Dende as asociación que represento desexa que se inclúan, os seguintes temas:
1.- Que se informe á Consello sobre os Presupostos para o 2007 da Consellería. Tendo en conta que unha das liñas fundamentais para garantir a protección do patrimonio natural galego é o deseño dunha política de xestión enfocada a ordenación dos espazos naturais protexidos e o conxunto da súa biodiversidade, en particular o daquelas especies máis fráxiles dado o estado das súas poboacións, queremos saber como o deseño dos presupostos neste eido van ser repartidos nos seguintes campos:
a) Rede Natura 2000. Unhas das cuestións pendentes na posta en marcha da Rede Natura 2000 en Galicia é saber se van contar para o ano 2007 cos plans de conservación necesarios para ser declarados coma Zonas de Especial Conservación da Rede Natura 2000. Esta é a única ferramenta válida para planificar e garantir o equilibrio entre o aproveitamento e conservación destas áreas ¿Canto se vai a destinar na execución e aprobación destes plans?
b) Parque Nacional das Illas Atlánticas. Nos últimos meses vimos comprobando a deficiencia en materia de conservación dos principais valores naturais que integran o devandito Parque ,asunto que ben queda evidenciado na desaparición dunha especie catalogada en Perigo Crítico de Extinción, feito moi grave para un Parque Nacional. Canto se ten pensado destinar para o seguinte exercicio en materia de plans de conservación e de recuperación das especies máis ameazadas dentro de Parques Nacionais e Naturais.
c) Biodiversidade. A demora do Catálogo de Especies Ameazadas de Galicia é tan importante que pronto será aprobada a nova Lei do Estado de Conservación da natureza, e que moi probablemente implicará cambios substanciais no que vai ser o novo concepto de catálogos de especies ameazadas do estado. Aínda existindo a posibilidade de que o Catálogo que se aprobe en Galicia pode quedar desfasado en moi pouco tempo, é importante coñecer o esforzo inversor co que vai contar esta fundamental ferramenta de xestión para o ano 2007. Explíquenos no caso de que por fin se aprobe o Catálogo con que carácter de urxencia se redactarán os plans de conservación para aquelas especies consideradas máis ameazadas, e canto se inverterá por cada unha desas especies para o exercicio do ano que ben.
d) Cambio climático: cánto é o orzamento previsto dende a Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible para a loita contra o cambio climático? Qué orzamento se prevé para o mesmo período para a construcción de autovías e vías de alta capacidade para o transporte por estrada? Qué porcentaxe supón respecto ao orzamento para a loita contra o cambio climático?
e) Plan de Xestión do Lobo. Cal vai ser o presuposto destinado para o inicio do desenvolvemento do Plan de Xestión do Lobo de Galicia pendente de aprobación. Dentro deste presuposto canto se vai inverter en programas de conservación e estudio e canto nos relacionados coa súa xestión cinexética.
2-. En que estado se atopa o Plan de Xestión do LOBO? Cal foi o resultado das mesas de negociación do Plan de Xestión do Lobo e que alegacións se teñen recibido para o Plan de Xestión do Lobo. Existen diferenzas significativas entre as conclusións entre os dous procesos.
3-. Denuncias de Infraccións Ambientais. Solicítase que se fagan públicos o número de denuncias realizadas polo Corpo de Axentes da Consellería de Medio Ambiente, cantos expedientes se teñen aberto a raíz dos mesmos e cantos se teñen resoltos. Observamos unha importante actividade de denuncias ambientais por parte do corpo da Seprona da Garda Civil fronte a escasa contribución neste sentido dos servizos a Consellería.
4-. Que se explique cal é a situación legal do tecor comercial de Montederramo e as medidas emprendidas pola Consellería de Medio Ambiente.
5-. Que se explique en que estado está a investigación e as dilixencias abertas polo caso da venta de trofeos de lobo en tecores de Ourense. Que se explique as medidas adoitadas e o acontecido. Coma é posible que transcorridos varios meses a empresa que oferta por internet este trofeo continúe ofertando o mesmo.
