que a presencia de centos de cazadores e cans de caza recorrendo centos de hectáreas nunha soa xornada resulta moi impactante para calquera especie de flora ou fauna.