6.a-. Capturaron este anos os servicios técnicos da Xunta ou empresas contratadas algún lobo en Galicia para ser marcados e liberados de novo o seu medio?
6.b-. En caso afirmativo cantos lobos foron capturados e por medio de que procedemento?
7-. Como resolveu a Consellería de Medio Ambiente o caso dos tres lobos mortos e decapitados no Concello de Rodeiro. Que medidas se teñen emprendido.
8-. ¿Coñece a Xunta de Galicia cal é o estado da aguia real dentro do noso territorio? ¿Saben cantas parellas crían? ¿Saben cal foi o seu éxito reprodutor? ¿Canto se inverteu este ano no estudo do estado das súas poboacións? Aplícase o plano descrito no estudio de sinerxias sobre os parques eólicos no centro de Ourense sobre a Aguia real?
9-. A Consellería de Medio Ambiente informou en medios de comunicación galegos que Galicia en poucos anos pode contar con 4 ou 5 parellas estables de oso en Galicia. Qué tipo de fundamento científico técnico ten esta afirmación? En qué parámetros reproductivos, de calidade de hábitat, dinámica de poboacións se sustenta? Ten esta información os parabéns das CCAA veciñas de Asturias e Castela e León? ¿Que previsións manexa a Consellería de Medio Ambiente no tocante aos cinco próximos anos dalgunha poboacións reprodutora en Galicia?
10-. Coñece a Consellería de Medio Ambiente cal foi a situación reprodutora para o ano 2006 de especies tan emblemáticas como o arao, a gaivota tridáctila, e a pita do monte. Cantos polos naceron?. Igualmente cal é a situación para a píllara das dunas, o sisón, o pernileiro? E a situación nidificante do Mazarico?
11-. Coñece a Consellería a situación doutras especies con grados de conservación preocupante como Circus pygargus ou Circus cyaneus?
12-. Coñece a Consellería de Medio Ambiente algún caso de espolio de niños de falcón peregrino, e outras aves rapaces, dura nte o 2006? ¿Tense aberto algún expediente?¿Que medidas se van emprender para o ano 2007 para evitar posibles situacións de espolio ?
13-. Coñece a Consellería de Medio Ambiente algún caso de uso de velenos contra a fauna salvaxe en montes de Galicia, durante o 2006? ¿Tense aberto algún expediente? ¿Que medidas se van emprender para o ano 2007 para evitar posibles situacións de uso de velenos ? ¿Para cando Galicia vai contar cun Plan Antídoto de loita contra velenos e aplicar a Estratexia Nacional de Loita contra velenos?
14-. Que previsións manexa a Consellería de Medio Ambiente no tocante a crítica situación do arao dos cons os cinco próximos anos dalgunha poboacións reprodutora en Galicia.
15-. Existe algún TECOR da provincia de A Coruña que non teña renovado o seu Plan de Ordenación de Caza para a temporada 2006-2007 e que sen embargo estea a cazar?
16-. Galicia é unha das Comunidades Autónomas no que menor esforzo se fixo para a declaración de ZEPAS nos últimos anos. Ten pensado a Consellería de Medio Ambiente aumentar a superficie de ZEPAS en Galicia. ? ¿Con que previsións conta?
17-. A franxa litoral de Camariñas, Vimianzo e Laxe, no treito comprendido entre Camelle e Mordomo en Traba de Laxe destaca por ser o único treito da costa da Península Ibérica que, tendo unha orografía que permite un doado acceso, non conta con ningunha vía para vehículos a motor convencionais motivo polo que constitúe un espazo natural de incuestionable valor paisaxístico e cultural, ademais de estar incluído na Rede Natura 2000. Na actualidade esta ameazado por un proxecto de construción dunha pista feito que deterioraría a importancia deste lugar coma espazo único. Pídese que se dote a estes 3 km de costa dunha protección especial que impida calquera actuación de apertura de pista ou camiño para acceso a calquera vehículo rodado, e que se dote dun servizo de transporte gratuíto aos veciños de Mordomo e do entorno de Traba que poida estar a disposición as 24 horas do día para desprazamentos cara Camariñas e zona de Camelle, Arou, ou Santa Mariña.
18-. Conxuntamente con esta medida se protexa a paisaxe granítica de Pasarela en Vimianzo, próximo a este lugar.
19-. Que a Consellería de Medio Ambiente declare a Serra de Pena Trevinca libre de calquera instalación comercial para a práctica do esquí e de ocupación hoteleira asociada.
20-. Fixo algo a Consellería de Medio Ambiente por impedir talas de bosque autóctono de Quercus robur no entorno do Río Miño e Río Neira(Concello de O Corgo)dentro da Reserva da Biosfera?
21-. Qué balance fai a Consellería de Medio Ambiente das actuacións levadas a cabo na Lagoa de Cospeito dentro do LIC Parga, Ladra Támoga? Incrementouse a biodiversidade, diminuíu? Qué balance fai a Consellería de Medio Ambiente das Concentracións parcelarias neste LIC?
22-. Fixo algo a Consellería de Medio Ambiente no último ano para corrixir, limitar ou impedir danos irreversíbeis sobre hábitats prioritarios e de interese comunitario no LIC do Xistral co gaio da construcción de novos parques eólicos, liñas de alta e media tensión, vías de acceso, etc? Impediu algún cultivo con especies forestais de crecemento rápido neste LIC sobre hábitats de interese comunitario e prioritarios? Qué opinión lle merecen as canteiras e préstamos neste LIC?
23-. Cal e a situación actual do proxecto da mina de andalucita nas Fragas do Eume e que previsións existen por parte da Consellería de Medio Ambiente no tocante ao outorgamento de licenza?
24-. Existe algunha previsión de dano ambiental sobre o río Eume en relación a prevista captación de auga para o recheo do burato da mina das Pontes. Canto caudal se vai a captar e transvasar do Eume á lagoa artificial? ¿Como se vai a recircular a auga dende o lago novamente o río Eume? ¿Existe risco de contaminación coas augas procedentes do lago?¿Cal vai ser o mantemento das condicións da lagoa a curto, medio e longo prazo? ¿Cal vai a ser o esforzo inversor da Consellería na execución da acción, e cales son as previsións futuras de inversión para manter a lagoa en condicións óptimas de salubridade?
25-. Con relación ao cambio climático ¿Que medidas vai emprender a Xunta de Galicia para que as Centrais térmicas asentadas en Galicia cumpran estritamente co Protocolo de Kioto?
26-. ¿Cal é a porcentaxe de inversión da Xunta de Galicia en medidas ambientais e fomento do transporte público dentro do deseño do conxunto de medidas do plan de infraestruturas de Galicia para os próximos anos?¿Considerase esta porcentaxe suficiente para conseguir algunha redución significativa das emisións de CO2 derivadas do transporte?
27-. Se Informe sobre o acontecido no río Umia, despois do incendio da empresa de produtos químicos. ¿Cal é a situación dos ríos galegos na actualidade con relación a carga de vertidos que soporta? ¿Leva algún retraso a Directiva Marco da Auga en Galicia con relación ao calendario establecido pola propia Directiva europea?
28-. Se informe das repercusión da vaga de incendios deste Verán, sobre os espazos naturais galegos, os ríos galegos (o estado actual)
29-. Estado da Lei de Protección da Paisaxe, compromiso de trata-la nesta reunión e non figura na Orde do Día.
30-. Infórmese sobre a Lei da Protección do Litoral.
31-. Supón unha ameza ambiental para o territorio a posibilidade de que Galicia poida contar con 6000 Mw de potencia eólica instalada.
32-. Qué tipo de asesoramente ten a Consellería de Medio Ambiente para considerar a “limpeza” dos ríos como elemento fundamental para evitar riadas? Fixo a Consellería de Medio Ambiente algún tipo de estudio ao respecto? Fixo avaliación ambiental ou estudio de efectos ambientais sobre as súas propias actuacións (Augas de Galicia) en relación coa destrucción dos ríos nos Concellos de Cee, Dumbría, etc. debido ás riadas nestes concellos? Avaliou o impacto sobre flora catalogada “En perigo de Extinción” (no Libro Rojo correspondente) presente nestes ríos?
33-. Elaborou a Consellería de Medio Ambiente algún protocolo de actuación para outras administracións sobre a introducción de especies exóticas? Ten a Consellería algún tipo de estudio ao respecto? Algún plan de eliminación de especies exóticas?
34-. Coñece a Consellería de Medio Ambiente a incidencia das Centrais Eólicas espalladas polo territorio, particularmente as asentadas nos LICs, sobre a fauna, particularmente sobre as aves? Qué balance fai? Algunha previsión de futuro ao respecto?
35-. Ten a Consellería de Medio Ambiente algún tipo de estudio sobre a incidencia das vías de transporte (estradas, autoestradas, autovías, liñas de tren) sobre o aillamento de diferentes especies de fauna? Coñece o impacto sobre as poboacións de anfibios e réptiles das vías de transporte en canto a aillamento de poboacións e aillamento?
36-. Coñece o impacto destas infraestructuras sobre outros grupos de vertebrados? coñece o impacto destas infraestructuras sobre a poboación de Lobo en Galicia? Hai algún estudio sobre a mobilidade de esta última especie? Coñece a situación xenética na que se atopa o Lobo en Galicia en relación coa mobilidade de dita especie e o presunto aillamento das súas poboacións? Existen estudios ao respecto? Algún plan ao respecto?
37-. A Dirección Xeral de Costas está a urbanizar de xeito brando o litoral coa introducción de pasarelas, áreas de lecer, introducción de especies de prantas exóticas etc. houbo algunha directriz por parte da Consellería á Dirección Xeral de Costas respecto a introducción deste tipo de infraestructuras nos LICs litorais?
38-. Tras propoñer a Consellería de Medio Ambiente aos premios de mellor proxecto ambiental que a revista Actualidad Económica otorga o proxecto desenvolto no LIC Monte e Lagoa de Louro por parte da Fundación Global Nature, significa esto que esta actuación será tomada como modelo de actuación? Cántos cartos aportou a Consellería ? Qué medios técnicos puxo a Consellería a disposición da Fundación Global Nature? Visto o éxito, ten previsto a Consellería asinar algún proxecto de colaboración para darlle continuidade ao proxecto?
39-. Respecto ao cambio climático, ten a Consellería previsto algún tipo de auditoría interna sobre o consumo enerxético nas instalacións e vehículos da Consellería? Ten previsto algún tipo de plan ao respecto? Algunha medida exemplarizante?
40-. Residuos: aínda que en entrevistas coa consellería houbo o compromiso de facilitar a participación cidadá na ELABORACIÓN do novo Plan de Xestión de Residuos Urbanos, a día de hoxe non sabemos en que estado se topa devandito plan.
41-. En relación ao novo Plan de Xestión de RSU, a FEG presentou no mes de XUÑO unha pregunta que a consellería aínda non respostou: tivemos noticia de que no Boletín Oficial da Provincia de Barcelona, do día 17 de xuño de 2006 figuraba a adxudicación, por parte da “Agència d’Ecologia Urbana de Barcelona”, do “contracte de consultoria i assistència per a l’elaboració del Pla Sectorial d’Infraestructures de Tractament de Residus Urbans de Galícia”. Contrato por un importe de 168.519 €, pagados con cargo ao orzamento de devandita Axencia catalana. ¿É posíbel que a planificación da xestión do lixo galego sexa pagada por unha institución catalana? A nós parécenos imposíbel, mas aínda non recibimos resposta
42-. Na resolución do concurso que citamos no parágrafo anterior, a empresa gañadora foi Recuperación de Energía, S.A., (NIF núm. A-58272253). Agradeceríamo que a Axencia de Ecoloxía Urbana de Barcelona, ou no seu defecto a Consellería de Medio Ambiente, nos explicasen os méritos desta empresa que a fixeron merecedora do contrato, e tamén que se aclarase a liña de traballo e experiencia de devandita empresa no tema dos residuos, e o modelo de xestión que esta empresa fomenta ou que fomentou noutros lugares.